Padrón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR SUBMINISTRO DE AUGA E CONSERVACIÓN DE CONTADORES

Publicación provisional: 20/11/2007 BOP Nº: 268
Publicación definitiva: 23/01/2008 BOP Nº: 19
Aplicable dende: 06/10/2022

ARTIGO 1: FUNDAMENTO E NATUREZA

No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución , o artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e conforme ó que dispoñen os artigos 15 e 20.4t) do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa polo subministro de auga e conservación de contadores, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, o previsto no artigo 57 do citado Real Decreto Lexislativo, e polo Regulamento do servizo municipal de abastecemento de auga potable.

ARTIGO 2: FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feito impoñible desta taxa:
1. A utilización da rede de abastecemento de auga polos predios situados no término municipal. Para os efectos de aplicar a taxa distínguense tres tipos de consumo:
1.1. Usos domésticos: son os que atenden ás necesidades vitais, tales como bebida, preparación de alimentos, limpeza, aseo, etc.
1.2. Usos industriais: son aqueles nos que a auga se emprega como motor ou como axente mecánico ou químico, e nos que se verifica a transformación en vapor, xeo, bebidas carbónicas, etc.
1.3. Usos para obras: son os que atenden ás necesidades da construcción, como elaboración de argamasas, formigóns, rego e outras.
2. O servizo de suministro, instalación, conexión verificación e conservación de contadores.
3. Realización e conservación de acometidas de abastecemento.

ARTIGO 3: SUXETO PASIVO

1) Son suxetos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, e as Entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de Decembro, Xeral Tributaria, que soliciten a prestación do servizo ou sexan usuarias do mesmo en virtude de calquera título.
2) Terán a consideración de substitutos dos contribuíntes os propietarios dos inmobles afectados, que poderán repercutir as cotas, no seu caso, nos respectivos usuarios.

ARTIGO 4: RESPONSABLES

1) Responderán solidariamente das débedas tributarias as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2) Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

ARTIGO 5: BASE IMPOÑIBLE

A base impoñible da taxa por subministro de auga potable está constituída polo consumo de auga medido en metros cúbicos e dependendo do concepto de ingreso.

ARTIGO 6: COTA TRIBUTARIA

 1) Cota por subministro de auga: a cota tributaria en concepto da taxa por subministro de auga potable resulta de aplicar á base impoñible o prezo por metro cúbico de consumo de auga, segundo segue:

A.- USOS DOMÉSTICOS

1) Por mantemento do servizo

1.1) Mínimo de 10 metros cúbicos/ab.mes¿¿¿.0,471577 €/ metro cúbico

1.2) Por metro cúbico que exceda do mínimo.... 0,557715 €/ metro cúbico

B.- USOS INDUSTRIAIS E OBRAS

1) Por mantemento do servizo

1.1) Mínimo de 10 metros cúbicos/mes¿¿¿¿¿.0,557715 €/metro cúbico

1.2) Por metro cúbico que exceda do mínimo.........0,619567 €/metro cúbico

As acometidas realizadas sen autorización municipal sancionaranse cunha cota de 175,97 euros, sen prexuízo das medidas que se poidan tomar.

2) A cota que se esixirá en todo caso pola prestación do servizo será a mínima establecida segundo o tipo de consumo.

3) A cota mensual por verificación e conservación de contadores é a seguinte: 0,296 €/ ab.mes

O cobro desta tarifa farase conxuntamente coa da auga.

4) Pola conservación das acometidas: 0,224 €/ab.mes

5) O solicitar a prestación do servizo e para atender o pago de calquera descuberto ou dano nas instalacións do servizo imputable ó abonado, éste estará obrigado a depositar unha cantidade de 44,71 €. Este depósito devolverase no momento de causar baixa e previo pago de todos os recibos pendentes.

6) Pola xestión de cobro ós abonados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación dos recibos pendentes de pago: 4,79 €/unidade

7) Polo desprecintado de contadores para restablecer o subministro despois do corte do mesmo: 22,72 €/unidade

8) Pola conexión á rede de contadores instalados por persoal alleo ó servizo e precintado dos racores:22,72 €/unidade

9) Pola comprobación do contador do abonado, a petición do mesmo, e so en caso de funcionamento correcto de contador:22,72 €/unidade.

10) En canto ás tarifas para a realización de acometidas de abastecemento serán as seguintes, feito o cálculo en base á acometida normal de 5 metros de lonxitude máxima ( 1 a 5 metros). As tarifas son diferentes dependendo do diámetro da acometida e do tipo de reposición a realizar na gabia :

DIÁMETRO DA ACOMETIDA

TERRA(A)

ASFALTO(B)

BALDOSA-BEIRARRÚA(C)

¿"

314,96

341,94

412,75

1"

340,17

366,64

436,62

1 ¿"-1 ¿"

404,69

459,67

531,40

2"

448,54

529,67

600,44

Ditas tarifas incrementaranse nas acometidas para lonxitudes superiores a 5 metros nas seguintes cantidades:

Acometidas de máis de 5 metros

¿"

1"

1¿"-1 ¿"

2"

(A) Incremento euros por metro

14,11

16,48

23,43

39,47

(B) Incremento euros por metro

30,59

33,40

40,33

55,67

(C) Incremento euros por metro

37,17

39,63

46,56

61,61

11) En canto ás tarifas por instalación do contador:

(diámetro de 13 milímetros) en batería ou similar, a tarifa polo contador instalado será de 95,44 €/unidade.

(diámetro de 20 milímetros) en batería ou similar, a tarifa polo contador instalado será de 121,51 €/unidade.

12) As tarifas dos contadores sin colocación serán as seguintes, atendendo o diámetro dos mesmos:

Diámetro de 13 milímetros :82,96 €/unidade

Diámetro de 15 milímetros: 82,96 €/unidade

Diámetro de 20 milímetros: 114,24 €/unidade

Diámetro de 25 milímetros: 186,06 €/unidade

Diámetro de 30 milímetros: 260,09 €/unidade

Diámetro de 40 milímetros: 403,31 €/unidade

Diámetro de 50 milímetros: 880,89 €/unidade

Diámetro de 65 milímetros: 1.092,05 €/unidade

A cota tributaria deberá aplicárselle os coeficientes anuais de actualización, mantendo con elo o principio de equivalencia.

ARTIGO 7: EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS

Non se concederán outros beneficios fiscais que os previstos en disposicións con rango de lei e os que resulten da aplicación de tratados internacionais.

ARTIGO 8: OBRIGACIÓN DE CONTRIBUÍR

A taxa devengarase a partir do comenzo da prestación do servicio.

ARTIGO 9: NORMAS DE XESTIÓN

1) A facturación dos consumos farase trimestralmente
2) Os suxetos pasivos deberán presentar a solicitude de alta ou baixa no servicio e, unha vez concedida a licencia de conexión á rede, incorporarase ó censo de suxetos pasivos en concepto de taxa por subministro de auga potable.
3) Os suxetos pasivos que aparezan como titulares ó comezo de cada período facturado, están obrigados ó pago das liquidacións correspondentes.

ARTIGO 10: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Con respecto á cualificación das infraccións rexerá o disposto nos artigos correspondentes do Regulamento do servicio municipal do subministro de auga potable, e para todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL:

A modificación da presente Ordenanza Fiscal, que foi aprobada polo Pleno deste Concello en sesión celebrada o día 12 de Novembro de 2007, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.