Lousame - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA
ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E NATUREZA
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 1242 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 do R.D. Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servicio do Punto de Atención a Infancia do Concello de Lousame (PAI), que se rexerá
Pola presente Ordenanza.
ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE
ARTIGO 3º.- SUXEITO PASIVO
Son suxeitos pasivos:
1. Os pais ou titores en canto representantes legais dos menores que se matriculen e reciben asistencia no PAI.
2. Quen solicita a matrícula do menor.
ARTIGO 4º.- RESPONSABLES
ARTIGO 5º.- CONTÍA - COTAS COMPLEMENTARIAS
A cota tributaria, determinarase por unha cantidade fixa, de acordo de acordo coas seguintes tarifas/mes:
a) 1 hora: 1 euro
b) 2 horas (cada día) 15 euros/mes
c) 3 horas (cada día) 25 euros/mes
d) 4 horas (cada día) 35 euros /mes
e) 5 horas (cada día) 45 euros/mes
f) 6 horas (cada día) 50 euros/mes
g) 7 horas (cada día) 60 euros/mes
h) 8 horas (cada día) 70 euros/mes
BONOS:
10 horas/mes 6 euros
20 horas/mes 12 euros
ARTIGO 6.- BENEFICIOS FISCAIS
1. Segundo as circunstancias da unidade familiar, das cotas resultantes de aplicar as tarifas establecidas realizaranse os seguintes descontos:
* 20 % no caso de nenos/as que pertenzan a unha familia numerosa.
* 20 % no caso de nenos/as que pertenzan a unha unidade familiar monoparental.
* 20 % no caso de asistencia dalgún irmán ó mesmo centro. No caso de que estes irmáns naceran en parto múltiple, o desconto será dun 30% por cada neno.
* 20% no caso de nenos/as que pertenzan a unha familia beneficiaria do programa de intervención familiar.
* Cando por circunstancias sobrevidas ( solicitude fóra de prazo, traslado de residencia, etc.), o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ó día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50%.
* No caso de familias con circunstancias económicas que impediran afrontar o pago das cotas, os gastos serán aboados por emerxencia social, previo informe de Servizos Sociais.
2. Cando varios casos de bonificación coincidan nunha mesma persoa serán acumulables.
ARTIGO 7.- OBRIGA DE PAGAMENTO
1. As taxas devénganse e nace a obriga de contribuír dende o momento no que se inicie a prestación do servizo do punto de atención a infancia.
2. Establecido e en funcionamento o servizo , as cotas aboaranse polos suxeitos pasivos nos dez primeiros días de cada mes e serán irreducibles.
3. Non se aboará a cota do mes de vacacións correspondente o verán.
4. Non será de aplicación esta exención ás vacacións distintas ás estivais, salvo causa debidamente xustificada.
5. Se con carácter excepcional o Centro estiverse pechado durante un período superior a 15 días consecutivos non se aboará a cota correspondente a dito período.
6. A non asistencia do neno/a durante un período determinado non suporá a reducción na cota a pagar, salvo causa debidamente xustificada ou mentres non se formalice a baixa correspondente.
7. O suxeito pasivo poderá solicita-la domiciliación do pago da taxa, nestes casos ordenarase o cargo en conta bancaria durante os primeiros dez días do período de pago.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
Para todo o non previsto neste texto será de aplicación a regulación contida na Lei 39/88, Reguladora das Facendas Locais, o Regulamento de Servizos dos Entes Locais, Lei 7/85, Reguladora das Bases de Réxime Local; Lei 30/92, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e Lei de Taxas e Prezos Públicos.