Zas - Ordenanza fiscal núm. 2, reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras

Publicación provisional: 14/11/2007 BOP Nº: 263
Publicación definitiva: 31/01/2008 BOP Nº: 26
Aplicable dende: 01/02/2008

Artigo 1º.- Fundamento e réxime:

1.- No uso das facultades que lle confire a Constitución, o artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de Abril, reguladora das bases do réximen local, e de acordo co previsto no artigo 59.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Zas establece o Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.
2.- Este imposto rexirase polo disposto nos artigos 100 a 103 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polas disposicións que a completen e desenvolvan e polo disposto na presente Ordenanza Fiscal.

Artigo 2º.- Feito impoñible:

1.- Constitue o feito imponible deste imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia urbanística ou de obras, obtivérase ou non a devandita licencia, sempre que a expedición corresponda a este Concello.
2.- A estos efectos, enténdese por construccións, instalacións ou obras suxeitas ó imposto, todas aquelas nas que a sua execución implique a realización do feito impoñible definido no apartado anterior, e entre otras as seguintes
a) Obras de construcción de edificacións e instalacións de nova planta.
b) Obras de ampliación, modificación ou reforma (tanto do aspecto exterior como da disposición interior) de edificios e instalacións de toda clase existentes.
c) Derrumbamentos e obras de demolición.
d) Alineacións e rasantes.
e) Instalación ou radicación de casas prefabricadas e instalacións similares, provisionais ou permanentes, salvo que se efectúen dentro de campamentos legalmente autorizados e nas zonas expresamente previstas para dita finalidade.
f) Movementos de terras, tales como desmontes, explanacións, excavacións ou terraplens.
g) Cerramentos e valados de predios.
h) Obras de fontanería e sumidoiros.
i) Obras en ceminterios.
j) Cualquera outra construcción, instalación ou obra que necesite de licencia de obra ou urbanística según a lexislación vixente.

Artigo 3º.- Suxeitos pasivos:

1.- Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuintes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realiza aquela.
Ós efectos previstos no parágrafo anterior, terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte o custo que comporte a súa realización.
2.- No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuinte, terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do mesmo quenes soliciten as correspondientes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras.
O substituto poderá esixir do contribuinte o importe da cota tributaria satisfeita.

Artigo 4º.- Base impoñible, cota e devengo:

1.- A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, e se entende por tal, a estos efectos, o custo de execución material da construcción, instalación ou obra.
Non forman parte da base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e os demais impostos análogos propios de rexímenes especiais, as taxas, os prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construcción, instalación ou obra, nen tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución material.
2.- A cota deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravamen.
3.- O tipo de gravamen será o 2%.
4.- O imposto devéngase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, ainda que non se obtivera a correspondente licencia.

Artigo 5º.- Normas de xestión:

1.- Cando se conceda a licencia preceptiva ou cando, non habéndose solicitado, concedido ou denegado aún a dita licencia preceptiva, se inicie a construcción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta, determinándose a base impoñible:
a) En función do orzamento presentado polos interesados, sempre e cando o mesmo estivera visado polo Colexio Oficial correspondente cando así sexa preceptivo.
b) Cando non se presente presupuesto visado ou o proposto sexa manifiestamente inferior ó coste real e efectivo da construcción, instalación ou obra, a criterio dos servicios técnicos municipales, a base impoñible determinarase polos servicios municipais con arreglo os módulos que se unen como anexo a esta Ordenanza.
2.- Á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do custo real e efectivo das mesmas, O Concello de Zas, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible á que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.
3.- Cando haxa unha variación porque os suxeitos pasivos modificaron o proxecto de construcción, instalación ou obra e despois de que se solicite nova licencia, presentará unha liquidación complementaria pola diferencia entre o orzamento inicial e o modificado, segundo o anexo desta ordenanza.
4.- No caso de que os suxeitos pasivos non abonaran a correspondente liquidación do imposto nos termos sinalados anteriormente, ou cando non a presentaran ou a abonaran por unha cantidade menor á que corresponda, a administración municipal practicará liquidación pola cantidade que proceda e incoará o correspondente procedemento sancionador.

Artigo 6º.- Inspección e recaudación:

A inspección e recaudación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e nas demaís leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 7º.- Infraccións e sancións:

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como á determinación das sancións que polas mesmas corresponda impoñer en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolven.

Disposición final:

A modificación da presente Ordenanza fiscal, foi aprobado polo Pleno da Corporación na sesión ordinaria que tivo lugar o 19 de outubro do ano 2007, entrará en vigor ó día seguinte de que se publique no Boletín Oficial da Provincia e permanecerá en vigor ata que o Concello a modifique ou a derogue expresamente.

Disposición derogatoria:

A partir da entrada en vigor desta ordenanza fiscal, queda derogada a anterior ordenanza fiscal nº 2, reguladora do Imposto sobre as Construccións, Instalacións e as Obras, que aprobou o Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o 28 de novembro do ano 2003.

ANEXO:

DEMOLICIÓNS:
1.1. Demolicións de muros: 15,44 €/m2.
1.2. Demolicións de tabiques: 5,00 €/m2
1.3. Levantado de solainas: 4,49 €/m2
1.4. Picado de azulexados e revestimentos: 5,38 €/m2
1.5. Demolicións de forxados: 10,00 €/m2.
1.6. Demolición completa: 20,00 €/m2.
1.7. Demolición de cuberta de fibrocemento: 2,10 €/m2.
1.8. Demolición de cuberta de tella: 3,60 €/m2.
1.9. Demolición de cuberta de tella, fibrocemento e viguetas: 6,00 €/m2
2.- MOVEMENTOS DE TERRAS: (€ por metro cúbico).
2.1. Excavacións de gabias: 8,05
2.2. Excavación a ceo aberto: 2.50
2.3. Recheos de gabias:11,53
2.4. Recheos a ceo aberto: 6,66
2.5. Carga e transporte de terras a vertedeiro: 4,52.
3.- PECHES: ( € por metro cadrado).
3.1. Peche de estacas e arama: 3,77
3.2. Peche de tea metálica:10,00
3.3. Peche de fábrica e tea metálica: 32,26
3.4. Peche de bloques de formigón de cor: 24,00
3.5. Peche de bloques de formigón revestidos: 30,00
3.6. Peche de cachotería. 60,00
3.7. Peches compostos: determinarase o custo pola suma de cada componente.
4.- CUBERTAS: (Medida en verdadeira dimensión. Euros por m2)
4.1. Cuberta de fibrocemento de cor: 15,00
4.2. Cuberta de tella: 32,26
4.3. Cuberta con placa (forzado): 80,00
4.4. Cuberta de viguetas, fibrocemento e tella: 60,00
4.5. Substitución de tella por fibrocemento: 17,94.
4.6. Substitución de tella por tella: 28,70
4.7. Substitución de tella por fibrocemento e tella: 39,48
4.8. Cuberta de materiales de aleación metálica ou plástica: 25,00
4.9. Canalóns: 12,00 €/ml
4.10. Baixantes: 15,00 €/ml
5.- ESTRUCTURA:
5.1. Formigón en masa: 100,00 €/m3
5.2. Estructura completa de formigón en masa: 59,73 €/m2
5.3. Forxado de formigón en armado: 50,00 €/m2
5.4. Estructura completa de ferro: 60,00 €/m2
5.5. Forxado de ferro: 46,00 €/m2
6.-REMATES DE FACHADA (Descontaranse os ocos de portas e fiestras. Euro/m2)
6.1. Pintura de fachadas: 9,00
6.2. Recebos de morteiro de cemento: 12,00
6.3. Revocadura de fachadas con morteiro monocapa: 18,00
6.4. Chapado de fachadas con material pétreo: 60,00
6.5. Limpieza de fachadas con auga ou area a presión: 14,03
6.6. Repicado de recebos en fachadas: 6,00
7.- CARPINTERÍA EXTERIOR (€ por metro cadrado)
7.1. Substitución ou colocación de carpintería de madeira terminada:107,03
7.2. Substitución de carpintería e/ou cerramento de aluminio ou PVC terminada: 166,11
7.3. Apertura de ocos en paramentos para colocación de portas ou ventás: 59,23
7.4. Reixas de seguridade metálicas: 46,65
7.5. Ventás en plano de cubertas:157,84
7.6. Peche de balcons e terrazas con galería:143,46
7.7. Fronte de portal: 121,96
8.- REMATES INTERIORES:
8.1. Porta de paso terminada, colocada: 170 €/unidad
8.2. Chan con pavimento cerámico, sintético ou terrazo: 29,28 €/m2
8.3. Revestimento de paredes con azulexo: 22,16 €/m2
8.4. Chan con madeira, incluido rodapé: 46,79 €/m2
8.5. Pintura interior: 4,27 €/m2
8.6. Falso teito de madeira ou escaiola: 10,50 €/m2
8.7 Enlucido de paramentos de morteiro ou ieso: 5,90 €/m2
9.-INSTALACIÓNS
9.1*. Instalación de electricidade (para superficie de 100m/2): 1970,00 €
9.2*. Instalacións de calefacción (para superficie de 100 m2): 5.800,00 €
* Para superficies maiores ou menores se calculará proporcionalmente.
9.3. Instalacións de fontanería:
9.3.1. Cociña: 300,00 €/ud
9.3.2. Aseo: 500,00 €/ud
9.4. Suministro e colocación de aparato sanitario: 150 €/ud
9.5. Quentador de auga: 312,57 €/ud
9.6. Depósito de auga: 252,09 €/ud
9.7. Paneles fotovoltaicos: 500,00 €/m2
9.8 Paneles solares térmicos: 450,00 €/m2
9.9. Acumulador de 160 litros: 1.400,00 €/ud.
10. POZOS DE AUGA E FOSA: (€/unidad)
10.1. Pozo de barrena: 1362,76
10.2. Pozo artesano: 1793,11
10.3. Fosa séptica: 1.200,00
10.4. Pozo filtrante: 600,00
11.-URBANIZACIÓN
11.1. Beirarrúas e terrazas con baldosas: 18,00 €/m2
11.2. Canalización con tubos: 21,00 €/ml
11.3. Pozo de rexistro: 144,00 €/ud
11.4. Sumidoiros: 75,00 €/ud
11.5. Arquetas: 70,00 €/ud
11.6. Soleiras de hormigón: 10 €/m2
11.7. Muro de contención de hormigón armado: 30,00 €/m2
11.8. Piscinas: 200,00 €/m2
11.9. Pista deportiva: 70,00 €/m2
12.- OUTROS
12.1. Guindastre: 390 €/mes/obra
12.2. Andamios: 0,45 €/día/obra
12.3. Colocación de carteis: 30,00 €/ud/mes
13.- GALPÓNS
13.1. Galpón de bloque revestido: 90,00 €/m2
13.2. Galpón de madeira: 75,00 €/m2
14.- PARCELACIÓNS:
14.1. Parcelacións, divisións de fincas etc: 150,00 €/ud