Índice
Redaccións
San Sadurniño - Ordenanza fiscal núm. 7, reguladora da taxa por recollida de lixo
Publicación provisional:
BOP Nº:
Publicación definitiva:
21/12/2007
BOP Nº:
293
Aplicable dende:
01/01/2008
Artigo 1.º. Fundamento e natureza.
En aplicación do disposto nos artigos 15 a 27 e 58 do texto refundido da Lei de Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Legislativo 2/2004 de 5 de marzo, este Concello establece a exacción da taxa por recollida de lixo, que se rexirá pola presente Ordenanza Fiscal.
Artigo 2.º. Feito impoñible.
1.-Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de recollida de lixo domiciliarias e residuos sólidos urbans de vivendas e locais ou establecementos nos que se exercen actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servicios. Tamén constitúe feito impoñible desta taxa a prestación do servizo de recollida de voluminosos.
2.-A tal efecto, considerase lixo domiciliario e residuos sólidos urbans os restos e desperdicios de alimentación ou residuos procedentes da limpeza normal de locais ou vivendas, e os residuos voluminosos que se determinen polo Concello, e se exclúen de tal concepto os residuos de tipo industrial, escombros de obras, detritus humans ou animais, materiais contaminados, corrosivos, perigosos ou cuxa recollida ou vertido esixa a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.
Artigo 2.º. Feito impoñible.
1.-Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de recollida de lixo domiciliarias e residuos sólidos urbans de vivendas e locais ou establecementos nos que se exercen actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servicios. Tamén constitúe feito impoñible desta taxa a prestación do servizo de recollida de voluminosos.
2.-A tal efecto, considerase lixo domiciliario e residuos sólidos urbans os restos e desperdicios de alimentación ou residuos procedentes da limpeza normal de locais ou vivendas, e os residuos voluminosos que se determinen polo Concello, e se exclúen de tal concepto os residuos de tipo industrial, escombros de obras, detritus humans ou animais, materiais contaminados, corrosivos, perigosos ou cuxa recollida ou vertido esixa a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.
Artigo 3.º.-Suxeito pasivo.
1.-Son suxeitos pasivos contribuintes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais ubicados en lugares, rúas, prazas ou vías públicas nas que se preste o servicio, calquera que sexa o título ou condición no que se fagan. Entenderase en todo caso que se presta o servizo ás edificacións ubicadas nun radio non superior a cento vintecinco metros a cada lado do itinerario do vehículo municipal de recollida de lixo.
2.-Terán a consideración de suxeitos pasivos sustitutos do contribuinte os propietarios das vivendas ou locais, que podrán repercutir, no seu caso, o importe das cotas satisfeitas sobre os usuarios de aqueles, beneficiarios do servizo.
Artigo 4.º.-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas fisicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38-1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebra, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º. Cota tributaria.
1.-A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles e do número de recollidas semanais que se realicen na zona na que se encontren, según a seguinte tarifa:
APARTADO 1: VIVENDAS | |
Zona 1 (dúas recollidas semanais) | 60 €/ano |
Zona 2 (unha recollida semanal) | 40 €/ano |
Zona 3 (vivendas situadas a máis de 1.000 metros do punto de recollida máis próximo | 20 €/ano |
APARTADO 2: ESTABLECEMENTOS INDUSTRIAIS E COMERCIAIS | |
A) Actividades de carácter industrial | |
Zona 1 (dúas recollidas semanais) | 180 €/ano |
Zona 2 (unha recollida semanal) | 120 €/ano |
B) Restaurantes, casas de comidas, supermercados, tendas de alimentación e similares | |
Zona 1 (dúas recollidas semanais) | 150 €/ano |
Zona 2 ( unha recollida semanal) | 110 €/ano |
C) Cafeterías, tabernas e as restantes actividades comerciais e mercantís | |
Zona 1 (dúas recollidas semanais | 115 €/ano |
Zona 2 (unha recollida semanal) | 80 €/ano |
2.-As anteriores tarifas actualizaranse anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ó consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística.
Artigo 6.º.-Exencións e bonificacións.
Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción da presente taxa.
Artigo 7.º.-Devengo.
Devengase a taxa, e nace a obrigación de pago no momento en que se inicie a prestación do servizo, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, o primeiro día de cada ano natural. Para o caso de novas construccións, considerarase que se devenga a taxa o mesmo ano natural no que se remate e ponga en uso a edificación.
Artigo 8.º.-Normas de xestión.
1.-O Concello aprobará, dentro do primer trimestre de cada ano natural, o padrón cobratorio da taxa, ao que podrán incorporarse durante o exercicio as novas edificacións que se rematen nese período. A aprobación deste padrón exporase ao público no taboleiro de anuncios do Concello e mediante a inserción de anuncio no Boletin Oficial da Provincia.
Cando se coñeza, de oficio ou por comunicación dos interesados, calquera variación nos datos incluidos no padrón, levarase a cabo neste as correspondentes modificacións, que surtirán efecto a partir do exercicio seguinte ao da data na que se solicitaran ou realizaran.
2.-O cobro realizarase anualmente, mediante recibo derivado do padrón, no prazo que se sinale polo Concello ao aprobar o correspondente a cada exercicio, e que non será inferior a un mes.
O prazo de ingreso en período voluntario das liquidacións incluidas no padrón correspondente será o que se sinale polo Concello ao aprobar dito padrón o, no seu caso, o que determine con carácter xeral a entidade que teña delegada esta recaudación. En ningún caso dito prazo podrá ser inferior ós dous meses que sinala o artigo 87.2 do Regulamento xeral de recaudación.
O prazo de ingreso en período voluntario de liquidacións de notificación individual, e polo tanto non sexan incluidas no padrón, será o que prevé o artigo 20.2 do Regulamento xeral de recaudación, salvo que polo órgano competente se determine outro prazo más beneficioso para o contribuinte.
3.-A recadación das cotas correspondentes a esta taxa está actualmente delegada na Deputación Provincial de A Coruña, rexíndose polas normas que a tal efecto teñan aprobadas os órganos competentes da mesma.
Artigo 9.º.-Infraccións e sancións.
En tódo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como ás sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do día primeiro de xaneiro de 2008, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.