Muros - Odenanza fiscal n°1 reguladora do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras
Publicación provisional:
15/05/1998
BOP Nº:
109
Publicación definitiva:
15/05/1998
BOP Nº:
109
Aplicable dende:
09/04/2008
Artigo 3.2
A cota do imposto será o resultado de aplicarlle á base imponible o tipo de gravame seguinte:
a) Base imponible ata 25.000.000 de pesetas: o 2%.
b) Base imponible de 25.000.001 pesetas en adiante: o 2,50%
Artigo 4.- Xestión do imposto e bonificacións.
1. Cando se outorgue a licencia municipal, será practicada unha liquidación provisoria e determinada a base imponible en función do presuposto presentado polos interesados sempre que veña visado polo Colexio Oficial que corresponda. Noutro caso, a base imponible será determinada polos técnicos municipais de acordo co custo estimado do proxecto.
2. O Concello, á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do seu custo real, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modifica-la base imponible á que se refire o apartado anterior e facer unha liquidación definitiva que será esixida do suxeito pasivo.
3. De conformidade co artigo 103.2.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establecense as seguintes bonificacións a favor das construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorreren circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración:
a) Construccións , instalacions e obras promovidas polas administracións públicas para a implantación de servizos públicos ou servizos de interese comunitario, bonificación do 75% (75 por 100).
b) Construccións , instalacions e obras promovidas por entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e destinadas a fins ou actividades non lucrativas que complementen ou suplan os servizos de competencia municipal, bonificación do 75% (75 por 100).
c) Construcción, rehabilitación ou reparación de vivendas promovidas por persoas en situación de emerxencia social, bonificación do 95% (95 por 100).
d) Dedicadas a primer establecemento ou implantación de actividades comerciais e industriais: que xeneren de cinco a dez postos de traballo de carácter fixo, bonificación do 30% (30 por 100). Que xeneren de once a trinta pastos de trabaiio de carácter fixo, bonificación do 60% (60 por 100). Que xeneren mais de trinta postos de traballo de carácter fixo, bonificación do 95% (95 por 100).
Corresponderá esta declaración ao Pleno da corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo aportando a documentación xustificativa que proceda, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.