Teo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E SOCIOCULTURAIS DE TITULARIDADE MUNICIPAL
Artigo 1.-Réxime Xurídico
Artigo 2.º. Feito impoñible.
1.-A taxa regulada nesta Ordenanza Fiscal constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que se satisfará polos usuarios que voluntariamente soliciten a utilización das instalacións deportivas e socioculturais municipais que de seguido se detallan:
1.1.-Pavillóns polideportivos de Calo, os Tilos e a Ramallosa e campo municipal da Cañoteira (comprenderá a utilización de vestiarios e duchas).
1.2.-Casas Comúns de Oza, Rarís, Lampai, A Torre-Cacheiras e Os Tilos.
1.3.- Auditorio do Centro Sociocultural da Ramallosa.
1.4. Locais socioculturais de Campos-Teo e Bamonde.
1.5. Salón de Actos de Calo.
1.6. Mediateca do Grilo-Cacheiras.
Artigo 3.º . Suxeitos pasivos.
Artigo 4.º . Cota tributaria. Tarifa.
O importe da taxa pola utilización das instalacións deportivas e culturais municipais, cinguirase ás seguintes tarifas:
a) Cando o solicitante non cobre entrada, a tarifa será de 10 euros por hora ou fracción.
b) Cando o solicitante cobre entrada a terceiros, a tarifa será de 20 euros por hora ou fracción.
c) Cando a utilización sexa para actos extradeportivos e extraculturais a tarifa será de 35 euros por hora ou fracción.
d) Cando se solicite unha hora fixa semanal no período comprendido entre o 1 de outubro e o 31 de maio, a tarifa será de 200 euros.
e) Cando se solicite o uso do pavillón como albergue a tarifa será de 5 euros por usuario e noite.
Artigo 5.º . Normas de xestión.
Artigo 6º.-Exencións.
1. Estará exentas de pagamento as actividades organizadas ou patrocinadas polo Concello de Teo.
2. Os colexios públicos ou concertados do Concello de Teo, as asociacións sen animo de lucro inscritas no Rexistro municipal de asociacións e os clubes deportivos con sede social no Concello Teo tamén poderán utilizar as instalacións deportivas ou culturais de propiedade municipal de xeito gratuíto, sempre que se trate de actividades culturais ou deportivas sen ánimo de lucro.
3. Será gratuíta a utilización dos locais socioculturais e deportivos municipais polos veciños de Teo que carezan de local propio para tratar asuntos de interese veciñal sempre que o seu uso non implique a presenza no local de persoal municipal fóra de horario de oficina.