Malpica de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL Nº 7 REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DE ALCANTARILLADO
ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO LEGAL
1.- En uso das facultades concedidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 57 en relación cos artigos 15 ó 17 e 20.4 r) do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais o Concello de Malpica establece a taxa pola prestación do pola prestación do servizo municipal de sumidoiros, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
2.- Polo seu carácter de hixiénico sanitario, a recepción do servizo é obrigatoria para todos aqueles titulares de vivendas ou locais comerciais que se atopen a unha distancia non superior a 100 metros do recorrido da rede municipal de sumidoiros.
ARTIGO 2º. SERVICIO PÚBLICO LOCAL
Entenderase como servizo público local do Concello de Malpica, a efectos da aplicación da presente ordenanza fiscal, o prestado conforme ás competencias atribuídas no artigo 25, 26.1 e 85 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de Réxime Local.
ARTIGO 3º. FEITO IMPOÑIBLE
1.-Terá a consideración de feito impoñible regulado na presente ordenanza fiscal todas aquelas actividades municipais desenvolvidas con motivo da prestación taxa pola prestación do servizo municipal de sumidoiros, por ter a prestación deste servizo a consideración de imprescindible para a vida privada dos suxeitos pasivos pola presente taxa.
2.- De acordo co previsto nos artigos 57 e 20.4 r) do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, constitúe o feito impoñible desta taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, dirixida a comproba-las condicións precisas para autoriza-la conexión a rede municipal de sumidoiros, e prestación polo concello do servizo de recepción obrigatoria de sumidoiros a vivendas, establecementos de hostalería e todo tipo de locais destinados á realización de actividades industriais, comerciais ou similares, servizos que se concretan nas seguintes:
a) Concesión de licenza de acometida á rede municipal de sumidoiros
b) Prestación do servizo de conexión da tubaxe que enlaza a tubaxe interior de saneamento do inmoble coa rede municipal de saneamento
c) Prestación do servizo de sumidoiros a vivendas
d) Prestación do servizo de sumidoiros a locais destinados á realización de actividades industriais, comerciais ou similares
ARTIGO 4º.- SUXEITO PASIVO
1.- Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, aqueles que soliciten ou resulten beneficiadas polos servizo a que se refire o artigo 3 º da presente ordenanza fiscal.
2.-Terán a consideración de suxeitos pasivos, cando se trate da concesión de licenza de acometida á rede de sumidoiros, os promotores, no caso de inmobles de nova construción e os propietarios, usufrutuarios ou titulares do dominio útil dos inmobles ou actividades, cando estes non sexan de nova construción.
3.- Terán a consideración de suxeitos pasivos, no caso da prestación do servizo no que se beneficien ou fagan uso do servizo de sumidoiros os propietarios, usufrutuarios, arrendatarios ou precaristas. En todo caso, terán a consideración de suxeito pasivo, substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais, o propietario destes inmobles, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servizo.
4.-Na prestación do servizo de conexión da tubaxe que enlaza a tubaxe interior de saneamento do inmoble coa rede municipal de saneamento , terán a consideración de suxeitos pasivos os promotores de inmobles de nova construción que se beneficien da acometida á rede así como os propietarios, usufrutuarios ou titulares do dominio útil dos inmobles ou actividades, cando estes no sexan de nova construción.
ARTIGO 5º.- RESPONSABLES
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refire o artigo 42 Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinale o artigo 42 Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
ARTIGO 6º .- BASE IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE
A base da presente taxa determinarase por aplicación da modalidade e uso de servizo que se corresponda coas clasificacións que se establecen na seguinte táboa:
MODALIDADE DE PRESTACIÓN DE SERVICIO | TIPOS DE USO DO SERVIZO | ELEMENTO PARA A DETERMINACION DA BASE IMPOÑIBLE |
a) Concesión de licenza de acometida á rede municipal de sumidoiros | Doméstico ou industrial | Autorización para a conexión á rede de sumidoiros de vivendas e locais destinados á realización de actividades industriais, comerciais ou similares |
b) Prestación do servizo de conexión da tubaxe que enlaza a tubaxe interior de saneamento do inmoble coa rede municipal de saneamento | Doméstico ou Industrial | Unidade de acometida á rede municipal de saneamento |
c) Prestación do servizo de sumidoiros | Doméstico | M3 de auga verquida |
d) Prestación do servizo de sumidoiros | Industrial | M3 de auga verquida |
ARTIGO 7º.-COTAS TRIBUTARIAS
1. As cotas tributarias esixiranse por aplicación de Cadro de tarifas no que se determinan as cotas pola natureza e destino dos inmobles suxeitos en función dos feitos impoñibles definidos no artigo 3º da presente Ordenanza Fiscal.
As cotas tributarias do Cadro de tarifas, será actualizadas anualmente na mesma proporción que a variación irternanual experimentada polo índice xeral dos prezos ó consumo para o conxunto nacional total (IPC) no mes de outubro. Dita actualización será efectiva a partires do día 1 de xaneiro do ano inmediato posterior.
