Padrón - Ordenanza reguladora da taxa por ocupación da vía pública con mercadorías, materiais de construcción, cascallos, valados, puntais, soportes, andamios e outras instalación análogas

Publicación provisional: 24/12/2001 BOP Nº: 293
Publicación definitiva: 24/12/2001 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 23/01/2008

Artigo 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, este Concello establece a taxa por ocupación da vía pública con mercancías, materiais de construcción, escombros, valas, puntais, soportes, andamios e outras instalacións análogas a que se refire o art. 20.3 g) do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, cuxas normas atenden ó disposto nos artigos 20 e 57 do citado TRLRFL.

Artigo 2.- FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feito impoñible a utilización privativa e o aproveitamento especial do dominio público local pola ocupación do mesmo con materiais de construcción, mercancías, escombros, valas, puntais, soportes, andamios e outras construccións análogas.

Artigo 3.- SUXEITOS PASIVOS

Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as Entidades a que se refire o art. 35.4 da Lei Xeral Tributaria a favor das que se outorguen as licencias e os que disfrute, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular sen a autorización correspondente.

Artigo 4.- BASE IMPOÑIBLE

A base impoñible está constituída pola superficie de dominio público local, medida en metros cadrados, ocupada polos materiais de construcción, mercancías, escombros, valas, puntais, soportes, andamios e outras instalacións análogas.

Artigo 5.- COTA TRIBUTARIA

A  cota tributaria virá determinada pola aplicación das tarifas seguintes:

Os dous primeiros anos: a cantidade de 0,10 euros por metro cadrado e día.
Os anos seguintes: sufrirá un recargo polo que a cantidade a pagar será de 0,72 euros por metro cadrado e día.
O cómputo dos respectivos prazos iniciarase na data de presentación das correspondentes solicitudes ou, no seu defecto, na data determinada pola correspondente inspección realizada polos servicios municipais.

Artigo 6.- NORMAS DE XESTION

A taxa esixirase en réxime de declaración e liquidación simultánea, salvo no suposto de que se actúe mediante liquidación practicada pola Administración.
As persoas interesadas na concesión dos aproveitamentos regulados nesta ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licencia. Se non se determinou con exactitude a duración do aproveitamento, unha vez autorizada a ocupación, entenderase prorrogada namentres non se presente a declaración de baixa.
Os suxeitos pasivos están obrigados a presenta-la correspondente declaración e a ingresar o importe correspondente na Tesourería municipal ou nas entidades locais autorizadas, o que deberá acreditar no momento de presenta-la solicitude.

Artigo 8- INFRACCIONS E SANCIONS

Para todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias e á imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos arts.183 e seguintes da L.X.T.

DISPOSICION FINAL

A modificación da presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno deste Concello en sesión celebrada o 12 de Novembro de 2007, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.