Teo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR SUMINISTRO DE AUGA, SUMIDOIROS E DEPURACIÓN

Publicación provisional: 16/01/2008 BOP Nº: 13
Publicación definitiva: 11/03/2008 BOP Nº: 59
Aplicable dende: 23/07/2015

Artigo 1.-Fundamento e naturaza

En uso das facultades outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local, e de conformidade có disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais este Concello establece a Taxa por suministración de auga, sumidoiros e depuración, que se rexirá pola presente Ordenanza Fiscal e polos artigos 20 a 27 do TRLRFL.

Artigo 2.-Feito Impoñíble

1.-Constitue o feito impoñible da taxa a utilización da rede de subministro de auga polos predios situados no termo municipal Teo, así como os servizos de sumidoiros e depuración.
Ós efectos de aplica-la taxa se distinguen os seguintes usos:
a) Usos domésticos: son os que atenden ás necesidades vitais, tales como bebida, preparación de alimentos e aseo.
b) Uso industrial: son aqueles nos que a auga se emprega como motor ou axente mecánico ou químico, e nos que se verifica a transformación en vapor,xeo, bebidas carbónicas.
c) Obras: auga empregada para o sector da construcción.
Constitue igualmente o feito impoñible da taxa:
a) a actividade municipal técnica e administrativa, tendente a verificar que se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.
b) A prestación do servizo de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipal e o seu tratamento para depuralas.
2.-Non estarán suxeitas á taxa as fincas derruídas, as declaradas ruinosas ou que teñan condición de solar ou terreo.

Artigo 3.-Suxeito pasivo

Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polo servizo de que é obxecto esta taxa.
En concreto:
a) cando se trate da concesión de licenza de acometida á rede, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.
b) No caso dos servizos citados no apartado 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usufructuarios das fincas do termo municipal beneficiarias de dito servizo, a titulo de propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios

Artigo 4.-Responsables

1.-Responderán solidariamente das obrigas do suxeito pasivo, as persoas ou entidades que estabrece o artigo 42 da Lei 58/2003.
1.-Serán responsables subsidiarios os administradores de sociedades, síndicos interventores ou liquidadores de quebras e concursos, có alcance e nos termos do artigo 43 da citada norma.

Artigo 5.-Cota tributaria:

a) Abastecemento de auga:
1.-Doméstico:
Mínimo de consumo, ata 30m³/Trm: 0,3130€/ metro cúbico
Dende 31 a 45m³/Trm: 0,4471€/ metro cúbico
Mais de 45m³/Trm: 0,6334€/metro cúbico
2.-Industrial:
Mínimo de consumo, ata 30m³/Trm: 0,3726€/metro cúbico.
Máis de 30m³/Trm: 0,4917€ /metro cúbico
3.-Obras:
Mínimo de consumo, ata 150m³/Trm:0,5216€/metro cúbico.
Máis de 150m³/Trm: 0,5961€/metro cúbico.
b) Sumidoiros:
1.-Doméstico:
Mínimo de consumo, ata 30m³/Trm:0,1565€/metro cúbico.
Desde 31 a 45m³/Trm: 0,2235 €/metro cúbico.
Máis de 45m³/Trm: 0,3167€ /metro cúbico.
2.-Industrial:
Mínimo de consumo, ata 30m³/Trm: 0,1863€/metro cúbico.
Máis de 30m³/Trm: 0,2458€/metro cúbico.
c) Depuración:
1.-Domésticos:
Mínimo de consumo, ata 30m³/Trm: 0,2564€/metro cúbico.
Desde 31 ata 45m³/Trm: 0,3663€ /metro cúbico.
Máis de 45m³/Trm: 0,5190€/ metro cúbico
2.-Industrial:
Mínimo de consumo, ata 30m³/Trm: 0,3053€/metro cúbico.
Máis de 30m³/Trm: 0,4029€/metro cúbico
d) Cota tributaria por concesion de licenza ou autorización de acometida á rede de sumidoiros: 30,05€

e) Acometidas

e1) Acometidas de abastecemento:

As acometidas de abastecemento de auga potable que requiran dunha conexión inferior a 5m de lonxitude terán o seguinte custo, establecido en función dunha acometida media de 3m, e un incremento por metro lineal cando superen os 5 m:

Ø acometida

Tipo A (terra)

Tipo B (asfalto)

Tipo C (baldosa)

32mm (1¿¿)