Cadro de tarifas
TARIFA | COTA | |
Epígrafe 1.- Concesión de licenza de acometida á rede municipal de sumidoiros | 39,24 | |
Epígrafe 2 .- Prestación do servizo de conexión da tubaxe que enlaza a tubaxe interior de saneamento do inmoble coa rede municipal de saneamento | Por cada unidade de acometida, con distancia menor de | 300,00 |
Por cada unidade de acometida con distancia menor de | 650,00 | |
Epígrafe 3.1.- Prestación do servizo de sumidoiros a vivendas | Para todos os inmobles dispoñan ou non de abastecemento municipal de auga potable (cota fixa) | 3,43 |
Por cada M3 de auga consumida e facturada no mesmo período polo servizo municipal de abastecemento de auga (cota variable) | 0,05 | |
Epígrafe 3.2.- Prestación do servizo de sumidoiros a locais destinados á realización de actividades industriais, comerciais ou similares | Para todos os inmobles dispoñan ou non de abastecemento municipal de auga potable (cota fixa) | 6,87 |
Por cada M3 de auga consumida e facturada no mesmo período polo servizo municipal de abastecemento de auga (cota variable ) | 0,05 |
ARTIGO 8 º. DEVENGO E PERÍODO IMPOSITIVO
1.- A obriga de contribuír nace no momento de prestarse o servizo, previa a correspondente solicitude, ou dende que se utilice este sen ter obtido a previa licenza, debéndose depositar previamente ó pagamento correspondente ás modalidades de concesión de licenza de acometida á rede municipal de sumidoiros e prestación do servizo de conexión da tubaxe que enlaza a tubaxe interior de saneamento do inmoble coa rede municipal de saneamento.
2.- O período impositivo para as modalidades de prestación do servizo de sumidoiros a vivendas e locais destinados á realización de actividades industriais, comerciais ou similares coincide co ano natural, excepto cando se trate de solicitudes de inicio ou alta no servizo, abarcando neste caso o período impositivo dende o trimestre comprendido dende a data de autorización de alta ata o final do ano natural.
3.- A taxa se devenga o primeiro día do período impositivo e as cotas serán rateadas por trimestres naturais, a tal fin a Administración Municipal, para as modalidades prestación do servizo de sumidoiros a vivendas e locais destinados á realización de actividades industriais, comerciais ou similares, elaborará un padrón trimestral das persoas ou entidades obrigadas ó pagamento.
ARTIGO 9 º.- EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS
De conformidade co disposto no artigo 9 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, non se concederá exención ningunha respecto á taxa regulada pola presente ordenanza, salvo os que sexan consecuencia do establecido no tratados ou acordos Internacionais ou os previsto con rango de Lei.
ARTIGO 10 º.- TRAMITACIÓN DA CONCESIÓN DE AUTORIZACIONS
1.- A concesión da licencia correspondente a concesión sinalada no Epígrafes 1 e a prestación do servizo sinalado no Epígrafe 2 do cadro de tarifas, serán autorizadas polo alcalde do Concello de Malpica de Bergantiños mediante acto administrativo, conforme ás atribucións concedidas polo artigo 21.1 ll) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e 24 do Real Decreto Lexislativo 781/1986.
2.- As solicitudes de concesión de licenzas de servizo de conexión serán solicitadas individualmente, por cada vivenda ou industria.
3.-.Cando se presente a solicitude ou se inicie o expediente os suxeitos pasivos pola concesión das licenzas correspondente ás modalidades a) e b) da táboa do artigo 3 da presente Ordenanza Fiscal estarán obrigados a ingresa-lo importe de taxa en concepto de depósito previo, de acordo co artigo 26.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais .O importe de taxa en concepto de depósito previo será autoliquidado polo suxeito mediante a aplicación do Cadro de Tarifas . Non se tramitará o expediente nin se permitirá a ultilización da modalidade de servizo solicitado sen que se teña efectuado o pagamento correspondente.
4.- Tramitado o correspondente expediente, e comprobado o importe de taxa en concepto de depósito previo autoliquidado polo suxeito pasivo, procederase á concesións da licenzas sinaladas nos Epígrafes 1 e 2 e a prestación dos servizo sinalado nos Epígrafes 3.1 e 3.2 do cadro de tarifas, elevándose o depósito previo á liquidación definitiva ó concederse as licenza solicita ou iniciarse a prestación do servizo solicitado.
7.- Os interesados, no suposto de denegación da autorización poderán solicita-la devolución do importe do depósito previo.
ARTIGO 11º .- REGULAMENTO DO SERVIZO E COBRANZA
1.- Cando o solicitante dunha concesión de licenza de acometida á rede xeral de sumidoiros efectuase aquela en data anterior á data do acto administrativo de concesión da autorización, satisfará como taxa de acometida o 200 por 100 do importe que lle correspondese aboar por cada acometida realizada sen autorización.
2.- As licenzas de acometida se clasifican en:
a) Para usos domésticos, é dicir, para atende-las necesidades da vida e hixiene privada.
b) Para usos industriais, considerándose dentro destes, os hoteis, bares, tabernas, garaxes, fábricas, colexios, ou calquera actividade cualificada como actividade industrial ou comercial nas tarifas do Imposto de Actividades Económicas.
c) Para usos oficiais.
3.- Os gastos que ocasione a renovación ou instalación de tubaxes non pertencentes á rede xeral de sumidoiros do concello serán cubertas polos interesados.
4.- Tódalas obras para conduci-los verquidos , dende inmoble do solicitante ou aboado a rede do servizo municipal de saneamento, serán de conta deste, se ben se realizará baixo a dirección municipal e na forma que o concello indique.
5.- O cobro da taxa pola prestación do servizo de sumidoiros a vivendas ou locais destinados á realización de actividades industriais, comerciais ou similares farase mediante recibos trimestrais. A cota que non se fixese efectiva, dentro do mes seguinte á terminación do período respectivo, esixirase pola vía de prema ós suxeitos pasivos da taxa pola modalidade de prestación do servizo de sumidoiros.
ARTIGO 12º INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.
DISPOSICIÓN FINAL
1. A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia", e comezará a aplicarse a partires do día 1 de outubro de 2012, ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.
2. A presente Ordenanza, que consta de doce artigos, foi aprobada polo Pleno en sesión extraordinaria, celebrada o día 12 de xullo de 2012 .