Laracha A - Ordenanza fiscal nº 13, reguladora da taxa por rede de sumidoiros
Artigo 1º. - Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, e de conformidade co disposto nos artigos
Artigo 2º. - Feito impoñible
1. -Constitúe o feito impoñible da taxa:
a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede de sumidoiros municipal.
b) A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas.
2. - Non estarán suxeitas á taxa as fincas derruídas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo
Artigo 3º. - Suxeito pasivo.
1. - Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria que sexan:
a) Cando se trate da concesión de licenza de acometida á rede, o propietario, usufrutuario ou titular do dominio útil da finca.
b) No caso de prestación de servizos do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do termo municipal beneficiarios destes servizos, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufrutuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluído en precario.
2. - En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o propietario destes inmobles, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servizoArtigo 4º. - Responsables
O réxime de responsabilidades axustarase ao previsto nos artigos
Artigo 5º. - Cota tributaria
1. - A cota tributaria correspondente á concesión da licencia ou autorización de acometida á rede de rede de sumidoiros esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 10,85 euros.
2. - A cota tributaria a esixir pola prestación dos servicios de rede de sumidoiros e depuración determinarase en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos, utilizada na finca.
A tal efecto aplicarase a seguinte tarifa:
a) Vivendas:
Por rede de sumidoiros, cada metro cúbico: 0,15 euros.
Por depuración, cada metro cúbico: 0,15 euros.
b) Fincas e locais non destinados exclusivamente a vivendas:
Por rede de sumidoiros, cada metro cúbico: 0,15 euros.
Por depuración, cada metro cúbico: 0,15 euros.
3. - En ningún caso poderá tomarse un consumo de auga que sexa inferior ó mínimo facturable polo seu abastecemento: A cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínimo esixible."
Artigo 6º. - Exencións e bonificacións
Artigo 7º. - Devengo
1. - Devengarase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose iniciada esta:
a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licenza de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente
b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. O reporto por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivese ou non a licenza de acometida e sen prexuízo da autorización do expediente administrativo que pode instruírse para a súa autorización.
2. - Os servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para todas as fincas do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas en que exista rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e a finca non exceda de cen metros, e devengarase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectuar a acometida á rede.
Artigo 8º. - Declaración, liquidación e ingreso
1. - Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa, no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade da finca e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións producirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez rematado o prazo de presentación destas declaracións de alta e baixa.
A inclusión inicial no censo farase de oficio unha vez concedida a licenza de acometida á rede.
2. - As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse nos mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de abastecemento e consumo de auga.
3- No suposto de licenza de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e os servicios tributarios deste concello unha vez concedida aquela, practicarán a liquidación que proceda, que será notificada para ingreso directo na forma e prazos que sinala o Regulamento xeral de recadación.