Índice
Irixoa - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA PARA O FOMENTO DA NATALIDADE
Publicación provisional:
15/10/2007
BOP Nº:
238
Publicación definitiva:
11/12/2007
BOP Nº:
284
Aplicable dende:
11/12/2007
Motivos e Fundamentos da Ordenanza.
A familia está amparada pola Constitución Española que, no seu artigo 39, establece a protección social, económica e xurídica da mesma.
Asimesmo os artigos 25 a 28 da Lei 7/1985, de 2 de Abril, reguladora das Bases do Réxime Local, outorgan ao municipio competencia para promover a prestación de servizos sociais, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, podendo realizar actividades complementarias das propias doutras Administracións públicas e, en particular, as relativas á educación, a cultura, a promoción da muller, a vivenda, a sanidade e a protección do medio ambiente.
O descenso do índice de natalidade é un feito xeneralizado nos países desenvolvidos sendo, especialmente, significativo o exemplo español. No noso país, desde mediados dos 70, o devandito índice experimentou unha notable tendencia á baixa, representando, na actualidade, unha das taxas máis baixas de Europa.
A comunidade autónoma de Galicia, e particularmente o municipio de Irixoa, non son alleos a este problema, atopándonos cunha taxa de natalidade moi inferior á media nacional.
A incorporación da muller ao mundo laboral, fenómeno que, aínda sendo positivo, require un esforzo de readaptación familiar, o atraso na idade de emancipación dos nosos mozos e a evolución dos patróns que rexen os hábitos sociais e culturais, son algunhas das causas que inflúen na diminución da natalidade, que é, sen dúbida, un dos principais problemas aos que debe de facer fronte a nosa sociedade nos vindieros anos.
O Concello de Irixoa consciente deste problema e da necesidade de buscar solucións, xa que, en definitiva, son as persoas o principal valor dunha comunidade, decidiu establecer esta medida de fomento encamiñada a reactivar a natalidade e a conciliar a vida familiar da nai coa laboral. Esta medida de apoio atopa o seu fundamento na lóxica necesidade de que, sendo a natalidade un beneficio para todos, é lexitimo que entre todos axudemos ás familias a soportar as indubidables cargas que se ocasionan desde o nacemento ou a adopción dun fillo.
Trátase así de remover os obstáculos que entorpecen a propia vontade das parellas de elixir a dimensión da súa familia, de conseguir que a decisión de ter ou adoptar un fillo dependa unicamente das convinciónes ou desexos persoais, non de causas alleas ás mesmas. Deste xeito, as axudas previstas tratan de favorecer a decisión, en última instancia sempre persoal, de ter ou adoptar un fillo, paliando os desembolsos económicos que supón a incorporación dun novo membro á unidade familiar e reducindo incompatibilidades entre o desenvolvemento da vida familiar e laboral da nai, axudando, tanto a quen opte por coidar persoalmente aos seus fillos, como a quen prefira deixalos ao coidado de centros especializados.
Para esta finalidade o Concello de Irixoa ten previsto destinar un fondo orzamentario para a atención destas necesidades, que corresponde cunha decisiva aposta polo futuro do noso municipio.
Artigo 1º. Obxecto e importe
É obxecto da presente Ordenanza regular as condicións e réxime xurídico para a concesión de subvencións para o fomento da natalidade polo Concello de Irixoa, co obxecto de aumentar a poboación municipal e o seu rexuvenecemento.
Concederase unha axuda económica de mil cincocentos euros (1.500,00 €) ás familias do municipio de Irixoa nas que se produza un nacemento, adopción ou acollemento preadoptivo a partir do 16 de xuño do 2007. O destino das axudas serán os diversos gastos de atención directa ao novo membro familiar, de conformidade cos principios de boa administración, boa fe e presunción de legalidade.
Artigo 2º. Requisitos
Serán requisitos indispensables para a obtención da axuda:
2.1. Que os pais biolóxicos, adoptivos ou acolledores preadoptivos teñan a súa residencia habitual fixada no termo municipal de Irixoa, no que deben estar empadroados os dous pais, con doce meses de antelación ininterrompidos, como mínimo, ao feito que motiva a petición da axuda. A residencia como 2ª vivenda, aínda que sexa acompañada de empadronamento, dará lugar á denegación da axuda; o concello poderá empregar calquera tipo de medida probatoria para asegurar a residencia habitual dos solicitantes.
2.2. Non obstante, nos casos singulares aportaranse os seguintes documentos:
A) se os pais se atopan separados, o que deberán acreditar con copia da sentenza de separación, non será necesario para a concesión da axuda que se atopen empadroados os dous pais en Irixoa. A axuda concederáselle igualmente conque tan só un deles se atope empadroado cun ano de antelación ininterrompido ao feito que motiva a petición da axuda.
B) no caso de pais separados de feito, pero que aínda non dispoñan da correspondente sentenza de separación, o alcalde poderá requirir ao solicitante que achegue a documentación xustificativa da dita situación.
C) no caso de nais ou pais solteiras deberá xustificarse o estado civil.
D) no caso de nais ou pais divorciados terá que aportarse copia da sentenza xudicial.
E) no caso de que un dos pais se atope traballando no estranxeiro e non figure empadroado neste municipio, deberá acreditalo con copia do correspondente contrato de traballo.
Nos casos previstos no presente apartado emitirase de oficio un previo informe de servizos sociais do concello e tamén calquera outra información complementaria oportuna.
2.3. Que a solicitude se formule dentro do mes natural do acontecemento que a motiva, ou nos dous meses naturais seguintes; no caso de que tal acontecemento se producise con anterioridade á publicación da presente ordenanza o prazo de 2 meses contarase a partir desta data de publicación no BOP.
