Boiro - Ordenanza fiscal núm 11, reguladora da taxa de recollida de lixo
Artigo 1º.-Fundamento e natureza
En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLRFL), este Concello establece a "TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO", que se rexirá pola presente ordenanza fiscal, que nas súas normas atende ó previsto no artigo 57 do citado TRLRFL.
Artigo 2º.- Feito impoñible
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de recollida de lixos domiciliarios e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos donde se exercen actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servicios.
 
2. A tal efecto, consideranse lixos domiciliarios e residuos sólidos urbanos os restos e desperdicios de alimentación ou detritus procedentes da limpeza normal de locais ou vivendas e exclúense de tal concepto os residuos de tipo industrial, escombros de obras, detritus humáns, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos ou que a súa recollida ou verquido esixa a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.
3. Non está suxeita á Taxa a prestación, de caracter voluntario e a instancia de parte, dos seguintes servicios:
Ÿ a)Recollida de lixos e residuos non calificados de domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.
Ÿ b) Recollida de escorias e cinzas de calefacións centrais.
Ÿ c) Recollida de escombros de obras.
Artigo 3º.- Suxeitos pasivos
1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais ubicados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas en que se preste o servicio, xa sexa a título propietario ou de usufrutuarios habitacionista, arrendatario ou, incluso de precario.
2. Terá a consideración de suxeito pasivo substituto de contibuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios de aquelas.
Artigo 4º.- Responsables
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5º .-Exencións
Artigo 6º .-Cota tributaria
1.- A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles:
2.- A tal efecto, aplicarase as seguintes tarifas:
A)Vivendas unifamiliares e baixos comercias sen actividade (nota 1)  | 19,00  | 
B) Comercios, tendas en xeral e profesionales independentes, todos eles de menos de 100 m2  | 34,96  | 
C) Comercios, tendas en xeral e profesionales independentes, todos eles de 100 ou máis m2  | 52,15  | 
D) Gasolineiras, almacéns, obradoiros e garaxes, todos eles de menos de 100 m2:  | 43,78  | 
E) Gasolineiras, almacéns, obradoiros e garaxes, todos eles de 100 ou máis m2:  | 86,21  | 
F) Cafés, bares, restaurantes, salas de festa, discotecas, clubs, teatros, pubs, cines e similares, todos eles de menos de 100 m2:  | 57,00  | 
G) Cafés, bares, restaurantes, salas de festa, discotecas, clubs, teatros, pubs, cines e similares, todos eles de 100 ou máis m2:  | 86,21  | 
H) Hostais , fondas e casas de turismo rural:  | 52,33  | 
I) Bancos, Caixas de Aforro, farmacias, restaurantes con vodas, clínicas médicas e veterinarias, pompas fúnebres e tanatorios:  | 87,44  | 
J) Hoteis, supermercados de mais de 120 m2, fábricas e industrias:  | 174,94  | 
K) Galpóns e outros (nota 2)  | 9,49  | 
Nota (1): No caso do baixos comerciais deberán estar sen actividade (comercial, industrial¿) e sempre e cando estean en situación de ser utilizados.  | |
Nota (2): No caso dos galpóns terán entidade propia e independencia da vivenda unifamiliar, é dicir, aqueles galpóns ubicados nunha parcela na que non existe unha vivenda.  | |
Artigo 7º .- Retribución
1. Retribúes a Taxa e nace a obriga de contribuír dende o intre en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal de lixos domiciliarios nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas locais utilizados polos contribuíntes suxeitos á taxa, e sempre que dende a vivenda ou local ó lugar habilitado para o depósito do lixo polo contribuínte non exista unha distancia superior a 300 mts.
2.- Establecido e en funcionamento o referido servicio, a taxa retribuirás o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese no uso do servicio. Nestes casos o período impositivo axustarase a esa circunstancia, prorrateándose por trimestres.
No caso de inicio no servicio en data diferente ó un de xaneiro, as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de trimestres naturais que restan para finaliza-lo ano, incluído o de comenzo da prestación do servicio.
No caso de cese no servicio as cotas serán prorrateables por trimestres, excluído aquel no que se produza dito cese. A tal fin, os suxeitos pasivos poderán solicita-la devolución da parte da cota correspondente ós trimestres naturais nos que non se utilizara o servicio.
Si o inicio ou cese se debe a cambio no suxeito pasivo, a obriga tributaria de pago do trimestre corresponderá a quen o fora orixinariamente no trimestre de dito inicio ou cese.
Artigo 8º .-Declaración e ingreso
1. (...)
2. (...)
3. (...)
4. (Derrogado)
Artigo 9.- Infraccións e sancións
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así coma das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e ss. da LXT.
Disposición final
... A presente ordenanza foi modificada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 11 de novembro de 2003, publicada no BOP n.º ..., de data ..., e será de aplicación a partir do 1.1.2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Disposición adicional primeira
Nos exercizos nos que a Comunidade Autónoma de Galicia aprobe un canon bonificado para Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (SOGAMA) por cumprirse as condicións establecidas no número tres bis da disposición adicional vixésima primeira da Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamento xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, as tarifas da taxa de lixo no cuarto trimestre do ano serán as que se obteñan de aplicarlle as tarifas ordinarias recollidas no artigo 6.2 da ordenanza 11, a porcentaxe que represente o aforro que supón o canon bonificado con respecto o non bonificado aplicado as toneladas anuais que estimativamente serán enviadas a SOGAMA no exercizo no que se aplique para o Concello, en referencia o previsión ordinaria de ingresos do padrón do cuarto trimestre.
Disposición transitoria primeira
No caso do cuarto trimestre do exercicio 2019, as tarifas serán aplicadas con efectos retroactivos ó 1 de outubro do 2019, en aplicación do artigo 10 da LGT e do 39.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas, son:
| 
 A) Vivendas unifamiliares e baixos comercias sen actividade (nota 1)  | 
 15,53  | 
| 
 B) Comercios, tendas en xeral e profesionales independentes, todos eles de menos de 100 m2  | 
 28,57  | 
| 
 C) Comercios, tendas en xeral e profesionales independentes, todos eles de 100 ou máis m2  | 
 42,62  | 
| 
 D) Gasolineiras, almacéns, obradoiros e garaxes, todos eles de menos de 100 m2  | 
 35,78  | 
| 
 E) Gasolineiras, almacéns, obradoiros e garaxes, todos eles de 100 ou máis m2  | 
 70,45  | 
| 
 F) Cafés, bares, restaurantes, salas de festa, discotecas, clubs, teatros, pubs, cines e similares, todos eles de menos de 100 m2  | 
 46,58  | 
| 
 G) Cafés, bares, restaurantes, salas de festa, discotecas, clubs, teatros, pubs, cines e similares, todos eles de 100 ou máis m2  | 
 70,45  | 
| 
 H) Hostais , fondas e casas de turismo rural  | 
 42,76  | 
| 
 I) Bancos, Caixas de Aforro, farmacias, restaurantes con vodas, clínicas médicas e veterinarias, pompas fúnebres e tanatorios  | 
 71,46  | 
| 
 J) Hoteis, supermercados de mais de 120 m2, fábricas e industrias  | 
 142,96  | 
| 
 K) Galpóns e outros (nota 2)  |