Malpica de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL Nº 7 REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DE ALCANTARILLADO

Publicación provisional: 13/03/1993 BOP Nº: 00
Publicación definitiva: 13/03/1993 BOP Nº: 00
Aplicable dende: 01/01/1994

Artigo 1- Fundamento Legal

1- De conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, establécese a taxa pola prestación do servizo municipal de alcantarillado.

2- Polo seu carácter de hixiénico sanitario, a recepción do servizo é obrigatorio para todos aqueles titulares de vivendas ou locales comerciais que se atopen a unha distancia non superior a 100 metros do recorrido da rede municipal de alcantarillado.

Artigo 2- Obriga de contribuir

1- Feito impoñible. Constitué o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, dirixida a comproba-las condicións precisas para autoriza-la conexión a rede municipal de sumidoiros, e prestación polo Concello do servizo de recepción obrigatoria de alcantarillado a vivendas, establecemento de hostelería e todo tipo de locais adicados á realización de actividades industriais, comerciais ou similares.

2. Suxeito pasivo. están obrigados ó pagamento da taxa en concepto de contribuintes as persoas físicas e xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, os titulares, usufructuarios, arrendatarios ou ocupantes por calquera concepto de inmobles ós que se preste o servizo.

Terán a consideración de sustitutos do contribuinte os propietarios dos inmobles, que poderán repercuti-lo importe da taxa no seu caso, sobre os respectivos beneficiarios.

Artigo 3- Cota Tributaria.

1- Determinarase a cota da presente taxa pola natureza e destino dos inmobles suxeitos.

2- A cota tributaria determinarase por aplicación da seguinte tarifa:

Concepto: Pesetas

Epígrafe 1 Dereitos de acometida:

1.1 Por cada acometida autorizada polo Concello: 5.000

Epígrafe 2 Prestación do servicio.

Nos inmobles os que non se presta o servizo municipal, de abastecemento de auga en:

2.1 Vivendas Familiares: 438

2.2 Locais de negocio: 876

Nos inmobles que dispoñen de auga de abastecemento municipal a cota anterior incrementarase na contía de 6 pesetas por cada metro cúbico de auga consumida e facturada no mesmo período.

3- A periodicidade no cobramento da taxa será trimestral, prorratenadose a tal efecto a cantidiade anual que corresponda.

Artigo 4- Exencións ou bonificacións.

Non se outorgarán exencións ou bonificacións algunhas nos importes das cotas sinaladas na presente Ordenanza.

Artigo 5. Administración e cobranza.

1.- Anualmente formarase un padrón no que figurará os contribuintes afectados e as cotas que se liquiden a cada un deles por aplicación da presente Ordenanza. O dito padrón será exposto o público polo prazo de quince días a efectos de reclamacións, previo anuncio no Boletín Oficial da Provincia e nos lugares de costume do Municipio.

2- Transcorrido o prazo de exposición ó público, O Concello resolverá sobre as reclamacións presentadas e aprobará definitivamente o Padrón, que servirá de base para a confección dos documentos cobratorios correspondentes.

Artigo 6- Baixas e altas no Padrón.

As baixas deberán solicitarse antes do últimos día laborable do período anual no que se produzan, e terán efectos a partir do seguinte. Quen incumpla tal obriga seguirá suxeito o pagamento da taxa.

As altas que se produzan dentro do exercicio producirán efectos desde o primeiro día do trimestre natural no que se soliciten, previa notificación ó suxeito pasivo da incorporación ó correspondente padrón.

Artigo 7- Cotasl Liquidas e non satisfeitas.

As cotas liquidadas e non satisteitas dentro do período voluntario faranse efectivas pola vía de contriximento, con arranxo ás normas contidas no Rugulamento Xeral de Recadación.

Artigo 8 Infraccións e Sancións.

en todo o relativo á cualificación de infranccións tributarias, así como das snacións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria, segundo o establecido no artigo 11 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais.

Artigo 9- Partidas Fallidas

Consideraránse e declararanse partidas fallidas ou créditos incobrable aquelas cotas que non poideran facerse efectivas polo procedemento de constrinximento, declaración para a que se normalizará o oportuno expediente de acordo co previsto no vixente Regulamento Xeral de Recadación.

Disposición Final.

A presente Ordenanza entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1994, e aplicarase desde esa data ata que se acorde expresamente a súa modificación ou derrogación.