Artigo 3. Importe e entregas
A axuda económica farase efectiva do seguinte xeito:
- entrega inicial de 800 euros por cada neno/a nacido/a, adoptado/a ou en acollemento preadoptivo que pase a engrosar o número de membros da familia.
- entrega final doutros 700 euros cando se xustifique a residencia familiar nun domicilio do termo municipal de Irixoa durante o prazo de 1 ano, desde a data do acontecemento.
As axudas quedan condicionadas ao mantemento da residencia no termo de Irixoa durante o prazo mínimo de 3 anos, contado desde a data do acontecemento. O incumprimento deste requisito dará lugar á inmediata revogación total do importe concedido, co reintegro que corresponda.
Artigo 4. Solicitantes
A solicitude deberá ser asinada polos dous pais, agás nos casos especiais citado no apartado 2 do artigo 2 desta ordenanza.
Artigo 5. Documentación
5.1 Formularanse as peticións no modelo oficial subministrado nas propias oficinas municipais, ao que se achegarán os seguintes documentos:
a) Fotocopia compulsada do DNI, ou documento que o substitúa, dos solicitantes.
b) No caso de nacemento, certificado literal da inscrición no Rexistro Civil, ou fotocopia compulsada do libro de familia onde conste o novo nacemento.
c) No caso de adopción, fotocopia compulsada do auto xudicial de adopción, ou copia compulsada, cando corresponda, da resolución administrativa de acollemento preadoptivo.
d) Copia compulsada da sentenza de separación ou divorcio, cando corresponda.
f) Impreso debidamente cuberto co número de conta bancaria (código conta cliente) designada para percibir, de ser concedida, a dita axuda. O dito impreso será facilitado nas oficinas municipais de servizos sociais xunto coa solicitude.
5.2 . A solicitude e documentación necesaria presentarase no rexistro municipal, sen prexuízo do que dispón o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
5.3 Ao expediente de solicitude incorporaranse os documentos municipais que acrediten a residencia efectiva no termo municipal, así como a inexistencia de débedas coa facenda local, incluso con informes do servizo de recadación da Deputación Provincial.
Artigo 6. Resolución
Corresponde á Xunta de Goberno do Concello a resolución do expediente, que será resolto expresamente no prazo máximo de seis meses. Transcorrido o dito prazo sen recaer resolución entenderase desestimada a solicitude.
Artigo 7. Compatibilidade subvencións
As subvencións reguladas na presente ordenanza son compatibles con calquera outra establecida polas administracións públicas ou calquera dos seus organismos.
Artigo 8. Recursos
As resolucións recaídas nos procedementos esgotan a vía administrativa, e contra elas pódese interpor un recurso contencioso-administrativo ante o órgano correspondente da xurisdición contencioso-administrativa, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; a vía xudicial é sen prexuízo da interposición do recurso potestativo de reposición regulado nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro.
Artigo 9. Incumprimento, reintegro de cantidades percibidas e réxime sancionador.
a) Procederá a revogación total das axudas nos seguintes casos:
- Obtención das axudas sen reunir as condicións requiridas para iso.
- Falseamento ou ocultación de datos tidos en conta para a concesión das axudas .
- Negativa ou obstrución grave ás actuacións de control municipal.
- Incumprir a obriga de comunicar no prazo establecido, os cambios ou variacións nas circunstancias determinantes da concesión das axudas.
- Modificación das condicións e requisitos fundamentais que determinaron a súa concesión, particularmente o incumprimento da obrigación de manterse a solicitante ou calquera dos restantes membros compoñentes da unidade familiar, empadroados e residentes no municipio de Irixoa.
b) Procederá a reducción da axuda cando se produza, en xeral, o incumprimento dos requisitos establecidos na presente Ordenanza que non dean lugar á revogación total das axudas.
- A revogación ou redución das axudas será acordada pola Xunta de Goberno, previa audiencia á interesada, e levará consigo o reintegro das cantidades indebidamente percibidas e a esixencia do interese de demora desde o momento do pago de devanditas cantidades.
- As infraccións sancionaranse mediante multa por importe de ata o triplo da cantidade indebidamente percibida, sendo competente para a súa imposición a Xunta de Goberno, previo expediente instruído ao efecto polo mesmo. O expediente sancionador será independente do expediente de revogación ou reducción, e nel terase en conta a gravidade do incumprimento, o nivel económico da familia e a mala fe da actuación. Constituen infraccións administrativas en materia de subvencións, as accións e omisións tipificadas nos arts. 52 e seguintes da Lei Xeral de Subvencións. O procedemento sancionador tramitarase conforme ao disposto no art. 67 da Lei Xeral de Subvencións.
Artículo 10. Control financiero da subvención
A Intervención municipal poderá implementar os mecanismos que estime oportunos para efectuar o control financiero das subvencións outorgadas, de conformidade co disposto nos arts. 220 a 222 do Texto Refundido da LRHL, o título III da Lei Xeral de Subvenciónes, o título VI da Lei Xeral Orzamentaria e o resto de normas concordantes.
Os beneficiarios e terceiros relacionados co obxecto da subvención ou da súa xustificación, estarán obrigados a prestar colaboración e a facilitar a documentación que lles sexa requirida. As facultades e deberes do personal controlador así como o procedemento para o exercicio do control financiero, serán os previstos nos arts. 47 a 50 da LGS, coa excepción de que cando exista disconformidade entre o informe de Intervención e o órgano xestor someterase o asunto a consideración do Pleno Municipal.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
Sen prexuízo da iniciación dos expedientes que correspondan, as resolucións dos expedientes realizaranse a partir da vixencia do orzamento municipal do 2008
DISPOSICION FINAL
A presente Ordenanza entrará en vigor desde a data da súa publicación íntegra no BOP, logo da súa aprobación definitiva