Ames - Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica
Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.
De conformidade co previsto no artigo 59, en relación cos seus artigos 92 a 99, do texto refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o imposto sobre vehículos de tracción mecánica, é un tributo directo, de carácter obrigatorio.
Artigo 2.º.-Normativa aplicable.
O imposto sobre vehículos de tracción mecánica, rexerase neste Concello:
a) Polas normas reguladoras deste, contidas no texto refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e polas demais disposicións legais e regulamentos que complementen e desenvolvan a dita lei.
b) Pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 3.º.-Feito impoñible.
1.-O imposto sobre vehículos de tracción mecánica é un imposto directo que grava a titularidade dos vehículos desta natureza, aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexan a súa clase e categoría.
2.-Se considera vehículo apto para a circulación o que fose matriculado nos rexistros públicos correspondentes e mentres non tivera causado baixa nos mesmos. Para os efectos deste imposto tamén se considerarán aptos os vehículos provistos de permisos temporais e matrícula turística.
3. A xestión, liquidación, recaudación, inspección, así como a revisión dos actos dictados en vía de xestión tributaria corresponderá a este Concello cando o enderezo que figure no permiso de circulación do vehículo radique no termo municipal.
Artigo 4.º.-Supostos de non suxeción.
Non estarán suxeitos a este imposto:
a) Non están suxeitos a este imposto os vehículos que, sendo dados de baixa nos rexistros por antigüidade do seu modelo, poden ser autorizados para circular excepcionalmente con ocasión de exhibicións, certames ou carreiras limitadas ós desta natureza.
b) os remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica de carga útil non superior a 750 quilogramos.
Artigo 5.º.-Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos deste impuesto, as persoas físicas ou xurídicas e as Entidades a que se refire eo artículo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a nome das cales conste o vehículo no permiso de circulación.
Artigo 6.º.-Responsables.
Todo o relativo a os responsables deste tributo, determinarase de conformidade a o previsto no texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais; na Lei Xeral Tributaria, artigos 41 a 43; no Regulamento Xeral de Recaudación e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenrolo.
Artigo 7.º.-Exencións.
2. Para poder gozar da exención á que se refire a letra e) do apartado 1 deste artigo os interesados/as deberán instar a súa concesión con anterioridade ao devengo do imposto indicando as características do vehículo, a súa matrícula e a causa do beneficio. Declarada a exención polo Concello se expedirá un documento que acredite a súa concesión, que terá carácter definitivo, para ese vehículo, para as persoas que teñan recoñecida unha discapacidade definitiva, sempre que se manteñan as condicións de non existencia de débeda e o empadroamento no Concello de Ames. Nos demais supostos as solicitudes deberán ser renovadas anualmente, achegando soamente os documentos precisados nos números 1 e 4 dos parágrafos 2.1. e 2.2.
No caso de primeiras solicitudes, novas adquisicións de vehículos, o contribuínte deberá achegar a seguinte documentación:
2.1. Vehículos conducidos por persoas con discapacidade:
1 .-Fotocopia e orixinal, ou fotocopia compulsada, do certificado do grao de discapacidade, expedido polo órgano competente da Administración Autonómica no que conste o grao e a clase de discapacidade padecida.
2.-Fotocopia e orixinal, ou fotocopia compulsada, do permiso de condución (anverso e reverso).
3.-Fotocopia e orixinal, ou fotocopia compulsada, do permiso de circulación a nome do posible beneficiario/a da exención.
4.-Fotocopia e orixinal, ou fotocopia compulsada, da póliza de seguro do vehículo na que figure o condutor/a habitual do mesmo.
5.-Fotocopia DNI.
6.-Fotocopia da ficha técnica do vehículo.
7.-Declaración do uso exclusivo do vehículo para o transporte do beneficiario da exención.
8.-Estar empadroado/a no Concello de Ames no momento do devengo do imposto, o que se comprobará de oficio anualmente para o mantenemento das exencións de carácter definitivo.
2.2. Vehículos destinados ao transporte de discapacitados/as:
1.-Fotocopia e orixinal, ou fotocopia compulsada, do certificado do grao de discapacidade expedido polo órgano competente da Administración Autonómica no que conste, ademais do grao de discapacidade, se ten necesidade de asistencia de terceiras persoas e si ten dificultades graves de mobilidade que Ile impidan a utilización do transporte colectivo.
2.- Fotocopia e orixinal, ou fotocopia compulsada do permiso de circulación a nome do posible beneficiario/a da exención.
3.- Fotocopia DNI do discapacitado/a e do condutor/a habitual do vehículo.
4- Fotocopia e orixinal, ou fotocopia compulsada da póliza de seguro do vehículo
5.- Fotocopia da ficha técnica do vehículo.
6.- Declaración do uso exclusivo do vehículo para o transporte do beneficiario/a da exención.
7.- Estar empadroado/a no Concello de Ames no momento do devengo do imposto, o que se comprobará de oficio anualmente para o mantemento das exencións de carácter definitivo.
As exencións que no seu caso se concedan en calquera dos dous supostos anteriores, non serán aplicables ós suxeitos pasivos beneficiarios/as das mesmas por mais dun vehículo simultaneamente
A concesión das exencións previstas no presente apartado queda supeditada á non existencia de débeda, por calquera concepto, co Concello de Ames.
3. Para poder gozar da exención á que se refire a letra g) do apartado 1 deste artigo os interesados/as deberán achegar a seguinte documentación:
a) fotocopia do DNI do solicitante
b) fotocopia e orixinal ou fotocopia compulsada do permiso de circulación do vehículo
c) fotocopia e orixinal ou fotocopia compulsada da cartilla de inspección agrícola.
Artigo 8.º.-Cota tributaria.
Artigo 9.º.-Bonificacións.
Artigo 10.º.-Período impositivo e devengo.
1.-O período impositivo coincide có ano natural, salvo no caso de primera adquisición dos vehículos. Neste caso o período impositivo comenzará o día no se produzca a devandita adquisición.
2.-O impuesto se devéngase o primeiro día do período impositivo.
3.-O importe da cota do imposto prorratearase por trimestres naturais nos casos de primeira adquisición ou baixa definitiva do vehículo. Tamén procederá o prorrateo da cota nos mesmos termos nos supostos de baixa temporal por substracción ou roubo do vehículo, e isto desde o momento no que se produza dita baixa temporal no Rexistro público correspondente.
Artigo 11.º.-Xestión do imposto.
Artigo 12.º.-Xustificación do imposto.
Disposición adicional única.
As modificacións producidas pola Lei de Presupostos Xerais do Estado o calquera outra norma de rango legal que afecten a calquera elemento do presente imposto, serán de aplicación automática dentro do ámbito desta Ordenanza.