Boiro - Ordenanza fiscal núm 11, reguladora da taxa de recollida de lixo

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 26/12/2008 BOP Nº: 296
Aplicable dende: 01/01/2009

Artigo 1º.-Fundamento e natureza

En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLRFL), este Concello establece a "TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO", que se rexirá pola presente ordenanza fiscal, que nas súas normas atende ó previsto no artigo 57 do citado TRLRFL.

Artigo 2º.- Feito impoñible

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de recollida de lixos domiciliarios e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos donde se exercen actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servicios.

 

2. A tal efecto, consideranse lixos domiciliarios e residuos sólidos urbanos os restos e desperdicios de alimentación ou detritus procedentes da limpeza normal de locais ou vivendas e exclúense de tal concepto os residuos de tipo industrial, escombros de obras, detritus humáns, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos ou que a súa recollida ou verquido esixa a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.

           

3. Non está suxeita á Taxa a prestación, de caracter voluntario e a instancia de parte, dos seguintes servicios:

Ÿ         a)Recollida de lixos e residuos non calificados de domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.

Ÿ         b) Recollida de escorias e cinzas de calefacións centrais.

Ÿ         c) Recollida de escombros de obras.

Artigo 3º.- Suxeitos pasivos

1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais ubicados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas en que se preste o servicio, xa sexa a título propietario ou de usufrutuarios habitacionista, arrendatario ou, incluso de precario. 

2. Terá a consideración de suxeito pasivo substituto de contibuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios de aquelas.

Artigo 4º.- Responsables

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38 e seguintes da  Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º .-Exencións

As exencións e bonificacións aplicables ó abeiro desta Ordenanza serán as recollidas pola lexislación vixente.

Artigo 6º .-Cota tributaria

1.- (...)
2.- A tal efecto, aplicarase as seguintes tarifas:
A)Vivendas unifamiliares e baixos comercias sen actividade (nota 1)
18,77
B) Comercios, tendas en xeral e profesionales independentes, todos eles de menos de 100 m2
34,55
C) Comercios, tendas en xeral e profesionales independentes, todos eles de 100 ou máis m2
51,53
D) Gasolineiras, almacéns, obradoiros e garaxes, todos eles de menos de 100 m2:
43,26
E) Gasolineiras, almacéns, obradoiros e garaxes, todos eles de 100 ou máis m2:
85,19
F) Cafés, bares, restaurantes, salas de festa, discotecas, clubs, teatros, pubs, cines e similares, todos eles de menos de 100 m2:
56,32
G) Cafés, bares, restaurantes, salas de festa, discotecas, clubs, teatros, pubs, cines e similares, todos eles de 100 ou máis m2:
85,19
H) Hostais , fondas e casas de turismo rural:
51,71
I) Bancos, Caixas de Aforro, farmacias, restaurantes con vodas, clínicas médicas e veterinarias, pompas fúnebres e tanatorios:
86,40
J) Hoteis, supermercados de mais de 120 m2, fábricas e industrias:
172,87
K) Galpóns e outros (nota 2)
9,38
Nota (1): No caso do baixos comerciais deberán estar sen actividade (comercial, industrial¿) e sempre e cando estean en situación de ser utilizados.
Nota (2): No caso dos galpóns terán entidade propia e independencia da vivenda unifamiliar, é dicir, aqueles galpóns ubicados nunha parcela na que non existe unha vivenda.

Artigo 7º .- Retribución

1. Retribúes a Taxa e nace a obriga de contribuír dende o intre en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal de lixos domiciliarios nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas locais utilizados polos contribuíntes suxeitos á taxa, e sempre que dende a vivenda ou local ó lugar habilitado para o depósito do lixo polo contribuínte non exista unha distancia superior a 300 mts.

2.- Establecido e en funcionamento o referido servicio, a taxa retribuirás o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese no uso do servicio. Nestes casos o período impositivo axustarase a esa circunstancia, prorrateándose por trimestres.

No caso de inicio no servicio en data diferente ó un de xaneiro, as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de trimestres naturais que restan para finaliza-lo ano, incluído o de comenzo da prestación do servicio.

No caso de cese no servicio as cotas serán prorrateables por trimestres, excluído aquel no que se produza dito cese. A tal fin, os suxeitos pasivos poderán solicita-la devolución da parte da cota correspondente ós trimestres naturais nos que non se utilizara o servicio.

Si o inicio ou cese se debe a cambio no suxeito pasivo, a obriga tributaria de pago do trimestre corresponderá a quen o fora orixinariamente no trimestre de dito inicio ou cese.

Artigo 8º .-Declaración e ingreso

4.- O cobro dos recibos periódicos realizarase exclusivamente a través da Entidade Caixa Galicia, en virtude de contrato asinado en data 30 de xuño de 1997, agás os recibos que foran domiciliados, os cales serán cargados na conta sinalada ó efecto polos interesados, a través da entidade antes mencionada.

Artigo 9.- Infraccións e sancións

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así coma das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e ss. da LXT.

Disposición final

... A presente ordenanza foi modificada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 11 de novembro de 2003, publicada no BOP n.º ..., de data ..., e será de aplicación a partir do 1.1.2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.