Vimianzo - Ordenanza fiscal núm. 7, reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica
Publicación provisional:
BOP Nº:
Publicación definitiva:
31/12/2007
BOP Nº:
300
Aplicable dende:
01/01/2008
Artigo 1.
De conformidade co previsto no art. 95.4 do RDL 2/2204, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o coeficiente de incremento das cotas do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica aplicable neste concello queda fixado en 1,20 sobre o cadro de tarifas do artigo 95.1 da citada Lei.
Artigo 2.
O pagamento do imposto acreditarase mediante a declaración - liquidación ou o recibo debidamente validado pola entidade recadadora.
Artigo 3.
1. No caso de primeiras adquisicións dun vehículo ou cando estes se reformen de maneira que se altere a súa clasificación para os efectos do presente imposto, os suxeitos pasivos presentarán nos lugares que determine a Deputación Provincial de A Coruña, no prazo de trinta días, que comezará a contar dende a da data da adquisición ou reforma, declaración-liquidación por este imposto segundo o modelo aprobado pola mesma Corporación, ó que se acompañará a documentación acreditativa da súa compra ou modificación, certificado das súas características técnicas e o Documento Nacional de Identidade ou o código de identificación fiscal do suxeito pasivo.
2. Simultaneamente á presentación da declaración-liquidación a que se refire o apartado anterior, o suxeito pasivo ingresará o importe da cota do imposto resultante desta. Esta autoliquidación terá a consideración de liquidación provisional en tanto que pola oficina xestora non se comprobe que esta se efectuou mediante a correcta aplicación das normas reguladoras do imposto.
Artigo 4.
1. No caso de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para a circulación, a recadación das correspondentes cotas realizaranse mediante o sistema de padrón anual no que figuran tódolos vehículos suxeitos ó imposto que se atopen inscritos no correspondente Rexistro público a nome de persoas ou entidades domiciliadas neste término municipal.
2. O padrón ou matrícula do imposto exporase ó público anualmente para que os lexítimos interesados poidan examinalo e, no seu caso, formula-las reclamacións oportunas. A exposición ó público anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e producirá os efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxeitos pasivos.
Artigo 5.
En relación coa exención dos vehículos de minusválidos prevista no parágrafo 2.º da letra e) do apartado 1.º do artigo 94 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, o interesado deberá presenta-lo certificado de minusvalía emitido polo órgano competente e xustifica-lo destino do vehículo conforme ós seguintes requisitos:
- Declaración do titular do vehículo, que deberá se-lo minusválido de que o vehículo utilízase só para uso e transporte exclusivo do minusválido.
Artigo 6.
1. Os suxeitos pasivos que teñan ó seu nome o vehículo no permiso de conducir poderán solicitar unha bonificación do 50% na cota do imposto, cando o vehículo estea catalogado de histórico ou teña unha antigüidade mínima de 25 anos, contados a partir da data de fabricación. Si esta non se coñecera, tomarase como tal a da súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data na que o correspondente tipo ou variante se deixou de fabricar.
2. A bonificación establecida no apartado anterior será de natureza regrada e terá carácter rogado, debendo ser solicitada expresamente polo suxeito pasivo ante a Deputación Provincial de A Coruña acompañando a documentación acreditativa necesaria para determinar o sinalado no apartado anterior.
3. O efecto da concesión da presente bonificación comezará a partir do exercicio seguinte ó da data da súa solicitude, non podendo ter carácter retroactivo.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza entrará en vigor una vez aprobada definitivamente, e publicada o seu texto íntegro no BOP, consonte co previsto no art. 107.1 da LBRL, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. Comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, se a súa publicación definitiva no BOP se produce antes do 1 de xaneiro de dito ano, e senon o día seguinte da su publicación.