Índice
Teo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR SUMINISTRO DE AUGA, SUMIDOIROS E DEPURACIÓN
Publicación provisional:
16/01/2008
BOP Nº:
13
Publicación definitiva:
11/03/2008
BOP Nº:
59
Aplicable dende:
11/03/2008
Artigo 1.-Fundamento e naturaza
En uso das facultades outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local, e de conformidade có disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais este Concello establece a Taxa por suministración de auga, sumidoiros e depuración, que se rexirá pola presente Ordenanza Fiscal e polos artigos 20 a 27 do TRLRFL.
Artigo 2.-Feito Impoñíble
1.-Constitue o feito impoñible da taxa a utilización da rede de subministro de auga polos predios situados no termo municipal Teo, así como os servizos de sumidoiros e depuración.
Ós efectos de aplica-la taxa se distinguen os seguintes usos:
a) Usos domésticos: son os que atenden ás necesidades vitais, tales como bebida, preparación de alimentos e aseo.
b) Uso industrial: son aqueles nos que a auga se emprega como motor ou axente mecánico ou químico, e nos que se verifica a transformación en vapor,xeo, bebidas carbónicas.
c) Obras: auga empregada para o sector da construcción.
Constitue igualmente o feito impoñible da taxa:
a) a actividade municipal técnica e administrativa, tendente a verificar que se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.
b) A prestación do servizo de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipal e o seu tratamento para depuralas.
2.-Non estarán suxeitas á taxa as fincas derruídas, as declaradas ruinosas ou que teñan condición de solar ou terreo.
Artigo 3.-Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polo servizo de que é obxecto esta taxa.
En concreto:
a) cando se trate da concesión de licenza de acometida á rede, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.
b) No caso dos servizos citados no apartado 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usufructuarios das fincas do termo municipal beneficiarias de dito servizo, a titulo de propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios
Artigo 4.-Responsables
1.-Responderán solidariamente das obrigas do suxeito pasivo, as persoas ou entidades que estabrece o artigo 42 da Lei 58/2003.
1.-Serán responsables subsidiarios os administradores de sociedades, síndicos interventores ou liquidadores de quebras e concursos, có alcance e nos termos do artigo 43 da citada norma.
Artigo 5.-Cota tributaria:
a) Abastecemento de auga:
1.-Doméstico:
Mínimo de consumo, ata 30m³/Trm: 0,3130€/ metro cúbico
Dende 31 a 45m³/Trm: 0,4471€/ metro cúbico
Mais de 45m³/Trm: 0,6334€/metro cúbico
2.-Industrial:
Mínimo de consumo, ata 30m³/Trm: 0,3726€/metro cúbico.
Máis de 30m³/Trm: 0,4917€ /metro cúbico
3.-Obras:
Mínimo de consumo, ata 150m³/Trm:0,5216€/metro cúbico.
Máis de 150m³/Trm: 0,5961€/metro cúbico.
b) Sumidoiros:
1.-Doméstico:
Mínimo de consumo, ata 30m³/Trm:0,1565€/metro cúbico.
Desde 31 a 45m³/Trm: 0,2235 €/metro cúbico.
Máis de 45m³/Trm: 0,3167€ /metro cúbico.
2.-Industrial:
Mínimo de consumo, ata 30m³/Trm: 0,1863€/metro cúbico.
Máis de 30m³/Trm: 0,2458€/metro cúbico.
c) Depuración:
1.-Domésticos:
Mínimo de consumo, ata 30m³/Trm: 0,2564€/metro cúbico.
Desde 31 ata 45m³/Trm: 0,3663€ /metro cúbico.
Máis de 45m³/Trm: 0,5190€/ metro cúbico
2.-Industrial:
Mínimo de consumo, ata 30m³/Trm: 0,3053€/metro cúbico.
Máis de 30m³/Trm: 0,4029€/metro cúbico
d) Cota tributaria por concesion de licenza ou autorización de acometida á rede de sumidoiros: 30,05€
Artigo 6.-Devengo
1.-O devengo da taxa prodúcese no momento en que se inicia a prestación do servicio, e a súa facturación e cobro realizarase con periodicide trimestral.
2.-O pago da taxa efectuarase no momento de presentación da factura ante o obrigado.
3.-As débedas por este tributo poderán esixirse mediante procedemento administrativo de constrinximento, de conformidade có disposto no RD 393/2005, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 7.-Beneficios fiscais.
Recoñecese unha bonificación na cota tributaria da taxa para familias numerosas segundo o seguinte baremo, para o cal o suxeito pasivo deberá presentar certificado de calificación de familia numerosa e declaracion do IRPF do exercicio anterior.
Categoría familia numerosa | % bonificacion Base impoñible IRPF < 12.000€ | % Bonificación Base impoñible IRPF entre 12.001 e 24.000€ | % Bonificación Base Impoñible IRPF superior a 24.000€ |
Xeral | 75% | 50% | 25% |
Especial | 90% | 60% | 30% |
Artigo 8.-Réxime de infraccións e sancións
Estarase ó disposto nos artigos 178 e ss da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Disposición derradeira
A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada en sesión do Pleno da Corporación de data 26/12/2007, entrando en vigor a partir da súa publicación definitiva no BOP, e manterá a súa vixencia en tanto non sexa derogada ou modificaca expresamente.
Teo, 25 de febreiro de 2008.