Ames - Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica
Artigo 1º.- Fundamento e natureza.
Artigo 2º- Normativa aplicable.
O imposto sobre vehículos de tracción mecánica, rexerase neste Concello:
a) Polas normas reguladoras deste, contidas no texto refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e polas demais disposicións legais e regulamentos que completen e desenvolvan dita lei.
b) Pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 3º.- Feito impoñible.
1.- O imposto sobre vehículos de tracción mecánica é un imposto directo que grava a titularidade dos vehículos desta natureza, aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexan a súa clase e categoría.
2.- Se considera vehículo apto para a circulación o que fose matriculado nos rexistros públicos correspondentes e mentres non tivera causado baixa nos mesmos. Para os efectos deste imposto tamén se considerarán aptos os vehículos provistos de permisos temporais e matrícula turística.
Artigo 4º Supostos de non suxeición.
Non estarán suxeitos a este imposto:
a) Os vehículos que, sendo dados de baixa nos rexistros por antigüidade do seu modelo, poder ser autorizados para circular excepcionalmente con ocasión de exhibicións, certames ou carreiras limitadas ós desta natureza.
b) Os remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica de carga útil non superior a 750 quilogramos.
Artigo 5º.- Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos deste imposto, as persoas físicas ou xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a nome da cales conste o vehículo no permiso de circulación.
Artigo 6º.- Responsables
Todo relativo a os responsables deste tributo, determinarase de conformidade ao previsto no texto de refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais; na Lei Xeral Tributaria, artigos 41 a 43; no Regulamento Xeral de Recadación e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenrolo.
Artigo 7º.- Exencións.
1. Estarán exentos do imposto:
a) Os vehículos oficiais do Estado, comunidades autónomas e entidades locais adscritos á defensa nacional ou á seguridade cidadá.
b) Os vehículos da representación diplomáticas, oficinas consulares, axentes diplomáticos e funcionarios consulares de carreira acreditados en España, que sexan súbditos dos respectivos países, externamente identificados e a condición de reciprocidade na súa extensión e grao.
Así mesmo, os vehículos dos organismos internacionais con sede ou oficina en España e dos seus funcionarios ou membros con estatuto diplomático.
c) Os vehículos respecto dos cales así se derive do disposto en tratados ou convenios internacionais.
d) As ambulancias e demais vehículos directamente destinados á asistencia sanitaria, ou a o traslado de feridos ou enfermos.
e) Os vehículos para persoas de mobilidade reducida que se refire a letra A do anexo II do Regulamento xeral de vehículos, aprobado polo Real Decreto 2822/1998 do 23 de decembro.
Así mesmo, están exentos os vehículos matriculados a nome de minusválidos para o seu uso exclusivo.
Esta exención aplicarase en tanto se manteñan as devanditas circunstancias, tanto aos vehículos conducidos por persoas con discapacidade como aos destinados ao seu transporte.
As exencións previstas nos dous parágrafos anteriores non resultarán aplicables ós suxeitos pasivos beneficiarios destas por máis dun vehículo simultaneamente.
Para os efectos do disposto neste parágrafo, se consideran persoas con minusvalía quen teña esa condición legal en grao igual ou superior ao 33 por cento.
f) Os autobuses, microbuses e demais vehículos destinados ou adscritos ao servizo de transporte público urbano, sempre que teñan unha capacidade que exceda de nove prazas, incluída a do condutor.
g) Os tractores, remolques, semirremolques e maquinaria provistos da libreta de inspección agrícola.
2. Para poder gozar das exención a que se refiren as letras e) e g) do apartado 1 deste artigo, os interesados deberán instar súa concesión, con anterioridade ao devengo do imposto, indicando as características do vehículo, a súa matrícula e a causa do beneficio. Declarada a exención polo Concello expedirase un documento que acredite a súa concesión, que terá carácter definitivo, para ese vehículo, para as persoas que teñan recoñecida unha discapacidade definitiva, sempre que se manteñan esas condicións de non existencia de débeda e o empadroamento no Concello de Ames, Nos demais supostos as solicitudes deberán ser renovadas anualmente, achegando soamente os documentos precisados nos números 1 e 4 dos parágrafos 2.1 e 2.2
No caso de primeiras solicitudes, novas adquisicións de vehículos, o contribuínte deberá achegar a seguinte documentación:
2.1 Vehículos conducidos por persoas con discapacidade:
1.- Fotocopia e orixinal, ou fotocopia compulsada, do certificado do grao de discapacidade expedido polo órgano competente da Administración autonómica no que conste o grao de discapacidade ou, na súa falta, acreditación da condición de pensionista da Seguridade Social que teña recoñecida unha pensión por incapacidade no grao de total, absoluto ou gran invalidez ou de pensionista de clases pasivas que teña recoñecida unha pensión por xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para ao servizo ou inutilidade.
2.- Fotocopia e orixinal, ou fotocopia compulsada, do permiso de condución (anverso e reverso).
3.- Fotocopia e orixinal ou fotocopia compulsada, do permiso de circulación a nome do posible beneficiario/a da exención.
4.- Fotocopia e orixinal ou fotocopia compulsada da póliza de seguro do vehículo na que figure o suxeito. solicitante como condutor habitual do mesmo e acreditación do pago do último recibo que lle corresponda.
5.- Fotocopia DNI.
6.- Fotocopia da ficha técnica do vehículo.
7.- Declaración do uso exclusivo do vehículo par ao transporte do beneficiario da exención.
8.- Estar empadroado/a no Concello de Ames no momento de devengo do imposto, o que comprobará de oficio anualmente para o mantemento das exencións de carácter definitivo.
2.2 Vehículos destinados ao transporte de discapacitados.
1.- Fotocopia e orixinal ou fotocopia compulsada, do certificado do grao de discapacidade expedido polo órgano competente da Administración autonómica ou , na súa falta, acreditación da condición de pensionista da Seguridade social que teña recoñecida unha pensión por incapacidade no grao de total, absoluto ou gran invalidez ou de pensionista de clases pasivas que teña recoñecida unha pensión por xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. No documento constará, ademais do grao de discapacidade, se ten necesidade de asistencia a terceiras persoas e se ti ten dificultades graves de mobilidade que lle impidan a utilización do transporte colectivo.
2.- Fotocopia e orixinal ou fotocopia compulsa, do permiso de circulación a nome do posible beneficiario/a da exención.
3.-Fotocopia DNI do discapacitado/a e do condutor/a habitual do vehículo.
4.- Fotocopia e orixinal, ou fotocopia compulsada da póliza de seguro do vehículo e acreditación do pago do último recibo que lle corresponda.
5.-Fotocopia da ficha técnica do vehículo.
6.- Declaración do uso exclusivo para o transporte do beneficiario/a da exención.
7.- Estar empadroado/a no Concello de Ames no momento do devengo do imposto, o que se comprobará de oficio anualmente para o mantemento das exencións de carácter definitivo.
As exencións que no seu caso se concedan en calquera dos supostos anteriores, non serán aplicables ós suxeitos pasivos beneficiarios/as das mesmas por máis dun vehículo simultaneamente.
A concesión das exencións previstas no presente apartado queda supeditada á non existencia de débeda, por calquera concepto, co Concello de Ames.
3. Para poder gozar da exención á que se refire a letra g) do apartado 1 deste artigo os interesados/as deberán achegar a seguinte documentación:
a) Fotocopia do DNI do solicitante.
b) Fotocopia e orixinal ou fotocopia compulsada do permiso de circulación do vehículo.
c) Fotocopia e orixinal ou fotocopia compulsada da cartilla de inspección agrícola.
Artigo 8º.- Cota tributaria.
