Santa Comba - Ordenanza fiscal nº 10, reguladora da taxa de sumidoiro
Artigo 1º.- Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 19 do Texto refundido da Lei de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, este Concello establece a "Taxa de sumidoiro", que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ó previsto no artigo 57 do citado Real Decreto Legislativo, así coma polo previsto na Ordenanza Xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos locais
Artigo 2º.- Feito impoñible.
1.- Constitúe o feito impoñible da Taxa:
a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar si se dan as condicións necesarias para autorizar a cometida a rede de sumidoiro municipal.
b) A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiro municipal, e o seu tratamento para depuralas.
2.- Non estarán suxeitas á Taxa as fincas derrubadas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.
Artigo 3º.- Suxeito pasivo.
1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e ás entidades os que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que sexan:
a) Cando se trate da concesión da licenza da acometida a rede, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.
b) No caso da prestación de servizos do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do termo municipal beneficiarios de ditos servizos, calqueira que sexa o título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso en precario.
2.- En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o propietario destes inmobles, os que podrían repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servizo.
Artigo 4º.- Cota Tributaria.
1.- A cota tributaria correspondente a concesión da licenza ou autorización da acometida á rede de sumidoiro esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 32,31 Euros.
2.- A cota tributaria a esixir pola prestación dos servizos de sumidoiro e depuración determinarase en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos, utilizada na finca.
A tal efecto, aplicarase a seguinte tarifa:
- Vivendas dotadas de contador de auga:
Por cada metro cúbico de auga consumida.......... 0,03 céntimos de euro.
- Vivendas ou locales que non teñan instalado contador de auga, por cada unidade de superficie, tomándose por unidade de superficie, cada 100 metros cadrados ou fracción, ou mes......... 0,32 céntimos de euro.
3.- En ningún caso poderá tomarse o consumo da auga que sexa inferior o mínimo facturable polo seu subministración. A cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínima esixible.
Artigo 5º.- Devengo.
1.- Devengase a Taxa e nace a obrigación de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible, entendéndose a mesma:
a) Na data da presentación da oportuna solicitude da licenza da acometida, si o suxeito pasivo o formulase expresamente.
b) Dende que teña lugar a efectiva acometida a rede do sumidoiro municipal. O devengo por esta modalidade da Taxa producirase con independencia de que sse obtuvera ou non a licenza da acometida e sen prexuizo da iniciación do expedente administrativo que se poida instruir para a súa autorización.
2.- Os servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para todalas fincas do Municipio que teñan fachada as rúas, plazas ou vías públicas no que exista sumidoiro, sempre que a distancia entre a rede e a finca na que exceda dos cen metros, e devengarase a Taxa ainda cando ós interesados non procedan a efectuar a acometida a rede.
Artigo 6º.- Declaración, liquidación e ingreso.
1.- Os suxeitos pasivos sustitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da Taxa, no prazo que media entre a data na que se produza a variación na titularidade da finca e o derradeiro día do mes natural seguinte. Estas derradeiras declaracións srtirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez finalizado o prazo da presentación de ditas declaracións de alta e baixa.
A inclusión inicial no Censo farase de oficio unha vez concedida a licenza da acometida a rede.
2.- As cotas esixibles por esta Taxa liquidaranse e recaudaránse polos mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de subministración e consumo de auga.
3.- No suposto da licenza da acometida, o contribuínte formulará a oportuna autoliquidación no momento da solicitude en modelo oficial á súa disposición nas Oficinas Xerais deste Concello. A mesma terá carácter de provisional a conta da definitiva que será realizada polos servizos tributarios do concello no momento da concesión da licencia
DISPOSICIÓN FINAL
La presente modificación de la ordenanza entrará en vigor una vez aprobada definitivamente y sea publicada en el Boletín Oficial de la Provincia, y comenzará a aplicarse a partir del día 1 de enero de 1999, permaneciendo en vigor hasta su modificación o derogación expresa.
DISPOSICIÓN FINAL.
A presente Ordenanza fiscal, cuya redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o vinte e un de setembro de mil novecentos oitenta e nove, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día un de xaneiro de mil novecentos noventa, permanecendo en vigor ata a sús modificación ou derrogación expresa.
Por acordo plenario celebrado o día 29 de novembro de 2005 (BOP nº 33 do 9 de febreiro de 2006) modificouse o artigo 5º.
O presente texto entrará en vigor o 1 de Xaneiro de 2007, continuando o vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa