Índice
Padrón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR SUBMINISTRO DE AUGA E CONSERVACIÓN DE CONTADORES
Publicación provisional:
20/11/2007
BOP Nº:
268
Publicación definitiva:
23/01/2008
BOP Nº:
19
Aplicable dende:
23/01/2008
ARTIGO 1: FUNDAMENTO E NATUREZA
No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución , o artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e conforme ó que dispoñen os artigos 15 e 20.4t) do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa polo subministro de auga e conservación de contadores, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, o previsto no artigo 57 do citado Real Decreto Lexislativo, e polo Regulamento do servizo municipal de abastecemento de auga potable.
ARTIGO 2: FEITO IMPOÑIBLE
Constitúe o feito impoñible desta taxa:
1. A utilización da rede de abastecemento de auga polos predios situados no término municipal. Para os efectos de aplicar a taxa distínguense tres tipos de consumo:
1.1. Usos domésticos: son os que atenden ás necesidades vitais, tales como bebida, preparación de alimentos, limpeza, aseo, etc.
1.2. Usos industriais: son aqueles nos que a auga se emprega como motor ou como axente mecánico ou químico, e nos que se verifica a transformación en vapor, xeo, bebidas carbónicas, etc.
1.3. Usos para obras: son os que atenden ás necesidades da construcción, como elaboración de argamasas, formigóns, rego e outras.
2. O servizo de suministro, instalación, conexión verificación e conservación de contadores.
3. Realización e conservación de acometidas de abastecemento.
ARTIGO 3: SUXETO PASIVO
1) Son suxetos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, e as Entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de Decembro, Xeral Tributaria, que soliciten a prestación do servizo ou sexan usuarias do mesmo en virtude de calquera título.
2) Terán a consideración de substitutos dos contribuíntes os propietarios dos inmobles afectados, que poderán repercutir as cotas, no seu caso, nos respectivos usuarios.
ARTIGO 4: RESPONSABLES
1) Responderán solidariamente das débedas tributarias as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2) Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
ARTIGO 5: BASE IMPOÑIBLE
A base impoñible da taxa por subministro de auga potable está constituída polo consumo de auga medido en metros cúbicos e dependendo do concepto de ingreso.
ARTIGO 6: COTA TRIBUTARIA
1) Cota por subministro de auga: a cota tributaria en concepto da taxa por subministro de auga potable resulta de aplicar á base impoñible o prezo por metro cúbico de consumo de auga, segundo segue:
A.- USOS DOMÉSTICOS
1) Por mantemento do servizo
1.1) Mínimo de 10 metros cúbicos/ab.mes¿¿¿.0,334993€/ metro cúbico
1.2) Por metro cúbico que exceda do mínimo....0,396182 €/ metro cúbico
B.- USOS INDUSTRIAIS E OBRAS
1) Por mantemento do servizo
1.1) Mínimo de 10 metros cúbicos/mes¿¿¿¿¿.0,396182€/metro cúbico
1.2) Por metro cúbico que exceda do mínimo.0,440120 €/metro cúbico
2) A cota que se esixirá en todo caso pola prestación do servizo será a mínima establecida segundo o tipo de consumo.
3) A cota mensual por verificación e conservación de contadores é a seguinte: 0,209€/ ab.mes
O cobro desta tarifa farase conxuntamente coa da auga.
4) Pola conservación das acometidas: 0,159€/ab.mes
5) O solicitar a prestación do servizo e para atender o pago de calquera descuberto ou dano nas instalacións do servicio imputable ó abonado, éste estará obrigado a depositar unha cantidade de 31,76€. Este depósito devolverase no momento de causar baixa e previo pago de todos os recibos pendentes.
6) Pola xestión de cobro ós abonados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación dos recibos pendientes de pago: 3,40 €/unidade
7) Polo desprecintado de contadores para restablecer o suministro despois do corte do mesmo: 16,14 €/unidade
8) Pola conexión á rede de contadores instalados por persoal alleo ó servicio e precintado dos racores:16,14 €/unidade
9) Pola comprobación do contador do abonado, a petición do mesmo, e so en caso de funcionamento correcto de contador:16,14 €/unidade.
10) En canto ás tarifas para a realización de acometidas de abastecemento serán as seguintes, feito o cálculo en base á acometida normal de 5 metros de lonxitude máxima ( 1 a 5 metros). As tarifas son diferentes dependendo do diámetro da acometida e do tipo de reposición a realizar na gabia :
DIAMETRO DA ACOMETIDA | TERRA(A) | ASFALTO(B) | BALDOSA-ACERA(C) |
¿" | 186,44 | 202,42 | 244,33 |
1" | 201,37 | 217,03 | 258,46 |
1 ¿"-1 ¿" | 239,57 | 272,11 | 314,57 |
2" | 265,52 | 313,54 | 355,44 |
Ditas tarifas incrementaranse nas acometidas para lonxitudes superiores a 5 metros nas seguintes cantidades:
Acometidas de máis de 5 metros | ¿" | 1" | 1¿"-1 ¿" | 2" |
(A) Incremento euros por metro | 8,35 | 9,76 | 13,87 | 23,36 |
(B) Incremento euros por metro | 18,11 | 19,77 | 23,88 | 32,96 |
(C) Incremento euros por metro | 22 | 23,46 | 27,56 | 36,46 |
11) En canto ás tarifas por instalación do contador (diámetro de 13 milímetros) en batería ou similar, a tarifa polo contador instalado será de 67,80 €/unidade.
12) As tarifas dos contadores sin colación serán as seguintes, atendendo o diámetro dos mesmos:
Diámetro de 13 milímetros :49,11 €/unidade
Diámetro de 15 milímetros: 55,40 €/unidade
Diámetro de 20 milímetros: 67,62 €/unidade
Diámetro de 25 milímetros: 110,14 €/unidade
Diámetro de 30 milímetros: 153,96 €/unidade
Diámetro de 40 milímetros: 238,74 €/unidade
Diámetro de 50 milímetros: 521,46 €/unidade
Diámetro de 65 milímetros: 646,45 €/unidade
ARTIGO 7: EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS
Non se concederán outros beneficios fiscais que os previstos en disposicións con rango de lei e os que resulten da aplicación de tratados internacionais.
ARTIGO 8: OBRIGACIÓN DE CONTRIBUÍR
A taxa devengarase a partir do comenzo da prestación do servicio.
ARTIGO 9: NORMAS DE XESTIÓN
1) A facturación dos consumos farase trimestralmente
2) Os suxetos pasivos deberán presentar a solicitude de alta ou baixa no servicio e, unha vez concedida a licencia de conexión á rede, incorporarase ó censo de suxetos pasivos en concepto de taxa por subministro de auga potable.
3) Os suxetos pasivos que aparezan como titulares ó comezo de cada período facturado, están obrigados ó pago das liquidacións correspondentes.
ARTIGO 10: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
Con respecto á cualificación das infraccións rexerá o disposto nos artigos correspondentes do Regulamento do servicio municipal do subministro de auga potable, e para todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN FINAL:
A modificación da presente Ordenanza Fiscal, que foi aprobada polo Pleno deste Concello en sesión celebrada o día 12 de Novembro de 2007, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.