Sada - Ordenanza fiscal nº 6, reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos

Publicación provisional: 21/03/1998 BOP Nº: 65
Publicación definitiva: 21/03/1998 BOP Nº: 65
Aplicable dende: 24/01/2006

Artigo 1.-Fundamento e natureza.

En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, e ó amparo do disposto nos artigos 58 e 20.4.a) da mesma lei, este Concello establece a Taxa por expedición de documentos, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal.-

Artigo 2.- Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as Autoridades Municipais.

2. A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.

3. Non estará suxeita a esta Taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servicios ou realización de actividades de competencia municipal e á utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens do dominio público municipal, que estean gravados por outra Taxa Municipal ou polos que o Concello esixa un prezo público.

Artigo 3.- Suxeito Pasivo.

Son suxeitos pasivos desta Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refiren o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que soliciten, provoquen ou que teñan un interese no que redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4.- Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41.1 e 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.- Beneficios Fiscais.

Non estarán suxeitos á Taxa aqueles contribuíntes nos que concorra algunha das seguintes circunstancias :

- Que soliciten compulsa de documentos e certificacións requiridos polos Servicios Sociais deste Concello ou destinados á matriculación en colexios ou centros oficiais de ensino.

- Que soliciten compulsa de documentos que deban integrarse nos expedientes relativos á concesión de subvencións por este Concello mediante convocatoria pública.

Artigo 6.- Cota Tributaria.

1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa Tarifa que contén o artigo seguinte.

2. A cota de Tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.

Artigo 7.- Tarifa.

A tarifa á que se refire o artigo anterior estructurase nos seguintes epígrafes:

Epígrafe primeiro. Censos de poboación

Conceptos, Euros

1. Certificados de empadroamento.-

no Padrón vixente, 3 euros.-

en Padróns anteriores, 6 euros.-

2. Certificados de convivencia e residencia, 3 euros.-

3. Informes de conducta e análogos, declaracións xuradas, autorizacións paternas e comparecencias e demais documentos análogos non comprendidos nos apartados anteriores, 5 euros..-

Epígrafe segundo. Certificacións e compulsas de documentos.-

Conceptos, Euros

1. Certificacións de documentos ou acordos municipais, 3 euros.-

2. Certificacións que supoñan busca ou consulta de arquivo, 6 euros.-

3. Copia de acta de atestado levantada pola Policía Local sobre accidente de tráfico, 30 euros.-

4. Certificación ou informe sobre situación de tráfico e outras actuacións da Policía Local, 6 euros.-

5. Dilixencia de cotexo e visado de documentos en xeral, 1 euro.-

6. Bastanteo de poderes para surtir efectos nas Oficinas Municipais, 6 euros.-

7. Certificacións e informes en expedientes de traspaso, de apertura ou similares, de locais comercias ou industriais, 6 euros.-

8. Documentos que se expidan en fotocopias. Por folio, 0,10 euros.-

9. Pola tramitación das solicitudes para participar nos procesos de selección do persoal ó servicio desta Administración .-

Grupo A/asimilado, 25 euros..-

Grupo B/asimilado, 20 euros..-

Grupo C/asimilado, 15 euros..-

Grupo D/asimilado, 10 euros..-

Grupo E/asimilado, 6 euros..-

10. Documentos análogos non comprendidos nos apartados anteriores, 5 euros.-

Epígrafe terceiro. Documentos relativos a servicios de urbanismo.-

Concepto, Euros

1. Expediente de declaración de ruína de edificios, 150,00 euros.-

2. Por cada certificación de servicios urbanísticos, 3 euros.-

3. Por cada expediente acreditativo da antigüidade das edificacións, 25 euros..-

4. Por cada cédula urbanística, consulta ou informe sobre terreos a efectos de edificación, a instancia de parte, 30 euros.-

5. Por cada expediente de concesión de instalación de rótulos ou mostras, 6 euros.-

6. Solicitudes varias: ocupación de solo público, acometidas de auga e rede de sumidoiro, sinais de vao, concesión de nichos, colocación de lápidas, instalacións de tempada, etc. Por cada una, 3 euros.-

7. Por expedición de copias de planos de cartografía municipal, aliñación de rúas, ensanches, de planos obrantes en expedientes de concesión de licencias, etc .-

DIN A4 1 euro.-

DIN A3 2 euros.-

DIN A2 3 euros.-

DIN A1 4 euros.-

maior que DIN A1 5 euros..-

8. Por cada proxecto de compensación, 300 euros.-

9. Por cada proxecto de estudio de detalle, 300 euros.-

10. Por cada proxecto de urbanización, 600 euros.-

11. Por cada Plan Parcial, 900 euros.-

12. Por cada acta de comprobación de replanteo de edificios ou vivendas, 30 euros..-

13. Por cada proxecto de segregación ou división de fincas:

polas dúas primeiras parcelas resultantes da división, 180 euros.-

por cada parcela que exceda das dúas primeiras, 150 euros.-

14. Por cada proxecto presentado para a obtención da licencia non suxeita ós Regulamentos de 30/11/61 (RAMINP) ou de 27/08/92 de Policía de actividades recreativas, 15 euros.-

15. Por cada solicitude de renovación de licencias de obras maiores, 18 euros.-

16. Por cada solicitude de renovación de licencias de obras menores, 10 euros.-

17. Por cada expediente de cambio de titularidade de licencia urbanística: o 10% do importe dos tributos da licencia municipal de obras correspondente.-

18. Documentos análogos non comprendidos nos apartados anteriores, 5 euros.-

Epígrafe cuarto. Contratación de obras e servicios.-

Concepto, Euros

1. Por cada contrato administrativo , 3 euros.-

2. Certificacións de obras e actas de recepción, cada unha, 3 euros.-

3. Documentos análogos non comprendidos nos apartados anteriores, 5 euros.-

Epígrafe quinto. Outros expedientes ou documentos.-

Concepto, Euros

1. Por expediente para a celebración de actos de matrimonio civil no concello, 60 euros.-

2. Exemplar encadernado de Ordenanzas Fiscais, 15 euros.-

3. Licencias de cans potencialmente perigosos , 10 euros.-

4. Concesión de tarxetas de armas para a utilización de carabinas de aire comprimido, 30 euros.-

5. Por calquera outro expediente ou documento non expresamente tarifado, 3 euros.-

Artigo 8.- Bonificacións da cota.

Non se concederá bonificación algunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na Tarifa desta Taxa.

Artigo 9.- Devengo

1. Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ao tributo.

2. Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2º, o devengo se produce cando teñan lugar as circunstancias que motivan a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

Artigo 10.- Declaración e ingreso.

1. A Taxa esixirase en réxime de autoliquidación, polo procedemento do selo municipal ou copia da liquidación practicada con xustificante de pago en metálico, adherido ao escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou nestes mesmos se aquel escrito non existise, ou a solicitude non fose expresa.

2. Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/92, de 26 de decembro, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non se lles dará curso sen que se corrixa a deficiencia, para o que se requirirá ó interesado co fin de que, no prazo de dez días aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse ditos escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

3. As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal a petición dos xulgados ou tribunais para toda clase de preitos, cando sexan probas propostas a instancia de parte, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se aboara a correspondente cota tributaria.

4. Os funcionarios que teñan ó seu cargo a tramitación dos expedientes suxeitos ó pago desta taxa, non admitirán nin cursarán documento algún sen que leve adherido o selo correspondente, sobre o que se estampará a data para inutilizalo.

Artigo 11.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, asi como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición Final.

A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día vintecatro de xuño de dous mil cinco, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día primeiro de xaneiro de dous mil seis, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.-