Ares - ORDENANZA REGULADORA DO OUTORGAMENTO DE LICENCIA DE PRIMEIRA UTILIZACIÓN OU OCUPACIÓN DOS EDIFICIOS.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 28/12/1995 BOP Nº: 296
Aplicable dende: 28/12/1995

Artigo 1.º- Obxecto

A presente ordenanza ten por obxecto establece-los requisitos e o procedemento para o outorgamento da licencia de primeira utilización ou ocupación dos edificios.

Artigo 2.º-Edificios.

Ós efectos desta ordenanza teñen naturaleza de edificios as obras de nova planta e tamén os edificios resultantes da ampliación ou reforma de estructuras dos xa esistentes realizadas ó amparo dunha licencia urbanística.

Artigo 3.º- Finalidade.

A licencia de primeira utilización ou ocupación ten por finalidade exclusiva:

A) Comprobar que o edificio construído e a urbanización realizada simultaneamente, no seu caso, fixéronse de acordo co proxecto técnico e a licencia urbanística concedida no seu día.

B) Verificar que o construído reúne as condicións técnicas de seguridade, salubridade e ornato público.

C) Confirmar que o edificio pode destinarse a determinado uso

D) Asegurarse que o constructor repuxo, caso de habelos danado, os elementos e o equipamento urbanísticos afectados.

Artigo 4.º- Solicitude de licencias.

1. Os interesados en obter licencia de primeira utilización ou ocupación dun edificio, presentarán unha solicitude

dirixida ó alcalde que deberá conter, en todo caso, os seguintes datos:

A) Nome, apelidos do interesado ou, no seu caso, da persoa que o representa, así como a identificación do lugar que se sinale a efectos de notificación.

B) Identificación do edificio respecto do que se solicita a licencia, que haberá de conter con toda claridade.

C) Lugar, data e firma do solicitante ou do seu representante.

2. Os interesados deberán acompaña-la instancia cos seguintes documentos:

A) Fotocopia compulsada da preceptiva licencia de obra de nova planta, reforma de estructura ou ampliación.

B) Certificado de finalización de obra, e, no seu caso, da urbanización, conforme o proxecto técnico aprobado, expedido polo director da obra ou por técnico competente e, no seu caso, visado polo correspondente colexio coa indicación expresa de que a obra se axusta ó proxecto para o cal se ten licencia.

C) No seu caso, xustificantes de haber solicitado o alta no imposto de bens inmobles de naturaleza urbana e as conexións as redes de auga e alcantarillados.

D) Catro fotografías do edificio e o seu entorno e dúas dos viais adxacentes.

Artigo 5.º- Órgano competente para o outorgamento da licencia.

A competencia para outorga-la licencia corresponde ó alcalde, quen a poderá delegar na comisión de goberno

Artigo 6.º- Procedemento.

1. Iniciado o procedemento a solicitude de persoa interesada, impulsarase de oficio en tódolos seus trámites recabando o instructor simultaneamente informes dos Servicios Técnicos do Concello, da Intervención de Fondos e os que xuzgue necesarios para resolver, fundamentando a conveniencia de recabalos.

2. Nos informes dos Servicios Técnicos haberá de constar si a obra se fixo de acordo co proxecto técnico e/ou a licencia urbanística concedida; se foron debidamente restaurados os elementos urbanísticos e equipamento urbano que pudiesen quedar afectados como consecuencia das obras; se reúne as condicións de seguridade, salubridade e ornato público; e si o edificio é apto para o uso a que destina.

3. O informe de Intervención de Fondos versará en orde ás obrigacións de contido económico.

4. Os informes serán evaluados no prazo máximo de dez días.

Artigo 7.º- Obrigación de resolver

1. O alcalde ou, no seu caso, a comisión de goberno, está obrigado a dictar resolución expresa no prazo máximo de dous meses.

2. A aceptación dos informes e dictámenes servirá automaticamente de motivación á resolución cando se incorporen ó texto da mesma.

Artigo 8.º- Taxa municipal.

1. Constituirá o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se a licencia de primeira utilización ou ocupación dos edificios se axusta á normativa legal.

2. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas fisicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que soliciten a licencia ou se beneficien da mesma. En todo caso terán a consideración de substitutos do contribuínte os promotores, constructores e contratistas de obras.

3. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas fisicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria. Serán responsables subsidiarios os que así resulten por aplicación da Lei Xeral Tributaria.

4. A obrigación de contribuír nacerá no momento de comeza-la prestación do servicio, que terá lugar dende que se formule a solicitude de licencia, ou dende que o Concello realice as actuacións conducentes a verificar se é ou non autorizable a primeira utilización ou ocupación dos edificios efectuada sen a obtención da preceptiva licencia. A obrigación de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada ou modificada pola denegación no seu caso da licencia, renuncia ou desestimento do solicitante.

5. Tomarase como base de gravame da presente taxa o valor catastral que teña o edificio a efectos do imposto sobre bens inmobles de naturaleza urbana. Se a edificación non tivese asignado valor catastral, aplicarase como base a valoración que determinen os técnicos municipais.

6. O tipo de gravame a aplicar será o seguinte:

-Ata 5.000.000 de ptas. de valor catastral ou valoración:5.000 ptas.

-Máis de 5.000.001 ptas.: 7.500 ptas.

Artigo 9.º- Obrigación dos titulares do edificio.

1. Queda prohibida ós titulares do edificio construído a súa primeira ocupación previa á obtención de licencia de primeira utilización ou ocupación.

2. Nas transmisións ou enaxenacións totais ou parciais do inmoble construído, farase constar de forma fidedigna ós adquirentes a carencia de licencia de primeira ocupación, se esta non se obtivo ó tempo da transmisión ou enaxenación.

Artigo 10.º- Obrigacións das empresas subministradoras de enerxía eléctrica, auga, gas e telefonía.

1.Ó amparo do disposto no artigo 53 da Lei de Adaptación da do solo a Galicia, as empresas subministradoras de enerxía eléctrica, auga, gas e telefonía, deberán exigir para a contratación dos respectivos servicios a licencia de primeira utilización ou ocupación dos edificios.

2. O incumprimento desta esixencia por parte das empresas subministradoras dará lugar a que a Administración impoña unha multa do tanto ó quíntuplo do importe da acometida, sen perxuizo doutras sancións que resulten procedentes.

Artigo 11.º- Infracións.

Constitúe infracción urbanística a primeira ocupación de edificios sen a preceptiva licencia de primeira utilización ou ocupación, conforme dispón o artigo 261 do texto refundido da Lei sobre Réxime do Solo e Ordenación Urbana, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, en relación cos artigos 242.2 do mesmo corpo legal e 90 do Regulamento de Disciplina Urbanística, aprobado por Real Decreto 3288/1978, do 25 de agosto, declarado vixente polo Real Decreto 304/1993, do 26 de febreiro

Artigo 12.º- Sancións.

1. A infracción a que se refire o artigo anterior será sancionada con multa dun cinco por cento do valor da obra realizada, ata un máximo de duascentas cincuenta mil pesetas, se a actuación fose legalizable. conforme dispón o artigo 90 do Regulamento de Disciplina Urbanística, en relación con el 275 a) do Texto Refundido da Lei sobre Réxime do Solo e Ordenación Urbana.

2. Cando a actividade sinalada no artigo anterior non fose legalizable, será sancionada con multa de cinco a dez por cento do valor do edificio, planta, local ou dependencia ocupada, conforme dispón o artigo 79 do Regulamento de Disciplina Urbanística, ata o tope máximo dun millón de pesetas.

3. Para a graduación das sancións teranse en conta os criterios establecidos no artigo 82 da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.

4. En ningún caso poderá o Concello deixar de adopta-las medidas tendentes a restaurar o orde urbanístico vulnerado, dispoñendo a cesación inmediata da actividade de ocupación como medida cautelar.

Artigo 13.º- Persoas responsables.

Na primeira ocupación dos edificios sen licencia, serán responsables o promotor das obras e o que realice a ocupación, si fosen persoas distintas, tendo a multa que se impoña carácter independente.

Artigo 14.°-Órgano competente.

O órgano competente para a resolución do procedemento sancionador e o alcalde, quen poderá desconcentrar esta atribución na comisión de goberno

Artigo 15.º-Procedemento sancionador

A potestade sancionadora exerceráse mediante o procedemento establecido no regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado por Real Decreto 1.398/1993, do 4 de agosto.

Artigo 16.º-Réxime xurídico.

No previsto na presente ordenanza rexerán os preceptos do texto refundido da Lei sobre o Réxime Xurídico do Solo e Ordenación Urbana do Decreto da COTOP num. 311/1992, do 12 de novembro, sobre supresión da cédula de habitabilidade; da Lei 7/1985, de 2 de abril; do Regulamento de Disciplina Urbanística e da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e da demais normativa que resulte aplicable.

Segundo.- Sometela á información pública e audiencia dos interesados polo prazo mínimo de trinta días para a presentación de reclamacións e suxerencias, mediante anuncio a publicar no Boletín Oficial da Provincia. Se durante o prazo de exposición non se presentasen reclamacións ou suxerencias, se entenderá aprobada definitivamente.

2.º Somete-la a información e audiencia dos interesados polo prazo de 30 días para a presentación de reclamacións e suxerencias mediante anuncio a publicar no Boletín Oficial da Provincia. Se durante o citado prazo de exposición non se presentan reclamacións ou suxerencias entenderase definitivamente aprobada.