Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DO SUBSOLO, SOLO E VOO DA VÍA PÚBLICA.

Publicación provisional: 01/03/1999 BOP Nº: 48
Publicación definitiva: 30/04/1999 BOP Nº: 97
Aplicable dende: 30/04/1999

Artigo 1º.- Concepto.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, e artigo 106 da Lei 7/1985 do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e artigo 20 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola ocupación do subsolo, solo e voo da vía pública.

Artigo 2º.- Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta Ordenanza as persoas ou entidades a prol das que se outorguen as licencias ou que se beneficien do aproveitamento se se procedeu sen a oportuna autorización.

Artigo 3º.- Contía.

A contía da taxa que se regula nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas nos apartados seguintes.

 

a)      Pola ocupación do voo da vía pública con cables, roscas de ás ou similares, por unidade e metro lineal: 100 pesetas/ano ou fracción no núcleo urbano de Negreira e 10 pesetas/ano ou fracción no medio rural.

b)      Pola colocación de postes en terreos de uso público, por unidade: 500 pesetas/ano no núcleo urbano e 100 pesetas/ano no medio rural.

c)      Pola colocación de básculas, aparatos ou máquinas automáticas que afecten a zonas de uso público, por unidade: 4.000 pesetas/ano no núcleo urbano e 500 pesetas/ano no medio rural.

d)      Pola colocación doutras instalacións ou ocupacións distintas das anteriores, por unidade, metro lineal, metro cadrado ou metro cúbico, segundo corresponda: 500 pesetas/ano ou fracción no núcleo urbano e 100 pesetas/ano no medio rural.

e)      Por calquera ocupación no subsolo, 50 pesetas/unidade ó ano ou fracción que sexa no núcleo urbano, e 5 pesetas ó ano ou fracción no medio rural.

 

Non obstante o anterior, para as empresas explotadoras de servicios de subministros que afecten á xeneralidade ou unha parte importante da veciñanza, a contía da taxa consistirá, en todo caso, e sen excepción, no 1,5% dos ingresos brutos procedentes da facturación que obteñan anualmente no termo municipal de Negreira as referidas empresas.

Artigo 4º.- Normas de xestión.

As cantidades esixibles con arranxo a esta ordenanza liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles.

As persoas ou entidades interesadas na concesión dos aproveitamentos regulados nesta ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licencia.

 Unha vez autorizada a ocupación, se non se determinou con exactitude a súa duración, entenderase prorrogada ata que se presente declaración de baixa polos interesados.

 A declaración de baixa producirá efectos a partir do día primeiro do período natural de tempo seguinte sinalado nos epígrafes das tarifas.

Artigo 5º.- Obrigación de pagamento.

A obrigación de pagamento da taxa nace, tratándose de concesións de aproveitamento da vía pública, no momento de solicita-la correspondente licencia prorrateándose polo tempo que reste do ano natural. Tratándose de concesións de aproveitamento autorizadas e prorrogadas, o día primeiro de cada un dos períodos naturais de tempo autorizados.

Disposición final.

A presente ordenanza entrará en vigor e comezará a aplicarse unha vez publicada integramente no BOP e transcorra o prazo a que fai referencia o artigo 70.2 en relación co 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e permanecerá en vigor ata o momento da súa modificación ou derogación expresa.