Arzúa - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DE LA TASA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 07/11/2003 BOP Nº: 256
Aplicable dende: 08/11/2003

Artigo 1º .-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade có disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola expedición de documentos administrativos que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas e ó previsto no artigo 58 da devandita Lei 39/1988.

Artigo 2º .-Feito imponible.

1.-Constitúe o feito imponible da taxa a actividade administrativa desenvolvida co motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes dos que entenda a Administración ou as Autoridades Municipais.

2.-A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non fora mediada solicitude expresa do interesado.

3.-Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación do servicio ou realización de actividades de competencia municipal e á utilización privativa ou ó aproveitamento especial de bens do dominio público municipal, que estean gravados por outra Taxa Municipal ou polos que se esixan un prezo público por este Concello.

Artigo 3º .-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que o soliciten, provoquen ou teñan interés na tramitación do documento ou expediente do que se trate.

Artigo 4º .-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os Administradores das Sociedades e dos Síndicos, Interventores ou Liquidadores de quebras, concursos, sociedades e Entidades en xeral, nos supostos e có alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º .-Exencións e bonificacións.

Non hai exencións e bonificacións por esta taxa.

Artigo 6º .-Cota tributaria.

1.-A cota tributaria determinaráse por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa Tarifa que contén o artigo seguinte.

2.-A cota da Tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

Artigo 7º .-Tarifa.

A tarifa a que se refire o artigo anterior estructurase nos seguintes epígrafes:

Epígrafe Primeiro: Empadroamento de habitantes:

1.-Certificacións de empadroamento: 2,50 euros.

2.-Certificados ou informes de convivencia e residencia: 2,50 euros.

3.-Actas de comparecencias: 6,00 euros.

4.-Outros certificados ou informes: 5,00 euros.

Epígrafe segundo: Certificacións e compulsas

1.-Certificación de documentos ou Acordos municipais: 2,50 euros.

2.-Certificación de nomenclatura e numeración de solares urbanos enclavados no Término Municipal: 2,50 euros.

3.-Certificacións sobre sinais ou situacións de tráfico:

   - Sen plano: 6,00 euros.

   - Con plano: 9,00 euros.

4.-A dilixencia de compulsa ou cotexo de documentos: pola primeira dilixencia 1 Euros, polas seguintes 0,30 euros.

No caso de entidades sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de 0,10 euros por cada dilixencia de compulsa ou cotexo.

5.-Polo bastanteo de poderes que produzan efectos nas Oficinas Municipais: 30,00 euros.

6.-As demais certificacións ou informes: 2,50 euros.

Epígrafe terceiro: Documentos expedidos ou estendidos polas Oficinas Municipais:

1.-Por expedición de certificacións e informes en expedientes de traspaso, cambio de titularidade ou semellantes:

   - Con informe técnico: 75 euros.

   - Sen informe técnico: 30 euros.

2.-Por cada documento que se expida en fotocopia, por folio: 0,20 euros.

Epígrafe cuarto: Documentos relativos a Servicios de Urbanismo:

1.-Por cada expediente de declaración de ruína de edificios: 90,00 Euros.

2.-Por cada certificación ou informe que se expida polos servicios urbanísticos solicitada a instancia de parte:

   - Con visita de comprobación: 75,00 euros.

   - Sen visita de comprobación: 30,00 euros.

3.-Por cada acta de aliñamento de rúas, ensanches, etc.: 75,00 euros.

4.-Por expedición de copias de planos: 1,00 euro por copia.

5.-Polas certificacións ou informes a incluír en expedientes de solicitude de subvencións de rehabilitación, acondicionamento ou reconstrucción de vivendas rurais: 10,00 euros.

6.-Por cada expediente de parcelación, segregación, división ou agrupación: 90,00 euros.

7.-Por cada expediente acreditativo da antigüidade das edificacións sobre incoación ou non de expediente de reposición da legalidade ou sancionador:

   - Por Vivenda ou local de máis de 40 anos: 30 euros.

   - Por Vivenda ou local de menos de 40 anos:

A) Ata 100 m2 de superficie: 600 euros.

B) De 101 m2 a 150 m2 de superficie: 750 euros.

C) De máis de 150 m2 de superficie: 900 euros.

8.-Por cada expediente de resolución sobre solicitude de recoñecemento de explotacións agrícolas e gandeiras:

   - Para as construccións ou instalacións nas que a suma de superficies sexan menores ou iguais os 500 m2: 50,00 euros.

   - Para as construccións ou instalacións nas que a suma de superficies estean comprendidas entre os 501 m2 e os 1000 m2: 60,00 euros.

   - Para as construccións ou instalacións nas que a suma de superficies sexan superiores os 1000 m2: 90,00 euros.

9.-Outras certificacións ou informes urbanísticos: 75,00 euros.

Epígrafe quinto: Contratación Obras e Servicios:

1.-Constitución, substitución e devolución de fianzas definitivas para licitacións e obras municipais, por cada acto: 20 euros.

Epígrafe sexto: Outros expedientes ou documentos:

1.-Por cada expediente para a celebración dos actos de voda civil no Concello: 90,00 euros.

Artigo 8º .-Devengo.

1.-Devengarase a taxa e nacerá a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

2.-Nos casos os que se refire o número 2 do artigo 2.º , o devengo producese cando teñan lugar as circunstancias que proveña na actuación municipal de oficio ou cando esta se iniciase sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

Artigo 9º .-Declaración e ingresos.

1.-A Taxa esixirase en réxime de autoliquidación, polo procedemento do ticket municipal adherido ó escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente ou co mesmo ticket se aquel escrito non existise, ou a solicitude non fora expresa.

Artigo 10º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición adicional primeira.

Ós efectos previstos no número 4, do Epígrafe Segundo, do Artigo 7.º , o persoal encargado do Rexistro Xeral deberá realiza-las comprobacións das copias dos documentos con respecto o seu orixinal; xustificándose así nesas copias.

Disposición adicional segunda.

Cando os diversos Departamentos, dende os que se preste servicios neste Concello, precisen dispoñer da copia compulsada dunha documentación ou da súa fiel concordancia co orixinal, para que produza efectos nun expediente (dos que teñan que tramitarse dende dito Departamento) serán os propios funcionarios ou traballadores dese Departamento os que soliciten vía interna directamente: Ou a compulsa daquela documentación, ou, no seu caso de ser suficiente a acreditación da súa comprobación có orixinal; sen que en ningún dos anteriores supostos proceda esixi-lo devengo de taxa algunha ó interesado ou beneficiario en tales expedientes.

Disposición final.

A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 29 de outubro de 2.003, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día seguinte o desta publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.