Padrón - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACION DO SERVICIO PÚBLICO DA ESCOLA INFANTIL

Publicación provisional: 18/07/2006 BOP Nº: 164
Publicación definitiva: 11/09/2006 BOP Nº: 209
Aplicable dende: 28/01/2021

ARTIGO 1. Concepto

De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41 e seguintes do R.D.L. 2/2004, de 05 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o prezo público por prestación do servizo público da Escola Infantil Municipal de Padrón, especificando as tarifas no artigo 3 seguinte, que se rexerán polo presente texto normativo.

ARTIGO 2. Obrigados ó pagamento

Están obrigados ó prezo público regulamentado nesta Ordenanza os que se beneficien dos servizos ou actividades prestados ou realizados pola Escola Infantil Municipal de Padrón.

ARTIGO 3. Contías

3.1 Establécense as seguintes contías para o prezo público:

POR MATRICULA

-Custo Matrícula por curso escolar: 90,00 euros

ASISTENCIA REGULAR AO CENTRO

3.2.- O prezo mensual pola atención educativa en xornada completa na escola infantil. Segundo a renda percápita mensual da unidade familiar:

Atención educativa

Xantar

Almorzo

Merenda

Rendas < 30% IPREM

0,00

0,00

0,00

0,00

Rendas entre o 30 % e o 50 % do IPREM

0,00

17,45

2,11

2,11

Rendas entre o 50 % e o 75 % do IPREM

34,91

17,45

3,18

3,18

Rendas entre o 75 % e o 100 % do IPREM

69,81

26,45

4,23

4,23

Rendas entre o 100 % e o 125 % do IPREM

112,13

37,25

5,29

5,29

Rendas entre o 125 % e o 150 % do IPREM

133,29

52,89

6,34

6,34

Rendas entre o 150 % e o 200 % do IPREM

147,05

63,47

7,40

7,40

Rendas superior o 200 % do IPREM

169,26

74,05

8,47

8,47

Os prezos actualizaranse cada curso escolar na mesma proporción que a variación interanual positiva experimentada polo índice xeral de prezos de consumo (IPC) para a Comunidade Autónoma de Galicia no mes de xaneiro anterior ao do curso escolar en que se pretenda que produza efectos, mediante resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, do órgano de dirección competente en materia de familia e infancia.

a) Servizo de comedor.

O prezo por este servizo fíxase en 74,05 € mensuais.

Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as reducións que se especifican.

No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que excepcionalmente e por motivos xustificados desexen utilizalo algún día solto, o prezo será de 4,23 € por día.

O prezo de comedor por días soltos non estará suxeito a ningunha redución.

b) Servizo de almorzo.

O prezo por este servizo fíxase en 8,25 € mensuais.

Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as reducións que se especifican.

No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de almorzo e que excepcionalmente e por motivos xustificados desexen utilizalo algún día solto, o prezo será de 1,03 € por día.

O prezo de almorzo por días soltos non estará suxeito a ningunha redución.

c) Servizo de merenda.

O prezo por este servizo fíxase en 8,25 € mensuais

3.3 No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que excepcionalmente, e por motivos xustificados, desexen utiliza-lo servizo algún día solto, o prezo será de 2 euros/día. E o pago deste servizo realizarase xunto coa cota do mes seguinte.

3.4. Enténdese por renda per cápita mensual familiar o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar, o cociente resultante de dividir entre 12 a suma dos ingresos totais da unidade familiar.

Enténdese por unidade familiar a formada polos cónxuxes (ou persoas vinculadas por relación afectiva análoga) e fillos menores de dezaoito anos ou fillos maiores de dezaoito anos cunha minusvalía superior ó 33 %. No caso de familias monoparentais, e para os efectos do cálculo da renda per cápita a que se refire o parágrafo anterior, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que cornpoñen a unidade familiar.
A determinación dos membros da unidade familiar farase atendendo á situación existente a 31 de decembro de cada ano.

ARTIGO 4. Actividades complementarias

A aprobación individualizada de cada prezo a aplicar para este tipo de actividades complementarias ó servizo prestado pola Escola Infantil Municipal, corresponderá á Xunta de Goberno Local a proposta da Alcaldía - Presidencia, á vista das propostas presentadas.

ARTIGO 5. Reducións

1. Segundo as circunstancias da unidade familiar, das cotas resultantes de aplicar as tarifas establecidas no artigo 3.1 desta Ordenanza, realizaranse os seguintes descontos:

a. 20 por 100 no caso de nenos/as que pertenzan a unha familia numerosa.

b. 20 por 100 no caso de nenos/as que pertenzan a unha unidade familiar monoparental.

c. Gratuidade de atención educativa de 0-3 anos a partir do segundo/a fillo/a, sempre que o primeiro fillo/a non supere os 18 anos de idade.

d. As familias acolledoras con medida de tutela ou garda, terán unha exención total da cota da atención educativa.

Os anteriores descontos, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.

ARTIGO 6. Obriga de pagamento

A obriga do pagamento do prezo público regulamentado nesta Ordenanza nace desde o momento en que se preste o servizo.
Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fora de prazo, traslado de residencia, etc.), o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade á día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50 por cento.

ARTIGO 7. Normas de xestión

Unha vez resolta favorablemente a solicitude de admisión formulada polo interesado, o pagamento dos prezos das distintas mensualidades farase por adiantado nos primeiros 10 días de cada mes, mediante transferencia bancaria ou ingreso en metálico en calquera das entidades bancarias indicadas polo Concello de Padrón. Existirá tamén a posibilidade de domiciliar os recibos.

DISPOSICIÓN FINAL

O presente texto normativo regulador do Prezo Público pola prestación do servizo do centro de atención á primeira Infancia de Padrón, foi modificado polo Pleno da corporación en sesión celebrada o día 12 de Novembro de 2007. Entrará en vigor unha vez que se cumpra o esixido no artigo 49 de LRBRL, e se publique o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85 de 2 de abril, de Bases de Réxime Local.
PUBLICACIÓN TEXTO ÍNTEGRO: B.O.P. núm. 209, do 11 de Setembro de 2006.