Cariño - ORDENANZA FISCAL Nº 7 REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACION DO SERVIZO DA REDE DE SUMIDOIROS
Artigo 1..-Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro: reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servicio de rede de sumidoiro, que se rexerá pola presente: ordenanza fiscal, das que as súas normas atenden ó prevido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2..-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa:
a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.
b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, de augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas.
Artigo 3.-Suxeito pasivo.
1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que sexan:
a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o propietario, usufructuario, ou titular do dominio útil do terreo.
b) No caso da prestación de servicios da letra b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios dos terreos do término municipal beneficiarios dos ditos servicios, calquera que sexa o seu título: propietario, usufructuario, habitacionistas ou arrendatarios, incluso en precario.
2.-En calquera caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o propietario destos inmobles, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4.-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obras do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e con alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5-Cota tributaria.
1.-A cota tributaria correspondente á concesión da licencia ou autorización de acometida á rede de sumidoiro sesixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 5.000 pesetas.
2.-A cota tributaria a esixir pola prestación dos servicios da rede de sumidoiros e depuración consistirá nunha cantidade fixa de 125 pesetas ó trimestre, por vivenda ou terreo.
Artigo 6.-Exencións e bonificacións.
Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción da presente taxa.
Artigo 7 .-Devengo.
1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir dende o momento no que se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose a mesma:
a) Na data de presentación da oportuna licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.
b) Dende que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. O devengo por ésta modalidade de taxa producirase con independencia de que se obtivese ou non a licencia de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para a súa autorización.
2.-os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e a súa depuración ten carácter obrigatorio para tódolos terreos do municipio que teñan fachada a rúas, prazas, ou vías públicas nas que exista rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e o terreo non exceda de cen metros. e devengarase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectua-la acometida da rede.
Artigo 8.-Xestión, liquidación e ingreso.
1.-A inclusión inicial no padrón farase de oficio unha vez concedida a licencia de acometida da rede. Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións da alta e a baixa no padrón de suxeitos pasivos da taxa, no prazo que media entre a data na que se produza a variación na titularidade do terreo e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións surtirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez rematado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.
2.-As cotas esixibles por ésta taxa liquidaranse e recadaranse polos mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de subministro e consumo de auga.
3.-No suposto de licencia de acometida. O contribuínte formulará a oportuna solicitude e os servicios tributarios deste Concello. unha vez concedida aquela, practicarán a liquidación que proceda, que será notificada para o seu ingreso directo na forma e prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 9.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo ás infraccións tributarias. así como das sancións que ás mesmas correspondan estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final.
A presente Ordenanza Fiscal, da cal a súa redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da corporación, en sesión celebrada o dous de decembro de 1995. entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do citado día, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación.