Culleredo - Ordenanza reguladora da venda ambulante do Concello de Culleredo
Artigo 5.- Competencias municipais.
CAPITULO III. DAS AUTORIZACIÓNS MUNICIPAIS DE VENDA AMBULANTE
Artigo 7.- Características das autorizacións.
1. Para a instalación dun posto de venda ambulante no municipio será preciso a obtención da correspondente autorización municipal, conforme o procedemento que se específica na presente ordenanza.
2. Esta autorización tan só dará dereito a un só posto de venda, e só poderá solicitarse unha por cada I.A.E. regulamentario.
No caso de sociedade mercantis que soliciten un posto no Mercadillo, as autorizacións outorgaranse, en todo caso, a nome da sociedade, que deberá cumprir tódolos requisitos establecidos nesta Ordenanza. Nestes casos, a autorización será limitada a un número máximo de postos, que non poderá exceder nunca de un posto por cada IAE regulamentario.
Artigo 8.- Requisitos para o exercicio da venda ambulante.
(.../...)
2. As solicitudes de autorización deberán formularse no modelo normalizado que se proporcionará nas oficinas municipais, ao que se achegará a seguinte documentación:
* Empresario individual: fotocopia compulsada do DNI, NIF, pasaporte ou documento que o substitúa.
* Persoas xurídicas: fotocopia compulsada do CIF, da escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle fose aplicable. Se non é así, deberá achegar escritura ou acta fundacional, nas que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritas, no seu caso, no correspondente rexistro oficial.
* Poderes: cando o solicitante non actúe en nome propio ou se trate de persoa xurídica, deberá achegarse fotocopia compulsada do poder notarial para representar á persoa ou entidade en nome do que concorre ante a Administración, así como fotocopia do NIF do apoderado.
* Dúas fotografías actuais do solicitante tamaño carné.
* Fotocopia compulsada do último recibo acreditativo do pagamento do imposto de actividades económicas correspondente, con indicación do epígrafe ou epígrafes fiscais correspondentes e clase (municipal, provincial ou nacional), ou declaración de exención, no seu caso.
* Certificación de alta do solicitante no réxime correspondente da Seguridade Social, así como xustificante de estar ao corrente no pagamento das cotizacións á Seguridade Social.
* Fotocopia compulsada do carné de vendedor ambulante en vigor expedido pola Xunta de Galicia.
* Acreditar, se é o caso, a titulación e colexiación oficial, así como a prestación das fianzas e aquelas garantías que sexan esixidas pola lexislación vixente para a venda de determinados produtos ou prestación de determinados servicios. No suposto de non estar obrigado a acreditar os extremos antes expresados, presentarase declaración xurada na que se faga constar este pormenor.
* Certificación administrativa expedida polo órgano competente acreditativa de estar ao día no cumprimento das súas obrigas fiscais.
* Declaración de quen vai ser a persoa que exercerá a venda no posto solicitado. No suposto que ésta sexa un traballador dependente do solicitante, éste presentará fotocopia compulsada do documento que acredite a alta daquel na Seguridade Social.
* Declaración expresa na que o peticionario manifeste coñecer as normas ás que debe axustarse a súa actividade e o compromiso de observalas.
* Fotocopia compulsada do carné de manipulador de alimentos en vigor, no seu caso, se se van vender produtos alimenticios.
* Copia compulsada de póliza contratada en vigor sobre seguro de responsabilidade civil que cubra os riscos que poidesen derivarse do exercicio da actividade.
* Permisos de residencia e traballo, segundo a normativa específica vixente, no caso de que o solicitante sexa estranxeiro pertencente a país non comunitario, ou tarxeta de residencia, no caso de que proceda de país comunitario.
Toda esta documentación deberá presentarse tan só a primeira vez que se solicite a autorización, pero non no caso de renovación automática dela, agás a seguinte, que terá que ser presentada todos os anos antes do 30 de xaneiro, no caso do Mercadillo o prazo remata o 30 de decembro:
a. Certificación de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
b. En caso de venda e produtos alimenticios, cumprir os requisitos que establezan as regulacións sanitarias específicas, sobre todo, no tocante ao transporte e á exposición de produtos.
c. Fotocopia compulsada do Rexistro de Comerciantes Ambulantes.
d. Fotocopia compulsada do último recibo pagado do I.A.E., ou declaración de exención do mesmo.
e. Certificado do correcto funcionamento das máquinas e instalacións.
En calquera caso, O Concello poderá solicitar calquera outra documentación que considere oportuna, dentro da normativa aplicable e para a comprobación dos requisitos esixidos para o normal exercicio da venda ambulante.
Artigo 11.- Rexistro municipal de vendedores ambulantes.
Creárase o Rexistro municipal de vendedores ambulantes, que será xestionado polos servicios municipais de promoción económica e a inscripción no mesmo será consecuencia inmediata da autorización municipal correspondente para o exercicio da actividade.
Artigo 13.- Obrigas dos vendedores.
O titular da autorización para a realización da venda ambulante deberá cumplir os seguintes requisitos:
a) Estar dado de alta e ao corrente no pago do Imposto de Actividades Económicas ou declaración de exención, no seu caso.
b) Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social e ao corrente no pago das cotizacións no mesmo.
c) A venda de productos perecederos axustarase, en todo momento, ás condicións e as esixencias hixiénico-sanitarias establecidas pola normativa vixente, poidendo ser retirada a mercadoría, de acordo co establecido coa dita normativa, sen dereito a indemnización no caso de infracción a tal normativa.
d) Estar en posesión da autorización municipal correspondente.
e) Acreditar estar inscrito no Rexistro de Comerciantes Ambulantes de Galicia e dispoñer do correspondente documento acreditativo.
f) Acreditar que o posto desmontable ou transportable e o camión ou vehículo-tenda no que se exerza a venda ambulante cumpre coa normativa específica de seguridade e de hixiene en cada intre vixente.
g) No caso de estranxeiros, acreditar o cumprimento da normativa específica vixente.
h) Cumprir as condicións e requisitos esixidos pola normativa reguladora dos productos que sexan obxecto de venda.
i) Os vendedores deberán estar en posesión de facturas o albaráns que acrediten a procedencia da mercancía e deberán presentalas ante o requerimento das autoridades competentes.
A ausencias destas ou a negativa a presentalas, poderá dar lugar á calificación de "mercadoría non identificada", procedéndose a súa retención ata que se produza a identificación da súa procedencia, concedéndose, a tal efecto, un prazo máximo de quince días. Finalizado dito plazo, daráselle o destino que se estime pertinente.
j) Manter as instalacións, postos e demais elementos de venda, etc., nas debidas condicións de seguridade, hixiene, conservación e limpeza. Deberán ao remate da xornada comercial, deixar limpos de refugallos os espazos ocupados.
Artigo 16.- Réxime de funcionamento.
1.- Teñen a consideración de mercadillos fixos os que se celebran de forma periódica ao longo de todo o ano, na ubicación, días e lugares prefixados polo Concello.
a) O mercadillo fixo: ubícase na rúa Vicente Risco e na Avda. de Rutis.
O mercadillo celebrarase o segundo domingo de cada mes.
b) O Concello reservase a facultade de modificar o emprazamento, así como o día e hora de celebración, se xurdisen necesidades xerais debidamente xustificadas.
c) A Administración resérvase a potestade de acordar, se xurdisen circunstancias de orde público ou interese xeral que así o aconsellen, a suspensión da celebración destes "mercadillos" e "feiróns", polo tempo que resulte necesario para atender a prioridade surdida, sen dereito a indemnización algunha.
d) En ningún caso poderán establecerse novos "mercadillos" sen a autorización previa do Pleno do Concello.
f) Os mercadillos terán o seguinte horario:
De instalación: de 08:30 a 09:30 horas.
De funcionamento: de 09:30 a 15:00 horas.
De recollida: de 15:00 a 17:00 horas.
Artigo 26.- Extinción.
1. A ausencia non xustificada durante dous días consecutivos ou tres alternos dentro do mesmo semestre será motivo de perda da autorización.
(.../...)"
Esta modificación entrará en vigor unha vez transcorrido o prazo ao que se refire o art. 70.2 en relación co art. 65.2 da Lei 7/85, reguladora das Bases do Réxime Local, e contra a mesma poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación.