Tordoia - Ordenanza Fiscal nº 25, Reguladora do prezo público das actividades deportivas e culturais

Publicación provisional: 02/12/2008 BOP Nº: 278
Publicación definitiva: 26/01/2009 BOP Nº: 20
Aplicable dende: 01/01/2012

Artigo 1. Fundamento e réxime

Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.0) do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real decreto 2/2004, de 5 de marzo establece a Taxa pola realización de actividades deportivas e culturais, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Texto refundido citado.

Artigo 2. Feito Impoñible

Constitúe o feito impoñible deste tributo:

a) a participación en actividades deportivas organizadas polo Concello de Tordoia

b) a participación en actividades culturais organizadas polo Concello de Tordoia

Artigo 3. Devengo

A obrigación de contribuír nacerá dende que se inicie a actividade

Artigo 4. Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas que soliciten ou resulten beneficiadas das actividades que constitúen o feito impoñible desta taxa.

Artigo 5. Cota triburaria

As tarifas a aplicar serán as seguintes ( prezo anual en euros):

IDADES

EMPADROADOS

NON EMPADROADOS

Ata 18 anos Máis de 65 anos

50,00€

60,00€

De 18- 65 anos

80,00€

90,00€

Artigo 6. Normas de xestión

6.1. A solicitude de inscrición ós distintos cursos presentarase no Concello de Tordoia, en instancia dirixida ao señor alcalde, facendo constar idade e domicilio. A calidade de usuario será comunicado ao afectado, unha vez comprobado que a solicitude reúne todas as condicións esixidas e que existe cupo suficiente.

6.2. Dacordo co establecido na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, establécense as seguintes prezos:

1º neno

2º neno

3º neno

4º neno

Familia numerosa

100% prezo anual

100% prezo anual

Gratuíto

Gratuíto

Deben acreditar a condición de familia numerosa no momento de solicitar a inscrición coa presentación do libro de familia.

6.3. Os abonados deberán satisfacer as súas cotas dentro dos primeiros cinco días hábiles dos meses de outubro e de xaneiro. As cotas ingresaranse en calquera das contas abertas polo Concello de Tordoia, en Novagalicia Banco ou no Banco Español de Crédito (BANESTO).

Artigo 7. Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.

De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/88 do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.

As persoas con minusvalía igual ou superior ao 33% terán un desconto dun 50% no prezo de cada actividade. Deberán achegar orixinal do certificado de minusvalía.

Artigo 8. Infraccións e sancións tributarias

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigo 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.

Disposición final.-

A presente modificación da ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno do Concello de Tordoia en sesión celebrada o día 26 de Outubro de 2011 , comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2012, mantendo a súa vixencia ata a súa modificación ou derrogación expresa.