Muros - ORDENANZA FISCAL N°1 REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

Publicación provisional: 15/05/1998 BOP Nº: 109
Publicación definitiva: 15/05/1998 BOP Nº: 109
Aplicable dende: 13/10/2008

Artigo 1.- Feito imponible.

Constitúe o feito imponible do imposto a realización no termo municipal de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística municipal, con independencia de que se obtivera ou non a dita licencia.

 

Artigo 2.- Suxeito pasivo.

1. Son suxeitos pasivos deste imposto a título de contribuínte as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o art. 33 da Lei Xeral Tributaria, donos dos inmobles sobre os que se realizan as construccións, instalacións ou obras, sempre que sexan donos destas. Nos demais casos serán suxeitos pasivos os que ostenten a condición de donos da obra.

 

            2. Teñan a consideración de suxeitos pasivos sustitutos do contribuínte quenes soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras se non fosen os mesmos contribuíntes.

Artigo 3.- Base imponible, cota e devengo.

1. A base imponible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra.

2 A cota do imposto será o resultado de aplicarlle á base impoñible o tipo de gravame seguinte:
a) Base impoñible inferior a 150.000,00 euros: 2%.
b) Base impoñible igual ou superior a 150.000,00 euros: 2,50%.

3. O imposto devéngase ó se inicia-la construcción, instalación ou obra aínda que se non se obtivera a correspondente licencia.

Artigo 4.- Xestión do imposto e bonificacións.

1. Cando se outorgue a licencia municipal, será practicada unha liquidación provisoria e determinada a base imponible en función do presuposto presentado polos interesados sempre que veña visado polo Colexio Oficial que corresponda. Noutro caso, a base imponible será determinada polos técnicos municipais de acordo co custo estimado do proxecto.
2. O Concello, á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do seu custo real, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modifica-la base imponible á que se refire o apartado anterior e facer unha liquidación definitiva que será esixida do suxeito pasivo.
3. De conformidade co artigo 103.2.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establecense as seguintes bonificacións a favor das construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorreren circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración:
a) Construccións , instalacions e obras promovidas polas administracións públicas para a implantación de servizos públicos ou servizos de interese comunitario, bonificación do 75% (75 por 100).
b) Construccións , instalacions e obras promovidas por entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e destinadas a fins ou actividades non lucrativas que complementen ou suplan os servizos de competencia municipal, bonificación do 75% (75 por 100).
c) Construcción, rehabilitación ou reparación de vivendas promovidas por persoas en situación de emerxencia social, bonificación do 95% (95 por 100).
d) Dedicadas a primer establecemento ou implantación de actividades comerciais e industriais: que xeneren de cinco a dez postos de traballo de carácter fixo, bonificación do 30% (30 por 100). Que xeneren de once a trinta pastos de trabaiio de carácter fixo, bonificación do 60% (60 por 100). Que xeneren mais de trinta postos de traballo de carácter fixo, bonificación do 95% (95 por 100).
Corresponderá esta declaración ao Pleno da corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo aportando a documentación xustificativa que proceda, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.

Artigo 5.- Inspección e recadación.

A inspección e recadación do imposto será consonte ó que prevé a Lei xeral tributaria e as súas disposicións complementarias.

 

Artigo 6.- Infracción e sancións

No tocante á calificación das infraccións tributarias e á determinación das sancións que correspondan por aquelas, aplicarase o réxime regulado na Lei xeral tributaria e as súas disposicións complementarias.

DISPOSICION FINAL

Esta modificación entrará en vigor o 1º de xullo de 1998, unha vez que se cumpran os requisitos que prevé o artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.