1.- De conformidade co artigo 95.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello fixa o coeficiente de incremento, no Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, sobre as cotas orixinais establecidas no citado artigo 95.1 do mesmo texto legal, nos seguintes termos:
Potencia y clase de vehículo | Tarifa mínima | Coeficiente | Cota a satisfacer |
A) Turismos | |||
- De menos de 8 cabalos fiscais | 12,62 € | 1,3 | 16,41 € |
- De 8 ata 11,99 cabalos fiscais | 34,08 € | 1,3 | 44,30 € |
- De 12 ata 15,99 cabalos fiscais | 71,94 € | 1,3 | 93,52 € |
- De 16 ata 19,99 cabalos fiscais | 89,61 € | 1,3 | 125,45 € |
- De 20 cabalos fiscais en adiante | 112,00 € | 1,3 | 168,00 € |
B) Autobuses | |||
- De menos de 21 prazas | 83,30 € | 1,3 | 108,29 € |
- De 21 a 50 prazas | 118,64 € | 1,4 | 166,10 € |
- De mais de 50 prazas | 148,30 € | 1,5 | 222,45 € |
C) Camións | |||
- De menos de 1000 kg de carga útil | 42,28 € | 1,3 | 54,96 € |
- De 1000 a 2999 kg de carga útil | 83,30 € | 1,3 | 108,29 € |
- De 2999 a 9999 kg de carga útil | 118,64 € | 1,4 | 166,10 € |
-De mais de 9999 kg de carga útil | 148,30 € | 1,5 | 222,45 € |
D)Tractores | |||
- De menos de 16 fiscais | 17,67 € | 1,3 | 22,97 € |
- De 16 a 25 cabalos fiscais | 27,77 € | 1,3 | 36,10 € |
-De mais de 25 cabalos fiscais | 83,30 € | 1,4 | 116,62 € |
E) Remolques e semiremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica: | |||
- De menos de 1000 e mais de 750 kg de carga útil | 17,67 € | 1,3 | 22,97 € |
- De 1000 a 2999 kg de carga útil | 27,77 € | 1,3 | 36,10 € |
- De mais de 2999 kg de carga útil | 83,30 € | 1,4 | 116,62 € |
F) Outros vehículos: | |||
- Ciclomotores | 4,42 € | 1,3 | 5,75 € |
- Motocicletas ata 125 cc | 4,42 € | 1,3 | 5,75 € |
- Motocicletas de mais de 125 cc ata 250cc | 7,57 € | 1,3 | 9,84 € |
- Motocicletas de mais de 250 cc ata 500cc | 15,15 € | 1,3 | 19,70 € |
- Motocicletas de mais de 500 cc ata 1000 | 30,29 € | 1,3 | 39,38 € |
- Motocicletas de mais de 1000 | 60,58 € | 1,3 | 78,75 € |
2.-Para os efectos de facilitar a aplicación das tarifas, deberanse ter en conta a seguinte normativa:
A) en canto a clasificación dos vehículos, o anexo II do Regulamento Xeral de Vehículos, aprobado polo Real Decreto 2822/1988 de 23 de decembro, que recolle nas súas letras ¿A","B""C", as ¿Definicións", ¿Clasificación por criterios de Construción" e ¿Clasificación por criterios de utilización".
B) En canto á determinación da potencia fiscal, mediante as formulas recollidas no anexo V do referido Regulamento Xeral de Vehículos.
C) Os vehículos definidos como mixtos, todoterreo, mixtos adaptables, mixtos todoterreo e furgón mixto adaptable e similares polo literal da clave numérica reflectido na ficha técnica, tributarán como turismo, pola súa potencia fiscal, agás nos seguintes casos:
- Se o vehículo está habilitado para o transporte de máis de nove persoas incluído o condutor, tributará como o autobús.
- Se o vehículo estivese autorizado para transportar máis de 525 quilogramos de carga útil, tributará como camión.
D) Os vehículos denominados autocaravanas serán considerados furgonetas para os efectos de tributación.
E) Os furgóns, agás o mixto adaptable, tributarán como camións.
F) As ambulancias e coches fúnebres tributarán como turismos.
G) Os cuatriciclos lixeiros tributarán como ciclomotores.
H) Os motocarros terán a consideración, aos efectos deste imposto, de motocicletas e, polo tanto, tributarán pola súa cilindrada.
I) Cando se trate de vehículos articulados tributarán simultaneamente e por separado o que leve a potencia de arrastre e os remolques e semirremolques arrastrados.
K) As máquinas autopropulsadas ou automotrices que podan circular polas vías públicas sen ser transportadas ou arrastradas por outros vehículos de tracción mecánica tributarán polas tarifas correspondentes aos tractores, quedando comprendidos, entre estes, os tractocamións e camións de obras e servizos.
L) Nos casos de vehículos nos que apareza de inspección técnica a distinción na determinación da carga entre MMA (masa máxima autorizada) e MTMA (masa máxima tecnicamente admisible) se estará, aos efectos da súa tarificación, aos quilos expresados na MMA, que corresponde á masa máxima para a utilización dun vehículo con carga en circulación polas vías públicas, conforme ao indicado no Regulamento Xeral de Vehículos. Este peso será sempre inferior ou igual ao MTMA.
