Teo - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización dos pavillóns polideportivos de titularidade municipal

Publicación provisional: 23/08/2008 BOP Nº: 193
Publicación definitiva: 16/10/2008 BOP Nº: 239
Aplicable dende: 17/10/2008

Artigo 1.-Réxime Xurídico

De conformidade có disposto no artigo 20.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, en relación có artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, o Concello de Teo estabrece a Taxa por utilización de pavillóns deportivos de titularidade municipal, que se regulará pola presente Ordenanza Fiscal, e no seu defecto, polo disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a Lei 58/2003, Xeral Tributaria, Regulamento Xeral de Recadación, RD 939/2005, de 29 de xullo, o RD 520/2005, de 13 de maio.

Artigo 2.º. Feito impoñible.

1.-A taxa regulada nesta Ordenanza Fiscal nesta ordenanza constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que se satisfará polos usuarios que voluntariamente soliciten a utilización das instalacións deportivas e culturais municipais que de seguido se detallan:
1.1.-Pavillóns polideportivos de Calo e Os Tilos (comprenderá a utilización dos vestiarios e duchas).
1.2.- Pavillón deportivo da Ramallosa.

Artigo 3.º . Suxeitos pasivos.

Están obrigados ó pagamento desta taxa quen solicite a utilización das instalacións deportivas e culturais municipais enumeradas no artigo anterior.
Non obstante o anterior, o Concello mediante acordo de Comisión de Goberno poderá subscribir acordos puntuais de colaboración sempre que isto redunde no interese xeral.

Artigo 4.º . Cota tributaria. Tarifa.

O importe da taxa pola utilización das instalación deportivas e culturais municipais, cinguirase ás seguintes tarifas:
4.1. Pavillóns polideportivos de Calo e Os Tilos.
a) Cando o solicitante non cobre entrada, a tarifa será de 10 euros por hora ou fracción.
b) Cando o solicitante cobre entrada a terceiros, a tarifa será de 20 euros por hora ou
fracción.
c) Cando a utilización sexa para actos extradeportivos a tarifa será de 35 euros por
hora ou fracción.
d) Cando se solicite unha hora fixa semanal no período comprendido entre o 1 de outubro e o 31 de maio, a tarifa será de 150 euros.
4.2. Pavillón polideportivo da Ramallosa.
1. Mentres as instalación cubertas da Ramallosa non dispoñan de vestiarios, as súas tarifas serán as seguintes.
a) Cando o solicitante non cobre entrada, a tarifa será de 5 euros por hora ou fracción.
b) Cando o solicitante cobre entrada a terceiros, a tarifa será de 10 euros por hora ou
fracción.
c) Cando a utilización sexa para actos extradeportivos a tarifa será de 20 euros por
hora ou fracción.
d) Cando se solicite unha hora fixa semanal no período comprendido entre o 1 de outubro e o 31 de maio, a tarifa será de 100 euros.
2. Cando o pavillón da Ramallosa dispoña de vestiarios, a tarifas que rexerán serán as establecidas para os pavillóns de Calo e dos Tilos.

Artigo 5.º . Normas de xestión.

1. As solicitudes para a utilización das instalacións deportivas ou culturais propiedade municipal serán realizadas nun escrito dirixido á Alcaldía do Concello de Teo polos interesados, cunha antelación mínima de 3 días hábiles en relación ó momento no que se pretenda a súa utilización, concretando a data, hora, actividade que se desenvolverá e demais circuns-tancias de interese.
2. A obriga do pagamento do da taxa orixinarase no momento no que se autorice a utilización das instalacións deportivas e culturais enumeradas no artigo 4.º.
A autorización corresponderá a Alcaldía do Concello de Teo ou Concellaría delegada de Cultura e Deportes. O encargado das instalacións non permitirá a súa utilización sen a presentación da autorización municipal e do xustificante de ter ingresado o correspondente prezo público.
3. O Concello de Teo, en casos debidamente xustificados, poderá esixir un depósito previo para responder, se é o caso, das indemnizacións polos desperfectos que poidan producirse nas instalacións deportivas e culturais municipais. Este depósito poderá constituírse en metálico, mediante aval bancario ou póliza de seguros. Devolverase o seu importe, previo informe da sección de Deportes ou Cultura en que conste que non se causaron danos ou que estes foron reparados.
4. Os gastos de persoal de servizo discontinuo (billeteiros, porteiros, vixilantes, electricistas...) e os gastos extraordinarios xerados serán por conta dos organizadores do acto.
5.-A liquidación da taxa realizarase mediante modelo de autoliquidación facilitado nas oficinas municipais e o ingreso farase nunha conta a nome do concello de Teo nas oficinas bancarias que se determinen.
6. Cando por causas non imputables ó obrigado ó pagamento da taxa a utilización non teña lugar, procederase á devolución do importe correspondente.
7. No caso de existir varias solicitudes coincidentes darase preferencia, no caso dos particulares, ós empadroados no Concello de Teo e, no caso de entidades, ás que teñan a súa sede social no Concello.

Artigo 6º.-Exencións.

Estará exento de pagamento o Concello de Teo nas actividades organizadas ou patrocinadas por este.
Os colexios públicos ou concertados do Concello de Teo, as asociacións sen animo de lucro inscritas no Rexistro municipal de asociacións e os clubes deportivos do Concello tamén poderán utilizar as instalacións deportivas ou culturais de propiedade municipal de xeito gratuíto, sempre que se trate de actividades culturais ou deportivas. Tamén será gratuíta a utilización polos veciños de Teo que carezan de local propio para tratar asuntos de interese veciñal.

Disposición Derradeira

A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor a partires do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e manterá a súa vixencia indefinidamente en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente.
Teo, 3 de outubro de 2008.
O Alcalde,
Martiño Noriega Sánchez.