Índice
Tordoia - Ordenanza fiscal nº 25, reguladora do prezo público das actividades deportivas e culturais
Publicación provisional:
02/12/2008
BOP Nº:
278
Publicación definitiva:
26/01/2009
BOP Nº:
20
Aplicable dende:
27/01/2009
Artigo 1. Fundamento e réxime
Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.0) do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real decreto 2/2004, de 5 de marzo establece a Taxa pola realización de actividades deportivas e culturais, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Texto refundido citado.
Artigo 2. Feito Impoñible
Constitúe o feito impoñible deste tributo:
a) a participación en actividades deportivas organizadas polo Concello de Tordoia
b) a participación en actividades culturais organizadas polo Concello de Tordoia
Artigo 3. Devengo
A obrigación de contribuír nacerá dende que se inicie a actividade
Artigo 4. Suxeitos pasivos
Son suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas que soliciten ou resulten beneficiadas das actividades que constitúen o feito impoñible desta taxa.
Artigo 5. Cota triburaria
As tarifas a aplicar serán as seguintes (en euros):
EMPADROADOS | NON EMPADROADOS | |||
ACTIVIDADE | PREZO ANUAL Idade ata 18 anos Máis de 65 anos | PREZO ANUAL De 18- 65 anos | PREZO ANUAL Idade ata 18 anos Máis de 65 anos | PREZO ANUAL De 18- 65 anos |
Judo | 35,00€ | 60,00€ | 45,00€ | 70,00€ |
Patinaxe | 35,00€ | 60,00€ | 45,00€ | 70,00€ |
Fútbol-sala | 35,00€ | 60,00€ | 45,00€ | 70,00€ |
Tenis | 35,00€ | 60,00€ | 45,00€ | 70,00€ |
Tenis de mesa | 35,00€ | 60,00€ | 45,00€ | 70,00€ |
Baile de salón | 35,00€ | 60,00€ | 45,00€ | 70,00€ |
Aérobic | 35,00€ | 60,00€ | 45,00€ | 70,00€ |
Ximnasia Mantemento | 35,00€ | 60,00€ | 45,00€ | 70,00€ |
Ximnasia integral 3ª Idade* | 35,00€ | 45,00€ |
Aqueles nenos que desexen realizar máis dunha actividade, terán un desconto do 10% na segunda, 20% terceira e a partires da cuarta actividade será gratuíta.
Para o resto dos cursos que se poidan realizar, aplicarse unha taxa de 10 euros por cada mes (ou fracción de mes) de duración que presenten.
*Ximnasia para a 3ª idade: comprenderá todas aquelas actividades físico - deportivas e de ocio dirixidas unicamente a terceira idade, como poden ser actividades de equilibrio, destreza, psicomotricidade, taller de memoria¿
Artigo 6. Normas de xestión
6.1. A solicitude de inscrición ós distintos cursos presentarase no Concello de Tordoia, en instancia dirixida ao señor alcalde, facendo constar idade e domicilio. A calidade de usuario será comunicado ao afectado, unha vez comprobado que a solicitude reúne todas as condicións esixidas e que existe cupo suficiente.
6.2. Dacordo co establecido na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, establécense as seguintes bonificacións:
1º neno | 2º neno | 3º neno | 4º neno | |
Familia numerosa | 100% prezo anual | 50% prezo anual | Gratuíto | Gratuíto |
Se ademais, o neno participa en máis dunha actividade, a segundo será a metade de prezo e a terceira e seguintes gratuítas.
Deben acreditar a condición de familia numerosa no momento de solicitar a inscrición coa presentación do libro de familia.
6.3. Os abonados deberán satisfacer as súas cotas dentro dos primeiros cinco días hábiles dos meses de outubro e de xaneiro. As cotas ingresaranse en calquera das contas abertas polo Concello de Tordoia, en Caixa Galicia ou no Banco Español de Crédito (BANESTO).
Artigo 7. Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/88 do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.
Artigo 8. Infraccións e sancións tributarias
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigo 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.
Disposición final
A presente Ordenanza entrará en vigor logo de se aprobar definitivamente e de se publicar no Boletín Oficial da Provincia, comezará a se aplicar a partir do día seguinte ao da súa publicación e permanecerá vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.