Arteixo - ORDENANZA FISCAL Nº 25.-TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MERCADORIAS, MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN, REBO, VALOS, PUNTAIS, ASNILLAS, ESTADAS E OUTRAS INSTALACIÓNS ANÁLOGAS.
ARTIGO 1. Fundamento e natureza
ARTIGO 2. Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a realización da utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local con:
a) Valos, guindastres, elevadores, estadas e outras instalacións semellantes.
b) Puntais, asnillas e toda clase de apeo dos edificios.
c) Ocupación con mercadorias, materiais de construcción, rebo ou outros elementos similares.
d) Cortes de rúas para ubicación de calquera dos elementos anteriores
ARTIGO 3. Beneficios fiscais.
ARTIGO 4. Suxeitos pasivos.
ARTIGO 5. Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
ARTIGO 6. Base impoñibel.
ARTIGO 7. Cota tributaria.
ARTIGO 8. Devengo.
ARTIGO 9. Liquidación e ingreso.
ARTIGO 10. Normas de xestión.
1. As cotas sinaladas son irreducíbeis e a obriga de pagamento da taxa nace no momento de outorgarse a correspondente licenza ou no da iniciación da utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local
2. A licenza para a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local, solicitarase por medio de instancia dirixida á Alcaldía, achegando os documentos necesarios para valorar a solicitude. Unha vez tramitado o expediente ditarase Resolución da Alcaldía, comprobándose a autoliquidación practicada.
3. Cando con ocasión dos aproveitamentos regulados nesta ordenanza se produciran danos no pavimento ou instalacións da vía pública, os beneficiarios estarán suxeitos ao reintegro total dos gastos de reconstrución e reparación de tales danos ou reparar os danos causados, que serán, en todo caso, independentes das autoliquidacións ou liquidacións que se practiquen polos aproveitamentos realizados.
4. A ocupación da vía pública con guindastres ou aparatos elevadores, sempre que a súa base estea ocupando o dominio público local estará suxeita as tarifas estabelecidas nesta ordenanza, así coma a ocupación do voo da vía publica, segundo as tarifas fixadas na ordenanza fiscal n.º 20 "Taxa pola ocupación do subsolo, solo e voo de terreos de uso público local".
5. Rematado o prazo solicitado, as solicitudes de prórroga tramitaranse como unha nova autorización ou licenza, debendo achegar xuntamente coa solicitude, fotocopia da autoliquidación anterior practicada.