Cariño - ORDENANZA FISCAL Nº 7 REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACION DO SERVIZO DA REDE DE SUMIDOIROS

Publicación provisional: 02/12/1995 BOP Nº: 54
Publicación definitiva: 06/03/1996 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/2005

Artigo 1.-Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, este Concello establece a "Taxa pola prestación do servicio da rede de sumidoiros do Concello de Cariño", que se rexirá pola presente Ordenanza fiscal, onde as normas atenden ó previsto no artigo 57 do citado Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.

Artigo 2..-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa:

a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.

b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, de augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas.

Artigo 3.-Suxeito pasivo.

1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que sexan:

a) No suposto do feito impoñible sinalado na letra a) doi artigo 2º, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.

2.-En calquera caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuinte o propietario destes inmobles, quenes poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

Artigo 4.-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obras do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren o artigo 42 da Le i Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5-Cota tributaria.

1.-A cota tributaria correspondente ó feito impoñible establecido na letra a) do artigo 2 esixirase por unha soa vez e consistirá na contía fixa de 60,10 euros.

2.-A cota tributaria a esixir pola prestación dos servicios de sumidoiro e depuración consistirá nunha contía fixa de 2,40 euros por cuatrimestre.

Artigo 6.-Exencións e bonificacións.

Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción da presente taxa.

Artigo 7 .-Devengo.

1. O perído impositivo é o catrimestre natural.

2. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir, nos casos de alta, no momento no que se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendendose a mesma:

a) Na data de presentación da oportuna licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.

b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiro municipal. O devengo por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivese ou non a licencia de acometida e sen perxuizo da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para a súa autorización.

3. Establecido e en funcionamento o referido servicio, as cotas devengaranse o primeiro día do período impositivo, é dicir, do catrimestre natural, salvo nos supostos de inicio ou cese no suso do servicio, no que o importe da cota prorratearase por días naturais.

No caso de inicio no servicio en data diferente ó do primeiro día do catrimestre natural, as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de días naturais que restan para rematar o perídodo impositivo, incluído o de comezo de prestación da actividade.

No caso de cese no servicio, as cotas serán prorrateables por días naturais excluído aquel no que se produza o devandito cese.

4. Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais e a súa depruación ten carácter obrigatorio para tódalas fincas do municipio que teñan facahada a calles, prazas ou vías públicas nas que exista rede de sumidoiro, sempre que a distancia entre a rede e a finca non exceda de cen metros, e devengarase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectuar a acometida á rede.

Artigo 8.-Xestión, liquidación e ingreso.

1.-A inclusión inicial no padrón farase de oficio unha vez concedida a licencia de acometida da rede. Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións da alta e a baixa no padrón de suxeitos pasivos da taxa, no prazo que media entre a data na que se produza a variación na titularidade do terreo e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións surtirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez rematado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.

2.-As cotas esixibles por ésta taxa liquidaranse e recadaranse polos mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de subministro e consumo de auga.

3.-No suposto de licencia de acometida. O contribuínte formulará a oportuna solicitude e os servicios tributarios deste Concello. unha vez concedida aquela, practicarán a liquidación que proceda, que será notificada para o seu ingreso directo na forma e prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.

Artigo 9.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo ás infraccións tributarias. así como á determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e nas demáis Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento, de conformidade con que ordea o artigo 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo.

Disposición Adicional Unica. Modificación do Imposto

As modificacións que se instroduzcan na regulación do Imposto, polas Leis de Orzamentos Xerais do Estado ou por calesquera outras Leis ou disposicións, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente Ordenanza fiscal.

Disposición final.

A presente Ordenanza fiscal entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.