Ares - ORDENANZA REGULADORA DO OUTORGAMENTO DE LICENCIA DE PRIMEIRA UTILIZACIÓN OU OCUPACIÓN DOS EDIFICIOS.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 26/12/2023 BOP Nº: 244
Aplicable dende: 01/01/2024

Artigo 1.º- Obxecto

A presente ordenanza ten por obxecto establece-los requisitos e o procedemento para o outorgamento da licencia de primeira utilización ou ocupación dos edificios.

Artigo 2.º-Edificios.

Ós efectos desta ordenanza teñen naturaleza de edificios as obras de nova planta e tamén os edificios resultantes da ampliación ou reforma de estructuras dos xa esistentes realizadas ó amparo dunha licencia urbanística.

Artigo 3.º- Finalidade.

A licencia de primeira utilización ou ocupación ten por finalidade exclusiva:

A) Comprobar que o edificio construído e a urbanización realizada simultaneamente, no seu caso, fixéronse de acordo co proxecto técnico e a licencia urbanística concedida no seu día.

B) Verificar que o construído reúne as condicións técnicas de seguridade, salubridade e ornato público.

C) Confirmar que o edificio pode destinarse a determinado uso

D) Asegurarse que o constructor repuxo, caso de habelos danado, os elementos e o equipamento urbanísticos afectados.

Artigo 4.º- Solicitude de licencias.

1. Os interesados en obter licencia de primeira utilización ou ocupación dun edificio, presentarán unha solicitude

dirixida ó alcalde que deberá conter, en todo caso, os seguintes datos:

A) Nome, apelidos do interesado ou, no seu caso, da persoa que o representa, así como a identificación do lugar que se sinale a efectos de notificación.

B) Identificación do edificio respecto do que se solicita a licencia, que haberá de conter con toda claridade.

C) Lugar, data e firma do solicitante ou do seu representante.

2. Os interesados deberán acompaña-la instancia cos seguintes documentos:

A) Fotocopia compulsada da preceptiva licencia de obra de nova planta, reforma de estructura ou ampliación.

B) Certificado de finalización de obra, e, no seu caso, da urbanización, conforme o proxecto técnico aprobado, expedido polo director da obra ou por técnico competente e, no seu caso, visado polo correspondente colexio coa indicación expresa de que a obra se axusta ó proxecto para o cal se ten licencia.

C) No seu caso, xustificantes de haber solicitado o alta no imposto de bens inmobles de naturaleza urbana e as conexións as redes de auga e alcantarillados.

D) Catro fotografías do edificio e o seu entorno e dúas dos viais adxacentes.

Artigo 5.º- Órgano competente para o outorgamento da licencia.

A competencia para outorga-la licencia corresponde ó alcalde, quen a poderá delegar na comisión de goberno

Artigo 6.º- Procedemento.

1. Iniciado o procedemento a solicitude de persoa interesada, impulsarase de oficio en tódolos seus trámites recabando o instructor simultaneamente informes dos Servicios Técnicos do Concello, da Intervención de Fondos e os que xuzgue necesarios para resolver, fundamentando a conveniencia de recabalos.

2. Nos informes dos Servicios Técnicos haberá de constar si a obra se fixo de acordo co proxecto técnico e/ou a licencia urbanística concedida; se foron debidamente restaurados os elementos urbanísticos e equipamento urbano que pudiesen quedar afectados como consecuencia das obras; se reúne as condicións de seguridade, salubridade e ornato público; e si o edificio é apto para o uso a que destina.

3. O informe de Intervención de Fondos versará en orde ás obrigacións de contido económico.

4. Os informes serán evaluados no prazo máximo de dez días.

Artigo 7.º- Obrigación de resolver

1. O alcalde ou, no seu caso, a comisión de goberno, está obrigado a dictar resolución expresa no prazo máximo de dous meses.

2. A aceptación dos informes e dictámenes servirá automaticamente de motivación á resolución cando se incorporen ó texto da mesma.

Artigo 8.º- Taxa municipal.

Por cada visita de inspección por parte dos técnicos Municipais:

Vivendas Plurifamiliares:

- Primeira visita de inspección de vivenda plurifamiliar: 113,91 €.

- Segunda visita e posteriores: 56,95 €

Vivendas Unifamiliares:

- Primeira visita de inspección de vivenda unifamiliar: 56,95 €.

- Segunda visita e posteriores: 34,17 € /visita.

6.-O tipo de gravame a aplicar será o seguinte:

- Por cada vivenda: 137,97 €.

Artigo 9.º- Obrigación dos titulares do edificio.

1. Queda prohibida ós titulares do edificio construído a súa primeira ocupación previa á obtención de licencia de primeira utilización ou ocupación.

2. Nas transmisións ou enaxenacións totais ou parciais do inmoble construído, farase constar de forma fidedigna ós adquirentes a carencia de licencia de primeira ocupación, se esta non se obtivo ó tempo da transmisión ou enaxenación.

Artigo 10.º- Obrigacións das empresas subministradoras de enerxía eléctrica, auga, gas e telefonía.

1.Ó amparo do disposto no artigo 53 da Lei de Adaptación da do solo a Galicia, as empresas subministradoras de enerxía eléctrica, auga, gas e telefonía, deberán exigir para a contratación dos respectivos servicios a licencia de primeira utilización ou ocupación dos edificios.

2. O incumprimento desta esixencia por parte das empresas subministradoras dará lugar a que a Administración impoña unha multa do tanto ó quíntuplo do importe da acometida, sen perxuizo doutras sancións que resulten procedentes.

Artigo 11.º- Infracións.

Constitúe infracción urbanística a primeira ocupación de edificios sen a preceptiva licencia de primeira utilización ou ocupación, conforme dispón o artigo 261 do texto refundido da Lei sobre Réxime do Solo e Ordenación Urbana, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, en relación cos artigos 242.2 do mesmo corpo legal e 90 do Regulamento de Disciplina Urbanística, aprobado por Real Decreto 3288/1978, do 25 de agosto, declarado vixente polo Real Decreto 304/1993, do 26 de febreiro

Artigo 12.º- Sancións.

1. A infracción a que se refire o artigo anterior será sancionada con multa dun cinco por cento do valor da obra realizada, ata un máximo de duascentas cincuenta mil pesetas, se a actuación fose legalizable. conforme dispón o artigo 90 do Regulamento de Disciplina Urbanística, en relación con el 275 a) do Texto Refundido da Lei sobre Réxime do Solo e Ordenación Urbana.

2. Cando a actividade sinalada no artigo anterior non fose legalizable, será sancionada con multa de cinco a dez por cento do valor do edificio, planta, local ou dependencia ocupada, conforme dispón o artigo 79 do Regulamento de Disciplina Urbanística, ata o tope máximo dun millón de pesetas.

3. Para a graduación das sancións teranse en conta os criterios establecidos no artigo 82 da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.

4. En ningún caso poderá o Concello deixar de adopta-las medidas tendentes a restaurar o orde urbanístico vulnerado, dispoñendo a cesación inmediata da actividade de ocupación como medida cautelar.

Artigo 13.º- Persoas responsables.

Na primeira ocupación dos edificios sen licencia, serán responsables o promotor das obras e o que realice a ocupación, si fosen persoas distintas, tendo a multa que se impoña carácter independente.

Artigo 14.°-Órgano competente.

O órgano competente para a resolución do procedemento sancionador e o alcalde, quen poderá desconcentrar esta atribución na comisión de goberno

Artigo 15.º-Procedemento sancionador

A potestade sancionadora exerceráse mediante o procedemento establecido no regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado por Real Decreto 1.398/1993, do 4 de agosto.

Artigo 16.º-Réxime xurídico.

No previsto na presente ordenanza rexerán os preceptos do texto refundido da Lei sobre o Réxime Xurídico do Solo e Ordenación Urbana do Decreto da COTOP num. 311/1992, do 12 de novembro, sobre supresión da cédula de habitabilidade; da Lei 7/1985, de 2 de abril; do Regulamento de Disciplina Urbanística e da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e da demais normativa que resulte aplicable.

Segundo.- Sometela á información pública e audiencia dos interesados polo prazo mínimo de trinta días para a presentación de reclamacións e suxerencias, mediante anuncio a publicar no Boletín Oficial da Provincia. Se durante o prazo de exposición non se presentasen reclamacións ou suxerencias, se entenderá aprobada definitivamente.

2.º Somete-la a información e audiencia dos interesados polo prazo de 30 días para a presentación de reclamacións e suxerencias mediante anuncio a publicar no Boletín Oficial da Provincia. Se durante o citado prazo de exposición non se presentan reclamacións ou suxerencias entenderase definitivamente aprobada.