Cerceda - ORDENANZA FISCAL Nº 7, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

Publicación provisional: 02/11/2001 BOP Nº: 251
Publicación definitiva: 02/11/2001 BOP Nº: 251
Aplicable dende: 01/01/2007

Artigo 1. Normativa aplicable.

O imposto sobre construccións, instalacións e obras  rexerase neste municipio:

a) Polas normas reguladoras do mesmo, contidas no Real decreto 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais; e polas demais disposicións legais e regulamentarias que complementen e desenrolen dita lei.

b) Pola presente ordenanza fiscal

Artigo 2. Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, obtivérase ou non  dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello.

2. O feito impoñible  prodúcese pola mera realización das construccións, instalacións e obras mencionadas; e afecta a todas aquelas que se realicen neste término municipal, aínda que se esixa a autorización doutra Administración.

Artigo 3. Construccións, instalacións e obras suxeitas.

Son construccións, instalacións e obras suxeitas ó imposto todas aquelas nas que a execución implique a realización do feito impoñible definido no artigo anterior e, en particular, as seguintes:

a) As obras de nova planta e de ampliación de edificios, ou necesarias para a implantación, ampliación, modificación ou reforma de instalacións de calquera tipo.

b) As obras de modificación ou de reforma que afecten á estructura, ó aspecto exterior ou á disposición interior dos edificios, ou que incidan en calquera clase de instalacións existentes.

c) As obras provisionais.

d) A construcción de vados para a entrada e saída de vehículos das fincas na vía pública.

e) As construccións, instalacións e obras realizadas na vía pública por particulares ou polas empresas suministradoras de servicios públicos, que corresponderán tanto ás obras necesarias para a apertura de calas e pozos, colocación de postes de soporte, canalizacións, conexións e, en xeral, calquera remoción do pavimento ou aceras, como as necesarias para a reposición, reconstrucción ou arranxo do que  poidera estragarse coas calas mencionadas.

f) Os movementos de terra, tales como desmontes, explanacións, excavacións, terraplenados, agás que estos actos estén detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización ou edificación aprobado ou autorizado.

g) As obras de cerre dos solares ou dos terreos e dos valos, os andamios e as andamiaxes de precaución.

h) A nova implantación, a ampliación, a modificación, a substitución ou o cambio de emprazamento de todo tipo de instalacións técnicas dos servicios públicos, calquera que sexa o seu emprazamento.

i) Os usos e instalacións de carácter provisional.

j) A instalación, reforma ou calquera outra modificación dos soportes ou valas que teñan publicidade ou propaganda.

k) As instalacións subterráneas dedicadas ós aparcamentos, ás actividades industriais, mercantís ou profesionais, ós servicios públicos ou a calquera outro uso a que se destine o subsolo.

l) A realización de calquera outras actuacións establecidas polos plans de ordenación ou polas ordenanzas que lles sexan aplicables como suxeitas a licencia municipal, sempre que se trate de construccións, instalacións ou obras.

Artigo 4. Exencións.

Está exenta do pago do imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, as Comunidades Autónomas ou as Entidades Locais, que estando suxeitas ó mesmo, vaian a ser directamente destinadas a carreteras, ferrocarriles, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto se se trata de obras de inversión nova como de conservación.

Artigo 5. Suxeitos pasivos.

1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.

Ós efectos previstos no parágrafo anterior, terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a  súa realización.

2. No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte, terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do mesmo aqueles que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras.

O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.

Artigo 6. Base impoñible.

A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra entendéndose por tal, a estos efectos, o custo de execución material daquela.

Non forman parte da base impoñible, o imposto sobre o valor engadido, as taxas, precios públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso coa construcción instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución material.

Artigo 7. Tipo de gravame e cota.

1. O tipo de gravame será o 2,80 por cento.

2. A cota deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.

Artigo 8. Bonificacións.

1. Establécese unha bonificación de ata o 50 por cento a favor das construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá dita declaración, así como o establecemento da porcentaxe aplicable, ó Pleno da Corporación e  acordarase previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.

2. Establecerase unha bonificación do 30 por cento a favor das construccións, instalacións ou obras referentes ás vivendas de protección oficial.

A bonificación prevista neste apartado  aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións a que se refire o apartado anterior.

3. Establécese unha bonificación do 90 por cento a favor das construccións, instalacións ou obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados.

A bonificación prevista neste apartado  aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións a que se refiren os apartados anteriores.

Artigo 9. Devengo.

O imposto devéngase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente licencia.

Artigo 10. Xestión.

1. A xestión do imposto,  levarase a cabo polo órgano da Administración que resulte competente, ben en virtude de competencia propia, ben en virtude de convenio ou acordo de delegación de competencias; todo iso conforme ó preceptuado nos artigos 7, 8 e 103 do Real decreto 2/2004; así como nas demais disposicións que resulten de aplicación.

2. A xestión, liquidación, recaudación e inspección do imposto levarase a cabo conforme ó preceptuado nos artigos 2.2, 10, 11, 12, 13 e 104 do Real decreto lexislativo 2/2004; e nas demais normas que resulten de aplicación.

3. Os suxeitos pasivos estarán obrigados a presentar ante este Concello declaración-liquidación segundo o modelo determinado polo mesmo, que conterá os elementos tributarios imprescindibles para a liquidación procedente. Dita declaración-liquidación deberá presentarse acompañada de xustificante de ter ingresado a cota tributaria, ó mesmo tempo que insta o outorgamento da correspondente licencia urbanística.

Artigo 11. Revisión.

Os actos de xestión, liquidación, recaudación e inspección do imposto serán revisables conforme ó procedemento aplicable á entidade que os dicte. En particular, cando ditos actos sexan dictados por unha entidade local, os mesmos  revisaranse conforme ó preceptuado no artigo 14 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais.

Artigo 12.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso,  estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final única. Aprobación, entrada en vigor y modificación de la ordenanza fiscal.

La presente ordenanza fiscal, aprobada por el Pleno del Ayuntamiento en sesión celebrada el 18 de febrero de 2003, comenzará a regir con efectos desde el 1 de enero de 2003, y continuará vigente en tanto no se acuerde su modificación o derogación. En caso de modificación parcial de esta ordenanza fiscal, los artículos no modificados continuarán vigentes.