Santa Comba - Ordenanza reguladora do rexistro de asociacións do concello de Santa Comba

Publicación provisional: 30/10/2006 BOP Nº: 249
Publicación definitiva: 13/02/2007 BOP Nº: 36
Aplicable dende: 27/04/2022

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.

O fenómeno do asociacionismo, de gran importancia no ámbito local, vese reforzado en virtude da Lei 57/2003, de 16 de Decembro, de Medidas para a Modernización do goberno local, mediante unha profundización na regulación da participación dos veciños nos asuntos municipais.

Dita participación, require dunhas vías normativas específicas. Un paso adiante para a mesma, o constitúe a creación dun Regulamento regulador do rexistro municipal de asociacións.

Neste senso o Concello de Santa Comab aprobou o seu Regulamento regulador do Rexistro de Asociaciòns no exercizo 2007 que agora se pretende actualizar.

Asemade o dereito fundamental de asociación, recoñecido no artigo 22 da Constitución, constitùe un dereito que plasma unha forma de participación da veciñanza nos planos sociolóxico e político, respecto do que os poderes públicos non poden permanecer ao marxen e deben fomentar e actualizar, artellando mecanismos de participación màis àxiles, e introducindo especialmente unha maior felxibilidade nas comunicaciòns con ditas asociaciòns muncipais.

Por todo elo resulta esencial que as inscripciòns no Rexistro Municipal de Asociaciòns se actualicen, facilitando aos nosas veciñas e veciños o seu acceso de xeito telemático co fin de reducir tamèn os tràmites burocráticos para eles.

Deste xeito ao introducir os medios telemáticos tanto na comunicación como na dixitalizaciòn da información, conseguirase unha maior axilidade nos procesos de solicitudes e xustificaciòns de axudas e subvenciòns às que poidan acceder as asociaciòns rexistradas no mesmo.

Artigo 1.- Constitúese o Rexistro de Asociacións do Concello de Santa Comba cos seguintes obxectivos:

a) Establecer e definir un marco común de relación entre as asociacións existentes no termo municipal e o Concello, fomentando a relación telemática entre tòdalas partes.

b) Artella-la actuación subsidiaria en materias obxecto de interese común.

c) Plasmar unha canle de colaboración entre o Concello e as referidas asociacións.

d) Regulamentar o réxime de outorgamento de subvencións municipais a prol das asociacións, así como os requisitos ou obrigas mínimas para acceder ás mesmas, no marco da Ordenanza xeral de Subvenciòns do Concello.

e) Elaborar un procedemento de inscripción telemático a través do programa TEDeC.

Artigo 2.-

1. A inscripción no Rexistro Municipal poderà realizase a solicitude dos interesados.

Poderán solicitar e obte-la inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións todas aquelas entidades legalmente constituídas, de funcionamento democrático e sen ánimo de lucro, con domicilio social no municipio de Santa comba e que desenvolvan as súas actividades neste ámbito territorial, que consistirán fundamentalmente na defensa, fomento e mellora dos intereses xerais ou sectoriais dos cidadáns.

2. A solicitude de inscrición presentarase telemáticamente, ou nas oficinas do Concello, dando tràmite en soporte informàtico a mesma.

3. No prazo de quince días desde a solicitude de inscrición debidamente presentada, o Concello notificará á Asociación o número de inscrición e a partir dese momento, considerarase dada de alta a tódolos efectos.

Artigo 3.-

1. Os dereitos recoñecidos ás asociacións para a defensa dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños só serán exercitables por aquelas que se atopen inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.

2. As asociacións inscritas están obrigadas a notificar ao Concello para o seu rexistro toda modificación dos datos inscritos dentro dos tres meses seguintes ó que se produza.

O orzamento e o programa anual de actividades comunicaranse ao Concello no último trimestre do ano a efectos de poder telo en conta na elaboración dos orzamentos da entidade. Para elo disporase dun modelo especìfico que poderà obterse na pàxina web do Concello.

Artigo 4.-

1.- Poderán obter do Concello de Santa Comba a condición de ¿Asociación Municipal", aquelas entidades que cumpran cos seguintes requisitos:

a) Revestir a natureza de persoa xurídica asociativa.

b) Estar inscrita neste concepto no Rexistro de Asociacións do Concello de Santa Comba, cumprindo tódolos trámites requiridos para a súa inscrición.

c) Ter o seu domicilio social ubicado no termo municipal.

d) Ter como obxecto social calquera das seguintes actividades: social, educativa, cultural, deportiva, ecolóxica ou lúdica asì como aquelas actividades de interese público para o Concello.

2.- O Rexistro municipal de asociacións adscríbese á Secretaría Xeral do Concello de Santa Comba, podendo delegarse a súa adscrición e xestión administrativa a calquera outra unidade administrativa deste Concello e os seus datos serán públicos.

Artigo 5.-

Non poderán, en ningún caso, obter a condición de ¿Asociación Municipal" aquelas entidades que teñan finalidades susceptibles de lesiona-los dereitos e liberdades constitucionais, que sexan constitutivas de infracción penal, ou que, en xeral, sexan contrarias o ordenamento xurídico vixente.

Artigo 6.-

Para a obtención da condición de ¿Asociación Municipal" estarase o seguinte procedemento:

1. O presidente da entidade deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello a seguinte documentación:

a) Instancia dirixida a Alcaldìa na que solicite, en nome da entidade, a inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións. Estarà a disposición das entidades modelo oficial de instancia.

b) Copia dos seus estatutos, da acta de constitución, con indicación da localización da sede social e relación dos membros que compoñen a directiva ou órganos equivalentes.

Non será preciso si està en poder do Concello e non consta modificación dos mesmos.

c) Fotocopia do CIF da entidade no seu caso. Non será precisa si consta dito documento no Concello.

d) No seu caso deberá achegar o Número de inscrición noutros Rexistros onde obtivera dita inscripciòn.

