Índice
Padrón - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS E RECREATIVAS NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Publicación provisional:
12/12/2007
BOP Nº:
285
Publicación definitiva:
13/02/2008
BOP Nº:
36
Aplicable dende:
01/03/2008
ARTIGO 1.-FUNDAMENTO E NATUREZA.
De conformidade co previsto no artigo 127 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, en relación cos artigos 41 a 47 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e no exercicio da potestade regulamentaria recoñecida ás Entidades Locais polos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, este Concello estable o prezo público pola realización de actividades deportivas e recreativas nas instalacións deportivas municipais, así como pola utilización do ximnasio municipal.
ARTIGO 2.-CONCEPTO.
Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que serán satisfeitas polos usuarios que voluntariamente soliciten a utilización do ximnasio municipal ou a realización das actividades deportivas e recreativas que se organicen nas instalacións deportivas municipais.
ARTIGO 3.-OBRIGADOS Ó PAGO.
Están obrigados ó pago do prezo público regulado na presente ordenanza os usuarios que formulen a súa inscrición no ximnasio municipal ou nas actividades deportivas e recreativas que se realicen nas instalacións deportivas municipais.
ARTIGO 4.-CONTÍA.
A contía do prezo público pola realización de actividades deportivas será única para toda a tempada e dará dereito a participar en calquera actividade do programa deportivo municipal, de acordo cos seguintes importes:
Nenos de 5-17 anos | 40 €/tempada |
Xoves de 18-25 anos | 50 €/tempada |
Adultos de máis de 26 anos | 60 €/tempada |
Carné familiar (matrimonio e fillos menores de 18 anos) | 120 €/tempada |
LIGAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS: desde outubro á Pascua (3 días semanais).
Liga de fútbol sala (máximo 18 equipos) | Prezo de inscrición: 200 €/equipo |
Utilización do Ximnasio Municipal | 6,01 €/mes |
ARTIGO 5.-NORMAS DE XESTIÓN.
A obriga de pagar o prezo público nace dende o momento en que se formalice a inscrición no Ximnasio Municipal o nunha actividade deportiva ou recreativa.
O pago do prezo público farase efectivo nas contas indicadas pola Tesourería Municipal no momento da formalización da correspondente matrícula de inscrición.
Cando por causa non imputable ó obrigado ó pago do prezo público, o servicio ou actividade non se prestase, procederá a devolución do importe correspondente.
ARTIGO 6.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
As débedas polos prezos públicos aquí regulados poderán esixirse polo procedemento administrativo de apremio, e de conformidade coa normativa de recadación que sexa de aplicación.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA.
Excepcionalmente, o prezo público pola realización das actividades deportivas e recreativas correspondentes á tempada 2007/2008 (meses de outubro a maio) farase efectivo no mes de febreiro de 2008, unha vez se teña producido a entrada en vigor da presente Ordenanza de Prezo Público.
DISPOSICIÓN FINAL.
A presente Ordenanza de Prezo Público, que foi aprobada polo Pleno deste Concello en sesión celebrada o día 29 de no-vembro de 2007, entrará en vigor unha vez se cumpra o esixido no artigo 49 da Lei de Bases do Réxime Local e se publique o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da Lei de Bases do Réxime Local.