3.- No caso de que nas Leis de Presupostos do Estado modificarase o cadro de tarifas recollido no artigo 95.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobado polo RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, os indicados coeficientes aplicaranse sobre as novas tarifas fixadas nas referidas Leis de Presupostos Estatais.
Artigo 9º.- Bonificacións.
1.- Os vehículos de clase turismo, gozarán nos termos que se dispoñen, dunha bonificación do 50% na cota do imposto, durante os 3 períodos impositivos seguintes ao da súa matriculación, en función das características dos motores, a clase de combustible que consuma o vehículo e a incidencia da combustión no medio ambiente, sempre que se cumpran as condicións seguintes:
a) Que se trate de vehículos híbridos (motor eléctrico-gasolina, eléctrico diésel ou eléctrico-gas) que estean homologados de fábrica, incorporando dispositivos catalizadores, axeitados á súa clase e modelo, que minimicen as emisións contaminantes. Para a súa estimación tomarase, como referencia a base de datos elaborada polo Instituto de Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) dependente do Ministerio Industria, Turismo e Comercio.
b) Que se trate de vehículos de motor gasolina ou diésel, cuxa marca e modelo se inclúan entre os vehículos de máis eficiencia enerxética, con clasificación por consumo A), nos termos da Directiva Europea 1999/94/CE, do 13 decembro, e do Real Decreto 837/2002, do 2 de agosto, segundo a Guía de Vehículos de Turismo de venda en España, elaborada polo Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, sempre que produzan emisións de CO2 que non superen os 120 gr/km
c) Que se trate de vehículos de motor eléctrico, alimentados por baterías, e/ou emisións nulas, de acordo coa información obtida do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía.
Os interesados deberán presentar a solicitude de bonificación con anterioridade a data do devengo do imposto. En caso contrario, a concesión da bonificación terá efectos desde o período impositivo seguinte o da solicitude. Os interesados deberán aportar a ficha técnica do vehículo que acredite a súa inclusión nalgunha das categorías previstas neste apartado.
2.- Gozarán dunha bonificación do 100% na cota os vehículos históricos, ou aqueles que teñan un antigüidade mínima de vinte e cinco anos contados a partir da data da súa fabricación, tomándose como tal, si esta non se coñecera, a da súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data na que o correspondente tipo ou variante deixouse de fabricar.
Para poder gozar da bonificación, os interesados deberán instar a súa concesión indicando as características do vehículo, a súa matrícula e antigüidade. Para estes efectos deberán acompañar á solicitude de bonificación os documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos para gozar da mesma, ben por medio da copia compulsada da ficha técnica, ou permiso de circulación do vehículo ou o certificado do fabricante ou de Industria respecto da data na que deixou de fabricarse o modelo en cuestión .
No caso dos vehículos históricos acreditarase aportando a catalogación como tal polo órgano competente da Comunidade Autónoma.
O peticionario deberá xustificar, así mesmo, estar ao corrente no pago do imposto mediante a exhibición dos recibos dos catro últimos exercicios ou certificado equivalente.
Os interesados deberán presentar a solicitude antes da data do devengo do imposto. En caso contrario a exención aplicarase desde o exercicio seguinte ao da solicitude. Declarada a bonificación pola Administración tributaria local, expedirase un documento que acredite a súa concesión.
Artigo 10º.- Período impositivo e devengo.
1.- O período impositivo coincide co ano natural, salvo no caso de primeira adquisición dos vehículos. Neste caso o período impositivo comezará o día no que se produza a devandita adquisición.
2.- O imposto devéngase o primeiro día do período impositivo.
3.- O importe da cota do imposto ratearase por trimestres naturais nos casos de primeira adquisición ou baixa definitiva do vehículo. Tamén procederá o rateo da costa nos mesmos termos nos supostos de baixa temporal por subtracción ou roubo do vehículo, e isto desde o momento no que se produza dita baixa temporal no Rexistro público correspondente.
Artigo 11º.- Xestión do imposto.
