Laracha A - TAXA POR REDES DE SUMIDOIROS.

Publicación provisional: 31/01/2005 BOP Nº: 24
Publicación definitiva: 31/01/2005 BOP Nº: 24
Aplicable dende: 16/12/2005

ARTIGO 1.- FUNDAMENTO E RÉXIME.

En aplicación do disposto no artigo 16.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, o Concello de A Laracha procede á modificación da Ordenanza Fiscal número 13, reguladora da Taxa por rede de sumidoiros.

Os aspectos deste tributo non regulados pola presente modificación quedarán suxeitos ó previsto no texto orixinal da Ordenanza Fiscal e, no seu defecto, polo disposto na Sección 3ª do Título I do Real Decreto Lexislativo 2/2004.

ARTIGO 2.- TARIFA.

" 1.- A cota tributaria correspondente á concesión da licencia ou autorización de acometida á rede de rede de sumidoiros esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 9,50 euros.

2.- A cota tributaria a esixir pola prestación dos servicios da rede de sumidoiros e depuración determinarase en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos, utilizada na finca.

A tal efecto aplicarase a seguinte tarifa:

a) Vivendas:

Por rede de sumidoiros, cada metro cúbico: 0,13 euros.

Por depuración, cada metro cúbico: 0,13 euros.

b) Fincas e locais non destinados exclusivamente a vivendas:

Por rede de sumidoiros, cada metro cúbico: 0,13 euros.

Por depuración, cada metro cúbico: 0,13 euros.

3.- En ningún caso poderá tomarse un consumo de auga que sexa inferior ó mínimo facturable polo seu abastecemento: A cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínimo esixible

DISPOSICIÓN FINAL

A presente modificación, aprobada por acordo plenario de data vinteoito de Setembro de 2.005, entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, mantendo a súa vixencia en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente