Índice
Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 6, REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO CON MERCADORÍAS, MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN, ESCOMBROS, VALOS, PUNTAIS, CABALETES, ESTADAS E OUTRAS INSTALACIÓNS ANÁLOGAS.
Publicación provisional:
11/02/1999
BOP Nº:
34
Publicación definitiva:
11/02/1999
BOP Nº:
34
Aplicable dende:
01/01/2008
Artigo 1º. Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 20.4 c) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por ocupación de terreos de uso público local con mercadorías ,materiais de construción,escombros, valos, puntais, armazóns de esteos, estadas e outras instalacións análogas, que se regula pola presente Ordenanza Fiscal segundo o previsto no artigo 57 do devandito Real decreto.
Artigo 2º.-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible de esta taxa o aproveitamento especial de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construción, escombros, valos puntais, armazóns de esteos, estadas e outras instalacións análogas.
Artigo 3º.-Suxeito pasivo.
As persoas físicas o xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 decembro Xeral Tributaria que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular.
Artigo 4º. Responsables.
1- Responderán solidariamente das débedas tributarias as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2- Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Artigo 5º.-Base impoñible.
Constitúe a Base impoñible da taxa o valor que tería no mercado a utilidade derivada da utilización o aproveitamento do dominio público local pola ocupación do mesmo con mercadorías, materiais de construción, escombros, valos, puntais, armazóns de esteos, estadas e outras instalacións análogas.
Artigo 6º.-Cota tributaria.
Será a que resulte da aplicación das seguintes tarifas, atendendo á superficie ocupada polos aproveitamentos, expresado en metros cadrados.
Tarifa primeira. Ocupación da vía pública con mercadorías.
a) Ocupación ou reserva especial da vía pública ou terreos de uso público que fagan os industriais con materiais ou produtos da industria ou comercio á que dediquen a súa actividade, comprendidos os vagóns ou vagonetas metálicas denominadas "containers", por mes e metro cadrado: 8,26 €.
b) Ocupación ou reserva especial da vía pública de modo transitorio, por mes e metro cadrado: 8,26 €.
Tarifa segunda. Valos, puntais, cabaletes, estadas, etc.
Ocupación da vía pública ou terreos de uso público con valos, caixóns de cerramento, sexan ou non para obras, e outras instalacións análogas, incluídas as grúas e os silos de xeso, por metro cadrado ou fracción, ó mes: 8,26 €
As ditas tarifas serán irreducibles por fraccións de tempos inferiores.
Artigo 7º.-Devengo.
a) Coa presentación da solicitude da ocupación ou aproveitamento, que non se tramitará sen que se tivera efectuado o pago correspondente.
b) Dende o momento en que se iniciase a ocupación ou aproveitamento, se este tivese lugar sen a preceptiva licencia municipal.
c) Tratándose de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, devengarase periodicamente o día 1 de xaneiro de cada ano.
Artigo 8º.-Período impositivo.
Coincidirá, o período impositivo, co ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese no aproveitamento especial, nese caso o período impositivo axustarase a esa circunstancia co conseguinte prorrateo da cota, que terá lugar, en todo caso, por meses completos.
Artigo 9º.-Réxime de declaración e ingreso.
Este Concello poderá establecer convenios de colaboración con entidades, institucións e organizacións representativas dos suxeitos pasivos da taxa, co fin de simplificar o cumprimento das obrigas formais e materiais, derivadas de aquela ou os procedementos de liquidación ou recadación.
Cando por causas non imputables ó suxeito pasivo, o aproveitamento especial non se produza, procederá a devolución do importe correspondente.
Establécense dúas modalidades:
Autoliquidación:
Coa solicitude de autorización de aproveitamento especial do dominio público, terá que acompañarse a folla de autoliquidación, ingresada na Tesourería Municipal ou Entidade colaboradora do Concello.
Declaración:
Coa solicitude de aproveitamento especial do dominio público, presentarase declaración polos interesados, na que se reflectirá a superficie a ocupar, para a súa liquidación e pago da cota, na Tesourería Municipal ou Entidade colaboradora.
Artigo 10º.-Pago da taxa.
Efectuarase, o pago da taxa, tratándose de concesións de novos aproveitamentos, por ingreso directo na Tesourería Municipal ou Entidade colaboradora designada polo Concello, sen xustificante do cal non poderá retirarse a licencia.
No suposto de concesións de aproveitamento xa autorizados e prorrogados unha vez incluídas no correspondente Padrón Municipal, por anos naturais, nas Oficinas da Recadación Municipal ou Entidade Colaboradora.
Artigo 11º.-Normas de xestión.
Terá que ir acompañada, a solicitude de aproveitamento especial do dominio público local dunha declaración na que conste a superficie que se pretende ocupar, reflectida nun plano detallado do seu emprazamento concreto dentro do termo municipal.
O Concello procederá a practicar a oportuna liquidación complementaria, que terá que ser satisfeita, antes de retirar a licencia, de producirse contradición, entre a superficie declarada e a que se pretende ocupar realmente.
Entenderase prorrogada, unha vez autorizada a ocupación ou aproveitamento mentres non se acorde a súa caducidade pola Alcaldía ou se presente baixa xustificada polo interesado ou polos seus lexítimos representantes, no caso de falecemento, salvo as autorizacións outorgadas por un prazo concreto.
As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas a terceiros. Orixinando, o incumprimento desta prohibición a anulación da licencia.
Artigo 12º.-Reintegro do custo ou reparación de danos.
Cando o aproveitamento especial leve aparellado a destrución ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, sen prexuízo do pago da taxa a que houbera lugar, estará obrigado o reintegro do custo total dos respectivos gastos de reconstrución ou reparación e ó depósito previo do seu importe, segundo informe dos Servizos Técnicos Municipais, sen o cal non será outorgada a licencia.
Se os danos foran irreparables, a entidade será indemnizada en contía igual o valor dos bens destruídos ou ó importe de deterioro dos danados.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza fiscal, aprobada definitivamente polo Pleno do Concello de Ordes en sesión celebrada o 29 de outubro de 2007 comezará a aplicarse a partir do primeiro de xaneiro do ano dous mil oito, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.