Padrón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DE LA TASA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DE LAS ACERAS Y POR RESERVA DE LA VÍA PÚBLICA PARA APARCAMIENTO EXCLUSIVO

Publicación provisional: 18/11/2004 BOP Nº: 266
Publicación definitiva: 31/12/2004 BOP Nº: 300
Aplicable dende: 23/01/2008

Artigo 1º. FUNDAMENTO E NATUREZA

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, este Concello establece a taxa por utilización privativa do dominio público local pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e reserva de vía pública para aparcamento exclusivo, a que se refire o artigo 20.1a) do TRLRFL, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ó disposto nos artigos 20 e 57 do citado TRLRFL.

Artigo 2º. FEITO IMPONIBLE

Constitúe o feito impoñible a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local pola ocupación do mesmo para a entrada de vehículos a través das beirarrúas ou pola reserva da vía pública para aparcamento exclusivo.

Artigo 3º. SUXEITO PASIVO

Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 de 17 de Decembro, Xeral Tributaria, que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular.
Terán a condición de substituto do contribuínte os propietarios das fincas ou locais que den acceso as entradas de vehículos que poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os beneficiarios.

Artigo 4º. BASE IMPOÑIBLE

A base impoñible estará constituída polo número de metros de lonxitude da entrada ou paso de vehículos a través de beirarrúas, ou ben polos metros cadrados ocupados pola reserva de vía pública para o aparcamento exclusivo noutro suposto.

Artigo 5º. COTA TRIBUTARIA

A cota resultará de aplicar as seguintes tarifas:
-Por cada metro lineal ou fracción de ocupación de dominio público para paso de vehículos: o 1º ano, 16,44 euros; os seguintes, 6,58 euros.
-Por cada metro cadrado de reserva de espazo: 6,58 euros.

Artigo 6º- PERÍODO IMPOSITIVO

O período impositivo coincide co ano natural, excepto cando se trate de supostos de inicio da utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local, en tal caso abarcará dende a data da concesión da autorización municipal ata o fin do ano natural.
A taxa devengarase o un de xaneiro de cada ano nos supostos de autorizacións anuais e as cotas serán irreducibles, salvo que a data de inicio non coincida coa do devengo en tal caso as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de trimestres naturais que resten para rematar o ano, incluído o do inicio da utilización ou aproveitamento. No caso de cese prorratearase polo número de trimestres transcorridos, incluíndo no prorrateo aquel no que se produce o cese.

Artigo 7º.- NORMAS DE XESTIÓN

A taxa xestionarase a partir do Padrón da mesma, comprensivo dos suxeitos pasivos e das cotas tributarias. No caso de concesión de licencia, practicarase a liquidación correspondente, notificándoselle ó suxeito pasivo para que proceda ó ingreso da cantidade correspondente.

Artigo 8º- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Por todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias e a determinación das sancións correspondentes estarase ó previsto nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 9º- DISPOSICIÓN FINAL

A modificación da presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno deste Concello en sesión celebrada o 12 de Novembro de 2007, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.