Sada - Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo suministro de auga
Art. 3.º .-Tarifa
130 euros para construcción , e posterior uso, de vivenda unifamiliar
150 euros más 30 euros por vivenda para construcción de vivenda colectiva ou plurifamiliar
60 euros para vivenda en edificación colectiva.
120 euros para locais comerciais
150 euros para edificacións industriais
100 euros no suposto de solicitudes no contempladas nos apartados anteriores
Non obstante, quedarán exentos do pago desta cuota aqueles solicitantes que participasen no financiamento de redes de novo establecemento de interés xeral no incluídos nos proxectos de obra relativos a licenzas de edificación, proxectos de urbanización ou demais supostos nos que o suxeito pasivo estea obrigado á conexión, reforzamento ou ampliación dos servizos en virtude do cumprimento dos seus deberes urbanísticos, sempre que a cuantía da antedita financiación sexa igual ou superior á cota tributaria derivada da aplicación da presente tarifa.
Será obrigatoria a tramitación conxunta das solicitudes de acometidas ós servizos de abastecemento e saneamento no suposto de existencia de ámbalas dúas redes xerais.
Disposición Final
A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 16 de novembro de 2007, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir desa data, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.