Índice
Padrón - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACION DO SERVICIO PÚBLICO DA ESCOLA INFANTIL
Publicación provisional:
18/07/2006
BOP Nº:
164
Publicación definitiva:
11/09/2006
BOP Nº:
209
Aplicable dende:
26/01/2008
ARTIGO 1. Concepto
De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41 e seguintes do R.D.L. 2/2004, de 05 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o prezo público por prestación do servizo público da Escola Infantil Municipal de Padrón, especificando as tarifas no artigo 3 seguinte, que se rexerán polo presente texto normativo.
ARTIGO 2. Obrigados ó pagamento
Están obrigados ó prezo público regulamentado nesta Ordenanza os que se beneficien dos servizos ou actividades prestados ou realizados pola Escola Infantil Municipal de Padrón.
ARTIGO 3. Contías
3.1. Establécense as seguintes contías para o prezo público:
POR MATRICULA
- Custo Matricula por curso escolar: 61,62 euros.
ASISTENCIA REGULAR Ó CENTRO
- Tarifa 1.-Familias con renda per cápita mensual superior ó 150% do S.M.I.
- Tarifa 2.-Familias con renda per cápita mensual entre o 100% e o 150% do S.M.I.
- Tarifa 3.-Familias con renda per cápita mensual entre o 75% e o 100% do S.M.I.
- Tarifa 4.-Familias con renda per cápita mensual entre 50% e o 75% do S.M.I.
- Tarifa 5.-Familias con renda per cápita mensual inferior ó 50% do SMI.
Tarifa | Media Xornada | Xornada completa |
1 | 102,70 euros | 112,97 euros |
2 | 92,43 euros | 101,67 euros |
3 | 61,62 euros | 67,78 euros |
4 | 30,81 euros | 33,89 euros |
5 | Exentas | Exentas |
HORARIO AMPLIADO SOBRE A ASISTENCIA REGULAR ORDINARIA
.-Tarifa 1.- Familias con renda per cápita mensual superior ó 100 % do SMI
.-Tarifa 2.- Familias con renda per cápita mensual entre o 30 % e o 100% do SMI
.-Tarifa 3.- Familias con renda per cápita mensual inferior ó 30 % do SMI
Tarifa | Hora extra |
1 | 14,12 |
2 | 7,07 euros |
3 | Exenta |
SERVICIO DE COMEDOR
- Tarifa 1.- Familias con renda per cápita mensual superior ó 100 % do SMI
- Tarifa 2.- Familias con renda per cápita mensual entre o 30 % e o 100% do SMI
- Tarifa 3.- Familias con renda per cápita mensual inferior ó 30 % do SMI
Tarifa | Xantar |
1 | 33,89 euros |
2 | 16,95euros |
3 | Exentas |
3.3 No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que excepcionalmente, e por motivos xustificados, desexen utiliza-lo servizo algún día solto, o prezo será de 2 euros/día. E o pago deste servizo realizarase xunto coa cota do mes seguinte.
3.4. Enténdese por renda per cápita mensual familiar o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar, o cociente resultante de dividir entre 12 a suma dos ingresos totais da unidade familiar.
Enténdese por unidade familiar a formada polos cónxuxes (ou persoas vinculadas por relación afectiva análoga) e fillos menores de dezaoito anos ou fillos maiores de dezaoito anos cunha minusvalía superior ó 33 %. No caso de familias monoparentais, e para os efectos do cálculo da renda per cápita a que se refire o parágrafo anterior, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que cornpoñen a unidade familiar.
A determinación dos membros da unidade familiar farase atendendo á situación existente a 31 de decembro de cada ano.
ARTIGO 4. Actividades complementarias
A aprobación individualizada de cada prezo a aplicar para este tipo de actividades complementarias ó servizo prestado pola Escola Infantil Municipal, corresponderá á Xunta de Goberno Local a proposta da Alcaldía - Presidencia, á vista das propostas presentadas.
ARTIGO 5. Reducións
1. Segundo as circunstancias da unidade familiar, das cotas resultantes de aplicar as tarifas establecidas no artigo 3.1 desta Ordenanza, realizaranse os seguintes descontos:
a. 20 por 100 no caso de nenos/as que pertenzan a unha familia numerosa.
b. 20 por 100 no caso de nenos/as que pertenzan a unha unidade familiar monoparental.
c. 20 por 100 no caso de asistencia dalgún irmán á mesma Escola Infantil Municipal. No caso de que estes irmáns nacesen en parto múltiple, o desconto será dun 30 por cen por cada neno/a.
Os anteriores descontos, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.
ARTIGO 6. Obriga de pagamento
A obriga do pagamento do prezo público regulamentado nesta Ordenanza nace desde o momento en que se preste o servizo.
Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fora de prazo, traslado de residencia, etc.), o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade á día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50 por cento.
ARTIGO 7. Normas de xestión
Unha vez resolta favorablemente a solicitude de admisión formulada polo interesado, o pagamento dos prezos das distintas mensualidades farase por adiantado nos primeiros 10 días de cada mes, mediante transferencia bancaria ou ingreso en metálico en calquera das entidades bancarias indicadas polo Concello de Padrón. Existirá tamén a posibilidade de domiciliar os recibos.
DISPOSICIÓN FINAL
O presente texto normativo regulador do Prezo Público pola prestación do servizo do centro de atención á primeira Infancia de Padrón, foi modificado polo Pleno da corporación en sesión celebrada o día 12 de Novembro de 2007. Entrará en vigor unha vez que se cumpra o esixido no artigo 49 de LRBRL, e se publique o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85 de 2 de abril, de Bases de Réxime Local.
PUBLICACIÓN TEXTO ÍNTEGRO: B.O.P. núm. 209, do 11 de Setembro de 2006.