1.- Nos supostos de adquisición e primeira matriculación dos vehículos ou cando estes se reformen, de xeito que altere a súa clasificación aos efectos do presente Imposto, os suxeitos pasivos ou os seus representantes presentarán ante a administración con competencias na xestión e recadación do imposto, e con carácter previo á súa matriculación na Xefatura Provincial de Tráfico, no prazo de trinta días, que comezará a contar desde a data de adquisición ou reforma, autoliquidación do imposto, para o cal cumprimentarase o impreso no que se fagan constar os elementos tributarios determinantes da cota a ingresar.
Acompañarase:
- Documentación acreditativa da compra ou modificación do vehículo.
- Certificado das Características Técnicas
- DNI o CIF do suxeito pasivo
Simultaneamente á presentación da autoliquidación, o suxeito pasivo ingresara o importe da cota do Imposto resultante desta.
Esta autoliquidación terá a consideración de liquidación provisional, en tanto que pola Administración competente non se comprobe que aquela efectuouse mediante a correcta aplicación das normas reguladoras do Imposto. A oficina xestora, tras verificar que o pago fíxose na contía correcta, deixara constancia da verificación no impreso de declaración.
2. Nos supostos de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para circular, o Imposto xestiónase a partir do padrón anual.
As modificacións do censo fundamentaranse nos datos do Rexistro de Tráfico e nas comunicacións da Xefatura de Tráfico relativas a altas, baixas, transferencias, reformas dos vehículos, sempre que se altere a súa clasificación a efectos deste Imposto, e cambios de enderezo.
O censo do Imposto expoñerase ao público por un prazo de un mes para que os interesados poidan examinalo e, no seu caso, formulalas reclamacións oportunas. A exposición ao público do padrón anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e producirá os efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxeitos pasivos.
O prazo de ingreso das débedas de cobro por recibo notificadas colectivamente determinarase cada ano e anunciarase publicamente no Boletín Oficial de la Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello.
Finalizado o prazo de pago voluntario sen que se a débeda fora satisfeita, iniciarase o período executivo de recadación, o que comportará o devengo do recargo do 20% do importe da débeda non ingresada, así como o dos xuros de demora correspondentes. O devandito recargo será do 5% cando a débeda se ingrese antes de que fora notificada a providencia de constrinximento e do 10% cando se ingrese a totalidade da débeda non ingresada en período voluntario e o propio recargo antes da finalización do prazo previsto no artigo 62.5 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
3. Sen embargo, unha vez abonada a cota do Imposto, se algún contribuínte estimase que ten dereito á devolución poderá solicitala dentro do prazo determinado ó efecto e por algunha das causas previstas na lexislación vixente.
4. En todo caso, a xestión, liquidación, recadación, inspección, así como a revisión dos actos ditados en vía de xestión tributaria corresponderá á Deputación da Coruña, por delegación deste Concello, cando o enderezo que figure no permiso de circulación do vehículo radique no termo municipal.
Artigo 12º.- Xustificación do imposto.
1.- O pago do imposto acreditarase mediante o impreso de autoliquidación ou o recibo, debidamente validado pola Entidade recadadora.
2.- Quen soliciten ante a xefatura Provincial de Tráfico a matriculación ou a certificación de aptitude para circular un vehículo, deberán acreditar previamente o pago do imposto.
3.- Os titulares dos vehículos, cando comuniquen á Xefatura Provincial de Tráfico a reforma dos mesmos, sempre que altere a súa clasificación a efectos deste imposto, así como tamén nos casos de transferencia, de cambio de enderezo que conste no permiso de circulación do vehículo, ou de baixa de ditos vehículos deberán acreditar previamente ante a referida Xefatura Provincial o pago do último recibo presentado ó cobro do imposto, sen prexuízo de que sexa esixible, por vía de xestión e inspección, o pago de todas as débedas por dito concepto, devengadas, liquidadas, presentadas ao cobro e non prescritas. Exceptúase da referida obrigación de acreditamento o suposto das baixas definitivas de vehículos con quince ou mais anos de antigüidade.
4.- As Xefaturas Provinciais de Tráfico non tramitarán os expedientes se non se acredita previamente o pago do imposto, nos termos establecidos nos apartados anteriores.
Disposición Adicional Única
As modificacións producidas pola Lei de Presupostos Xerais do Estado ou calquera outra norma de rango legal que afecten a calquera elemento do presente imposto, serán de aplicación automática dentro do ámbito desta Ordenanza.
Disposición Final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 26/10/2017, entrará en vigor no día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2018, continuando vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.