Santa Comba - Ordenanza reguladora do rexistro de asociacións do concello de Santa Comba

Publicación provisional: 30/10/2006 BOP Nº: 249
Publicación definitiva: 13/02/2007 BOP Nº: 36
Aplicable dende: 03/03/2007

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O fenómeno do asociacionismo, de gran importancia no ámbito local, vese reforzado en virtude da Lei 57/2003, de 16 de Decembro, de Medidas para a Modernización do goberno local, mediante unha profundización na regulación da participación dos veciños nos asuntos municipais.

Dita participación, require dunhas vías normativas específicas, e un paso adiante para a mesma, o constitúe a creación dun Regulamento regulador do rexistro municipal de asociacións.

 

Artigo 1.-

Constitúese o Rexistro de Asociacións do Concello de Santa Comba cos seguintes obxectivos:

a) Establecer e definir un marco común de relación entre as asociacións existentes no termo municipal e o Concello

b) Articula-la actuación subsidiaria en materias obxecto de interese común.

c) Plasmar unha canle de colaboración entre o Concello e as referidas asociacións.

d) Regulamentar o réxime de outorgamento de subvencións municipais a prol das asociacións, así como os requisitos ou obrigas mínimas para acceder ás mesmas.

Artigo 2.-

1. Poderán solicitar e obte-la inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións todas aquelas entidades legalmente constituídas, de funcionamento democrático e sen ánimo de lucro, con domicilio social no municipio de Santa comba e que desenvolvan as súas actividades neste ámbito territorial, que consistirán fundamentalmente na defensa, fomento e mellora dos intereses xerais ou sectoriais dos cidadáns.

2. A solicitude de inscrición presentarase nas oficinas do Concello.

3. No prazo de quince días desde a solicitude de inscrición debidamente presentada, o Concello notificará á Asociación o número de inscrición e a partir dese momento, considerarase dada de alta a tódolos efectos.

Artigo 3.-

1. Os dereitos recoñecidos ás asociacións para a defensa dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños só serán exercitables por aquelas que se atopen inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.

2. As asociacións inscritas están obrigadas a notificar ó Rexistro toda modificación dos datos inscritos dentro dos tres meses seguintes ó que se produza. O orzamento e o programa anual de actividades comunicaranse no mes de xaneiro de cada ano.

O incumprimento desta obriga dará lugar a que o Concello poida dar de baixa á Asociación no Rexistro.

Artigo 4.-

1.- Poderán obter do Concello de Santa Comba a condición de "Asociación Municipal", aquelas entidades que cumpran cos seguintes requisitos:

a) Revestir a natureza de persoa xurídica asociativa.

b) Estar inscrita neste concepto no Libro do Rexistro de Asociacións do Concello de Santa Comba, cumprindo tódolos trámites requiridos para a súa inscrición.

c) Ter o seu domicilio social ubicado no termo municipal.

d) Ter como obxecto social calquera das seguintes actividades: social, cultural, deportiva, ecolóxica o lúdica.

2.- O Rexistro municipal de asociacións adscríbese á Secretaría Xeral do Concello de Santa Comba, podendo delegarse a súa adscrición e xestión administrativa a calquera outra unidade administrativa deste Concello e os seus datos serán públicos.

Artigo 5.-

Non poderán, en ningún caso, obter a condición de "Asociación Municipal" aquelas entidades que teñan finalidades susceptibles de lesiona-los dereitos e liberdades constitucionais, que sexan constitutivas de infracción penal, ou que, en xeral, sexan contrarias o ordenamento xurídico vixente.

Artigo 6.-

Para a obtención da condición de "Asociación Municipal" estarase o seguinte procedemento:

1. O presidente da entidade deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello a seguinte documentación:

a) Instancia dirixida ó Sr. alcalde na que solicite, en nome da entidade, a inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións.

b) Certificación do órgano competente da entidade no que se acorde solicitar do Concello a referida inscrición.

c) Copia dos seus estatutos, da acta de constitución, localización da sede social e relación dos membros que compoñen a directiva.

d) Memoria das actividades realizadas pola entidade nos últimos anos.

e) CIF

f) Orzamento vixente da entidade.

g) Número de inscrición no Rexistro xeral de asociacións e demais rexistros públicos.

2. No suposto de que a documentación sexa incompleta ou non reúna as condicións esixidas no apartado anterior, a alcaldía requirirá á entidade para que proceda a súa subsanación, con advertencia de que de non proceder en tal sentido no prazo de 30 días, a petición terase, previa resolución da alcaldía, por desistida, e en consecuencia, arquivada.

3. Previa calificación da documentación validamente aportada, a alcaldía disporá, mediante resolución, a inscrición da entidade, no Rexistro Municipal de Asociacións.

Esta resolución poderá ser recorrida potestativamente en reposición ante a propia alcaldía, de acordo co disposto na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e en todo caso poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición competente nos termos e prazos a tal efecto establecidos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 7.-

1. As Asociacións inscritas que desexen obter axudas económicas do Concello de Santa Comba deberán presenta-la seguinte documentación:

a) Instancia firmada polo presidente da entidade dirixida ó Sr. alcalde na que solicite, en nome da entidade, o outorgamento da axuda de que se trate.

b) Orzamento aproximado das actuacións que deban ser subvencionadas.

c) No seu caso, nº de conta corrente, a nome da asociación.

d) Declaración xurada do presidente da entidade na que exprese o seu compromiso de aplica-lo importe da axuda ás actuacións subvencionadas.

e) Calquera outro que puidese estar recollido na Ordenanza xeral de subvenciones do Concello de Santa Comba.

2. A alcaldía (ou a Xunta de Goberno Local por delegación), previa valoración da documentación expresada no apartado anterior, e existiendo consignación presupostaria suficiente, disporá mediante a correspondente Resolución o outorgamento da correspondente axuda, conforme ao disposto na ordenanza xeral de subvencións do Concello de Santa Comba. 3. A axuda referida no apartado anterior aboarase na conta corrente de titularidade da entidade, previa xustificación válida de tódolos gastos realizados, e de acordo co disposto na ordenanza xeral de subvencións do Concello de Santa Comba.

Artigo 8.-

1. As Entidades rexistradas poderán colaborar ou organizar conxuntamente co Concello de Santa Comba, actividades de interese común.

2. Ós efectos de solicitar axudas económicas ó Concello, estarase ó disposto no artigo anterior, e na Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Santa Comba.

3. Para a realización de actividades conxuntas co Concello, as Entidades colaboradoras designarán unha persoa membro da mesma, en calidade de delegado e responsable.

4. Na realización de actividades conxuntas, o Concello de Santa Comba, en todo caso, obstentará a potestade de dirección superior.

5.- Sen prexuízo do dereito xeral de acceso á información municipal recoñecido ós veciños, as entidades ás que se refiren os artigos anteriores gozarán dos seguintes dereitos.

a) Recibir no seu enderezo social as convocatorias dos órganos colexiados municipais que celebren sesións públicas ou daquelas en que deba de estar pendente o movemento cidadán.

b) Recibi-las publicacións periódicas, no seu caso, que edite o Concello.

Artigo 9.-

1.- As Entidades rexistradas poderán solicitar e, no seu caso, obter do Concello a cesión gratuita do uso de terreos e/ou locais municipais, para a realización das súas actuacións, nos términos impostos no acordo resolutorio. No caso de denegarse a solicitude, a desestimación haberá de ser motivada.

2.- O uso dos medios públicos municipais deberá ser solicitado ó Concello por escrito coa antelación que establezan os servicios correspondentes.

Artigo 10.-

O incumprimento por parte da Asociación dos requisitos previstos neste Regulamento, poderá determinar, previo trámite de audiencia e mediante resolución da alcaldía, a perda da condición de "Asociación municipal" e a obriga de reintegra-las axudas outorgadas polo Concello no exercicio corrente.

Disposición adicional.

En todo o non previsto por este regulamento, estarase ó disposto nas seguintes normas: Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia; texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real decreto lexislativo 781/86, do 18 de abril; Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, do 28 de novembro de 1986; Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común; Lei reguladora do dereito de petición; Lei 92/1960, do 22 de decembro, e Lei reguladora das distintas modalidades de referendo; Lei 2/1980, do 18 de xaneiro.

O procedemento de revisión ou modificación axustarase ó establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Disposición final.

O presente regulamento, que consta de dez artigos, unha disposición adicional e unha final, entrará en vigor unha vez aprobado definitivamente polo Concello, logo de que se publique enteiramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia, transcorrido o prazo a que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, tramitarase de acordo co procedemento establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e manterá a súa vixencia ata que se aprobe a súa modificación ou derrogación."