Padrón - Ordenanza reguladora da taxa pola instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atracción en terreos de uso público

Publicación provisional: 24/12/2001 BOP Nº: 293
Publicación definitiva: 24/12/2001 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 23/01/2008

Artigo 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85 reguladora das Bases de Réxime Local, este Concello establece a taxa pola instalación de postos, barracas, casetas de venta, espectáculos ou atraccións en terreos de uso público a que se refire o art. 20.3 n) do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, cuxas normas atenden ó disposto nos artigos 20 e 57 do citado TRLRFL.

Artigo 2.- FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feito impoñible a utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local pola ocupación do mesmo por postos e casetas de venta, barracas, así como espectáculos e atraccións.

Artigo 3.- SUXEITOS PASIVOS

Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as Entidades a que se refire o art. 35.4 da Lei Xeral Tributaria a favor das que se outorguen as licencias e os que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular sen a autorización correspondente.

Artigo 4.- BASE IMPOÑIBLE

A base impoñible está constituída pola superficie de dominio público local, en metros cadrados, ocupada polos postos, barracas, casetas de venta ou ben polos espectáculos ou atraccións.

Artigo 5.- COTA TRIBUTARIA

A cota tributaria virá determinada pola aplicación das seguintes tarifas:
1.- Circos, teatros e demais de natureza análoga,
Pagarán polo primeiro día.......................... 101,96 euros
2.- Os mesmos, polo segundo día e sucesivos...50,99 euros
3.- Tómbolas e demais de natureza análoga,
Pagarán por metro cadrado, fracción e día.... 0,68 euros
4.- Outros postos en xeral................................... 0,68 euros
5.- Pola expedición do título de vendedor ambulante ou a súa renovación anual, sexa fixo ou provisional ..............32,93 euros

Artigo 6.- NORMAS DE XESION

O pago das débedas tributarias correspondentes á taxa por venta ambulante e polos postos e casetas de venta realizaranse mediante a expedición dos correspondentes recibos.
No caso de feitos impoñibles constituídos pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público, pola ocupación do mesmo por espectáculos, atraccións ou similares, as persoas interesadas presentarán previamente a solicitude nas dependencias municipais, especificando a actividade a desenrolar, así como o número de días e o lugar onde se pretende exercer. Unha vez concedida a autorización, os suxeitos pasivos está obrigados a practicar a autoliquidación e ingresa-la cantidade correspondente.

Artigo 6.- PERIODO IMPOSITIVO

O período impositivo coincide co ano natural, excepto cando se trate de supostos de inicio da utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local, en tal caso abarcará dende a data da concesión e a autorización municipal ata o fin do ano natural.
A taxa devengarase o un de xaneiro de cada ano nos supostos de autorizacións anuais e as cotas serán irreductibles, salvo que a data de inicio non coincida coa do devengo en tal caso as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de trimestres naturais que resten para finaliza-lo ano, incluído o de inicio da utilización ou aproveitamento.
No caso de cese prorratearase polo número de trimestres transcorridos, incluíndo no prorrateo aquel no que se produce o cese.
No caso de ocupacións temporais, o período impositivo comezará o día da autorización Municipal e estenderase durante o tempo previsto na mesma.

Artigo 8.-

Para instala-los postos, barracas, casetas de venta, etc., será necesario que os interesados obteñan a oportuna autorización, que será concedida ou denegada polo Concelleiro-Delegado de Mercados ou pola Alcaldía, segundo a importancia do caso.

Artigo 9.-

A Policía Municipal ou vixiantes habilitados para elo polo Concelleiro Delegado de Mercados, coidará de non consentir que ocupen a vía pública ou terreos do común con estas clases de instalacións nin que exerzan nela industria algunha, quen non acredite estar debidamente autorizados para elo e non satisfixeran os dereitos que se sinalan nesta Ordenanza.

Artigo 10.-

Os postos, barracas e demais que se concedan, non poderán ser destinados a usos distintos de aqueles para os que foron concedidos, prohibíndose por conseguinte, telos pechados, destinados a almacén ou cambiar a actividade, sen autorización do Concello.

Artigo 11.-

Os postos instalados para as Festas de Pascua no Campo da Feira, Campo do Souto e Paseo do Espolón non tributarán pola presente Ordenanza e a súa adxudicación será realizada pola Comisión de Goberno.

Artigo 12.-

O horario de ventas será de 9 a 14 horas. Os titulares dos postos deberán proceder a súa recollida no horario de 14:30 a 16:00 horas. A instalación dos postos e descarga de mercancías realizarase desde as 6 ás 8:30 horas. Nos meses de setembro a maio poderá retrasarse este horario en media hora mais.

Artigo 13.- INSPECCION E SANCION

As infraccións relativas a dereitos do consumidor ou á producción agroalimentaria, serán sancionadas polas Autoridades competentes de acordo co establecido no Real Decreto 1010/85, do 5 de Xuño, a Lei 10/1988, do 20 de Xullo (D.O.G. 26-08-1988) e demais normativa de aplicación.

DISPOSICION FINAL

A modificación da presente Ordenanza Fiscal, que foi aprobada polo Pleno deste concello en sesión celebrada o 12 de Novembro de 2007, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.