2. No suposto de que a documentación sexa incompleta ou non reúna as condicións esixidas no apartado anterior, a alcaldía requirirá á entidade para que proceda a súa subsanación, con advertencia de que de non proceder en tal sentido no prazo de 30 días, a petición terase, previa resolución da alcaldía, por desistida. Sen prexuizo dos recursos que procedan.

3. Previa calificación da documentación validamente aportada, a Alcaldía disporá, mediante resolución, a inscrición da entidade, no Rexistro Municipal de Asociacións.

Esta resolución poderá ser recurrida segundo as previsiòns da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administraciòns Públicas, asì como no eido contencioso administrativo.

Artigo 7.-

1. As Asociacións inscritas que desexen obter axudas económicas do Concello de Santa Comba deberán presenta-la seguinte documentación:

a) Instancia firmada polo presidente da entidade dirixida ó Sr. alcalde na que solicite, en nome da entidade, o outorgamento da axuda de que se trate.

b) Orzamento aproximado das actuacións que deban ser subvencionadas.

c) No seu caso, nº de conta corrente, a nome da asociación.

d) Declaración xurada do presidente da entidade na que exprese o seu compromiso de aplica-lo importe da axuda ás actuacións subvencionadas.

e) Calquera outro que puidese estar recollido na Ordenanza xeral de subvenciones do Concello de Santa Comba.

2. Coa finalidade de evitar duplicidades na documentación presentada polas entidades beneficiarias, o Concello en ningún caso solicitarà aqueles documentos, autorizaciòns ou certificados vixentes e que non foran modificados pola entidade asociativa, que consten no Concello a través do proceso de Rexistro de Asociaciòns.

A alcaldía previa valoración da documentación expresada no apartado anterior, e existindo consignación Orzamentaria suficiente, disporá mediante a correspondente Resolución o outorgamento da correspondente axuda, conforme ao disposto na ordenanza xeral de subvencións do Concello de Santa Comba, e previa tramitación do oportuno expediente.

3. A axuda referida no apartado anterior aboarase na conta corrente de titularidade da entidade, previa xustificación válida de tódolos gastos realizados, e de acordo co disposto na ordenanza xeral de subvencións do Concello de Santa Comba.

O Concello obrìgase a manter actualizada a relación de terceiros cos números de conta bancaria correspondentes segundo a información remitida polas entidades rexistradas.

Artigo 8.-

1. As Entidades rexistradas poderán colaborar ou organizar conxuntamente co Concello de Santa Comba, actividades de interese común. O Concello darà prioridade a aquelas entidades que presenten programas colaborativos co Concello desenvolvendo conxuntamente actividades ao longo do ano no ámbito propio da entidade asociativa.

2. Ós efectos de solicitar axudas económicas ó Concello, estarase ó disposto no artigo anterior, e na Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Santa Comba.

3. Para a realización de actividades conxuntas co Concello, as Entidades colaboradoras designarán unha persoa membro da mesma, en calidade de delegado e responsable.

4. Na realización de actividades conxuntas, o Concello de Santa Comba, en todo caso, obstentará a potestade de dirección superior e coordinación das mesmas.

5.- Sen prexuízo do dereito xeral de acceso á información municipal recoñecido ós veciños, as entidades ás que se refiren os artigos anteriores gozarán dos seguintes dereitos.

a) Recibir no seu enderezo social as convocatorias dos órganos colexiados municipais que celebren sesións públicas ou daquelas en que deba de estar pendente o movemento cidadán naqueles asuntos que lles afecten directamente.

b) Recibi-las publicacións periódicas, no seu caso, que edite o Concello.

c) Propoñer e organizar actividades dentro do seu ámbito asociativo para o que o Concello compromètese a diseñar e constituir un Òrgano de Participación Cidadà aos efectos de institucionalizar as relaciòns co diferente tecido social, de defensa medioambiental, cultural, deportivo e doutra natureza existentes no Concello.

Artigo 9.-

1.- As Entidades rexistradas poderán solicitar e, no seu caso, obter do Concello a cesión gratuita do uso de terreos e/ou locais municipais, para a realización das súas actuacións, nos termos impostos no acordo resolutorio. No caso de denegarse a solicitude, a desestimación haberá de ser motivada.

2.- O uso dos medios públicos municipais deberá ser solicitado ao Concello por escrito coa antelación que establezan os servicios correspondentes.

Artigo 10.-

O incumprimento por parte da Asociación dos requisitos previstos neste Regulamento, poderá determinar, previo trámite de audiencia e mediante resolución da alcaldía, a perda da condición de ¿Asociación municipal" e a obriga de reintegra-las axudas utorgadas polo Concello no exercicio corrente.

Disposicións

Disposición adicional.

En todo o non previsto por este regulamento, estarase ó disposto nas seguintes normas: Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.

 Disposición Transitoria.

Con carácter excepcional e aos efectos de axilizar en todo o posible o rexistro das asociaciòns e entidades coas que o Concello colabora tòdolos anos, tramitarà de oficio segundo a documentación existente a dìa de hoxe xa no Concello aqueles rexistros que sexan solicitados por ditas entidades asociativas. Esta disposición de carácter transitorio aplicarase so durante o exercizo 2022 aos efectos de evitar duplicidades e fomentar a axilidade dos procedementos de inscripciòn. A partir do exercizo seguinte deberá aplicarse o rèximen xeral contido neste regulamento.

 Disposición final.

O presente regulamento entrará en vigor unha vez aprobado definitivamente polo Concello, logo de que se publique enteiramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

O regulamento entrará en vigor unha vez aprobado definitivamente polo Concello, logo de que se publique enteiramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."