209,58€+15,44€/m

264,48€+22,63€/m

311,24€+26,37€/m

40-50mm

252,14€+17,81€/m

307,59€+25€/m

354,37€+28,74€/m

63mm (2¿¿)

300,02€+ 19,79€/m

354,36€+26,98€/m

401,71€+30,72€/m

A esta cantidade (sen IVE) sumarase a instalación do contador:

- Instalación de contador de 13mm con válvula antiretorno e pezas de conexión, en batería de contadores ou similar: 98,17€/unidade (sen IVE)

- Instalación de contador de 13mm con válvula antiretorno, pezas de conexión e armario de PVC, placa transparente, en vivenda unifamiliar ou similar: 177,48€/unidade (sen IVE)

O cadro de tarifas de contadores (sen instalación) para diámetros superiores a 13mm, será o seguinte:

Diámetro

Prezo (s. IVE)

Diámetro

Prezo (s. IVE)

15mm

90€

20mm

107€

25mm

156€

30mm

201€

40mm

292€

50mm

590€

65mm

730€

80mm

886€

e2) Acometidas de saneamento:

As acometidas de saneamento de augas residuais formada por arqueta de saída, tubo de PVC de 160mm de diámetro e 5atm de presión, incluída excavación, recheo, demolición e reposición de firme, con conexión a colector existente ata un máximo de 4m, terán as seguintes tarifas:

Tipo de acometida

Tarifa (sen IVE)

En terra

356,17€+36,24€/m

En asfalto

397,59€+40,07€/m

En baldosa (beirarrúa)

446,69€+ 44,96€/m

Para distancias superiores, cada tramo de 40m deberá construírse un pozo de rexistro con aneis prefabricados de formigón en masa, con tarifas dependentes da profundidade do mesmo, e na que se inclúen excavación, cerco e tapa de fundición, que de seguido se establecen:

Profundidade

Prezo (s. IVE)

profundidade

Prezo (s. IVE)

1m

292,16€

1,5m

380,08€

2m

468,31€

2,5m

555,31€

Artigo 6.-Devengo

1.-O devengo da taxa prodúcese no momento en que se inicia a prestación do servicio, e a súa facturación e cobro realizarase con periodicide trimestral.
2.-O pago da taxa efectuarase no momento de presentación da factura ante o obrigado.
3.-As débedas por este tributo poderán esixirse mediante procedemento administrativo de constrinximento, de conformidade có disposto no RD 393/2005, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación.

Artigo 7.-Beneficios fiscais.

Recoñecese unha bonificación na cota tributaria da taxa para familias numerosas segundo o seguinte baremo, para o cal o suxeito pasivo deberá presentar certificado de calificación de familia numerosa e declaracion do IRPF do exercicio anterior.
Categoría familia numerosa
% bonificacion
Base impoñible IRPF < 12.000€
% Bonificación
Base impoñible IRPF entre 12.001 e 24.000€
% Bonificación
Base Impoñible IRPF superior a 24.000€
Xeral
75%
50%
25%
Especial
90%
60%
30%

- A taxas por conexións e acometidas ao servizo municipal de de Augas de Teo estarán bonificadas ao 100% no caso de que existan motivos de urxente necesidade que fagan necesario as citadas conexións e non existan recursos económicos suficientes na unidade de convivencia para facer cargo ao custo establecido. Estes motivos deberán estar reflectidos nun informe das Traballadoras Sociais municipais, así como a súa valoración de falta de recursos, e a bonificación se concederá por Resolución da Alcaldía.

- Cando unha unidade familiar non poida facer fronte ao pagamento das taxas por abastecemento de auga, sumidoiros ou depuracion, deberase emitir un informe das Traballadoras Sociais municipais, nas que se faga constar esta imposibilidade e se dito informe así o considera se concederá unha bonificación do 100% nas cotas. Dito informe deberá propoñer un prazo para que esta bonificación se manteña, que será como máximo dun ano natural. Transcorrido o tempo proposto, se non se resolvera á carencia económica causante desta imposibilidade a Traballadora Social de referencia deberá emitir un informe no que faga constar este estremo, e se prorrogue esta bonificación previa resolucion da Alcaldía que a conceda.

Artigo 8.-Réxime de infraccións e sancións

Estarase ó disposto nos artigos 178 e ss da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Disposición derradeira

A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada en sesión do Pleno da Corporación de data 26/12/2007, entrando en vigor a partir da súa publicación definitiva no BOP, e manterá a súa vixencia en tanto non sexa derogada ou modificaca expresamente.
Teo, 25 de febreiro de 2008.