Oleiros - Ordenanza fiscal nº 25, reguladora do prezo público por actividades deportivas e culturais
Artigo 1º.- FUNDAMENTO E OBXECTO
Artigo 2º.- RÉXIME DOS PREZOS PÚBLICOS
Artigo 3º:- OBRIGADOS AO PAGO
Están obrigados ao pago do presente prezo público, as persoas e entidades que soliciten a realización de actividades suxeitas.
Artigo 4º: - CUANTÍA
O importe dos prezos públicos pola realización de actividades deberá cubrir como mínimo o coste da actividade realizada.
Cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público, que así o aconsellen, a Entidade poderá fixar prezos públicos por debaixo dos límites previstos no apartado anterior. Neste caso, consignarase nos orzamentos as dotacións oportunas para a cobertura da diferencia resultante, se a houbese.
Artigo 5º: -OBRIGACIÓN DE PAGO
A obrigación de pago do prezo público nace dende que se inicie a realización da actividade. Non obstante esixirase o depósito previo, aboándose mediante autoliquidación.
No suposto de ¿Obradoiros ocupacionais", deberá ingresarse a autoliquidación dentro do prazo de 8 días naturais, contados a partires do momento da publicación da lista de participantes no ¿Obradoiro Ocupacional" correspondente.
Cando por causas non imputables ao obrigado ao pago do prezo público, a actividade non se desenvolva, procederá a devolución do importe correspondente.
As débedas por este prezo poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento.
Artigo 6º.- Cota tributaria
Disposición final:
La presente ordenanza entrará en vigor el día de su publicación en el Boletín Oficial de la Provincia y comenzará a aplicarse a partir del 1 de enero de 1.999, permaneciendo en vigor hasta su modificación o derogación expresa
Dilixencia
Faise constar que a presente Ordenanza foi aprobada provisionalmente polo Concello Pleno, en sesión celebrada o día 11 de novembro de 1.998, publicándose o seu texto íntegro no B.O.P. Nº 299 de decembro de 1.998.
Por Pleno de data 25 de setembro do 2008 modificaronse os artigos 1º e 2º, publicandose os textos no BOP Nº 285 do 12 de decembro do 2008.