Culleredo - Ordenanza reguladora da venda ambulante do Concello de Culleredo
CAPÍTULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1.- Obxecto
A presente ordenanza ten por obxecto a regulación do exercicio da venda ambulante no termo municipal do Concello de Culleredo.
Artigo 2.- Réxime xurídico
1.- A presente ordenanza dítase en exercicio das competencias que se atribúen ao municipio pola Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e a Lei 13/2010, do 17 de decembro, do Comercio Interior de Galicia.
2.- Será de aplicación a esta materia, ademais do contido neste Regulamento, a seguinte normativa:
- Lei 1/2010, do 1 de marzo, de reforma da Lei 7/1996, do 15 de xaneiro, de Ordenación do Comercio minorista.
- R. D. 199/2010, de 26 de febreiro, polo que se regula o exercicio da venda ambulante ou non sedentaria.
- Lei 13/2010 ,do 17 de decembro, do Comercio Interior de Galicia.
- Lei 1/1996, do 5 de marzo, de regulación das actividades feirais de Galicia.
- Decreto 125/2014 de 4 de setembro polo que se regula en Galicia a venda directa dos productos primarios desde as explotacións a persoa consumidora final.
Artigo 3.- Concepto.
1.- Considerarase venda ambulante, para os efectos da presente ordenanza, a realizada por comerciantes, persoas físicas ou xurídicas, fóra dun establecemento comercial permanente, que desenvolvan a actividade de forma habitual, periódica ou ocasional, nos lugares debidamente autorizados, en instalacións desmontables, ou transportables incluídos os camións-tenda.
2.- A venda ambulante poderá ser exercida por toda persoa física ou xurídica, legalmente constituídas que se adiquen profesionalmente á actividade de comercio polo miúdo e reúna os requisitos establecidos na presente ordenanza e na normativa que lle sexa de aplicación.
Artigo 4.- Modalidades de venda.
A venda ambulante realizarase baixo as seguintes modalidades:
A) A venda ambulante en mercados periódicos, situados nos lugares determinados polo Concello, cunha periodicidade habitual establecida ou esporádica. Atendendo aos productos obxecto de venda poden ser xenéricos ou sectoriais.
B) A venda ambulante en postos instalados nas vías públicas autorizadas para un número de postos, situacións e períodos determinados. Esta venda pode ser autorizada con carácter excepcional.
c) A venda ambulante en mercados ocasionais que teñan lugar con motivo de feiras, festas, ou acontecementos populares.
D) A venda en camión ou vehículo-tenda: terá lugar nas zonas que o concello indique.
Artigo 5.- Suxeitos da venda.
A venda ambulante pode ser realizada por toda persoa física ou xurídica adicada profesionalmente á actividade de comercio polo miúdo, que reúna os requisitos establecidos na presente ordenanza reguladora e demais normativa de aplicación. A venda de produtos agrícolas de tempada poden realizala persoas físicas, aínda no caso de que non se adiquen profesionalmente á actividade de comercio polo miúdo, sempre que reúnan os demais requisitos que para este tipo de actividade se establecen nesta ordenanza e estean de dados/as de alta na AEAT e na Seguridade Social.
Artigo 6.- Produtos obxecto da venda.
1.- Dependendo da modalidade de venda ambulante e tipo de mercado, poderá autorizarse a venda de artigos textil, de artesanía, bisutería, marroquinería, calzado, confección,droguería, artigos de coiro ou pel, de ornato de pequeno volume, froitas, verduras, plantas, produtos de confeitería, froitos secos, produtos envasados, produtos alimenticios, así como calquera outros produtos nos que a súa venda en réxime de ambulancia estea autorizada pola normativa estatal ou autonómica.
2.- Atendendo ás características concorrentes nos diferentes mercados e modalidades de venda ambulante, ao equipamento comercial da zona onde esta actividade se desenvolve, á demanda de consumo da poboación ou calquera outra circunstancia que así o xustifique, o Concello poderá limitar os produtos de venda autorizados ou o número de vendedores adicados á mesma especialidade comercial.
3.- Os titulares de autorización de venda ambulante non poderán vender produtos diferentes aos expresamente autorizados. Calquera modificación ao respecto requirirá aprobación municipal.
4.- En ningún caso poderán ser obxecto de venda ambulante os bens ou productos cuxa normartiva o prohiba e aqueles outros que, en razón a súa presentación ou por outros motivos, non cumpran a normativa técnico-sanitaria e de seguridade.
Artigo 7.- Mercados periódicos
1.- Os mercados periódicos de Culleredo celebraranse en dúas ubicacións diferentes e datas diferentes:
- O segundo domingo de cada mes nas rúas Vicente Risco, Avenida de Rutis e Avenida de Ribados.
- O cuarto xoves de cada mes, preferentemente na explanada multiusos do Burgo.
2.- O Alcalde resérvase a facultade, mediante decreto de alcaldía, de modificar o emprazamento, así como o día ou hora de celebración, se xurdisen necesidades xerais debidamente xustificadas.
Así mesmo, o Alcalde poderá acordar, se xurdisen circunstancias de orde púbico ou interese xeral que así o aconsellen, a suspensión da celebración destes mercados polo tempo que resulte necesario para atender as prioridades xurdidas sen dereito a indenmización algunha.
3.- O mercado de Culleredo terá os seguintes horarios:
- de instalación: de 8.00-10.00 horas
- de funcionamento: de 10.00- 14.30 horas
- de recollida: de 14.30- 17.00 horas
4.- Instalación:
· Os postos de instalacións desmontables terán unhas dimensións máximas de 10 metros lineais.
· Os postos terán incluido o voo unha superficie máxima de 3 metros de ancho pola cantidade de metros de largo que cada vendedor solicitase e lle fose adxudicado polo concello.
· Todo mercado terá unha dotación de infraestructuras e equipamentos que garanta o cumprimento das normas sobre sanidade e hixiene respecto do medio urbano e veciñal onde se instala o que, polo menos, cumprirá as seguintes esixencias:
1. O mercado deberá instalarse sobre superficie pavimentada.
2. Dentro da superficie do mercado exisitirán depósitos destinados á recollida dos refugallos ocasionados pola actividade comercial.
3. Os postos serán desmontables e os vendedores de artigos de alimentación estarán obrigados a dispoñer de instalacións de exposición, venda e almacenamento situados a unha distancia do chan non inferior a 60 cm e ademais, estarán dotadas de paneis protectores que eviten o deterioro ambiental e o contacto directo das mercadorías co público.
4. As persoas autorizadas, ao final de cada xornada comercial, deberán deixar limpos de refugallos os respectivos espazos. Para este fin, deberán depositar o lixo nos depósitos colocados para tal efecto, desfacendo as caixas grandes para aproveitar axeitadamente a capacidade dos depósitos.
5. Os lugares de ubicación dos postos de venda serán obxecto de sinalización no correspondente plano e a venda só poderá efectuarse no lugar asinado.
6. Para supostos ou eventos excepcionais por solución da Alcaldía poderán habilitarse espazos distintos dos sinalados.
7. Os postos desmontables non poderán situarse en accesos a edificios de uso público, establecementos comerciais, nin en lugares que dificulten o acceso á circulación peonil.
Artigo 8.- Mercados ocasionais e camións tenda
Fixarase mediante resolución de Alcaldía ou concelleiro en quen delegue os días de celebración de mercados ocasionais, así como o lugar ou lugares de celebración e horarios dos mesmos.
A venda en vehículos tenda poderá realizarse en días laborais entre as 10.00 e as 20.00 horas, e será autorizada mediante resolución de Alcaldía ou concelleiro en quen delegue.
Artigo 9.- Réxime económico
O Concello de Cullerdo fixará as taxas correspondentes, mediante ordenanza fiscal, que se teñan que satisfacer para os aproveitamentos especiais que o uso da vía pública supoña nas diferentes modalidades de venda ambulante.
Artigo 10.- Requisitos para exercer a actividade
Para o exercicio da venda ambulante as persoas deberan cumprir os seguintes requisitos:
1.- Ser persoa física ou xurídica, e exercer a actividade de venda ambulante.
2.- Estar dada de alta no correspondente epígrafe do IAE, e ao corrente nas taxas municipais.
3.- Estar dada de alta no réxime correspondente da Seguridade Social.
4.- Ter contratada unha póliza de seguro de responsabilidade civil que cubra os riscos que puideran derivarse do exercicio da actividade.
5. - Cumprir todos os requisitos que establezan as regulamentacións específicas aplicables aos produtos obxecto da venda.
6. - Gozar do oportuno permiso de residencia e permiso traballo, en caso de non posuír nacionalidade española, conforme á normativa vixente na materia.
7. - Estar en posesión da correspondente autorización municipal para este tipo de venta.
8. - Estar en posesión, de ser o caso, do documento acreditativo de teren recibido formación en materia de manipulación de alimentos.
9. - Os/as vendedores/as ambulantes deberán cumprir no exercicio da súa actividade, a obriga de coñecer e cumprir a normativa xeral de ordenación do comercio, disciplina de mercado e protección do consumidor, e cumprir as condicións e requisitos esixidos pola normativa reguladora dos produtos que sexan obxecto da venda.
10. - As instalacións e maquinaria que se empreguen para os postos de venda terán que ser desmontables, transportables ou realizarse en camións ou vehículos tenda, e reunir, en todos os casos, as debidas condicións de seguridade, salubridade, limpeza e presentación. O Concello poderá ordenar a retirada das instalacións ou maquinaria que non reúnan as devanditas características.
Artigo 11.- Solicitude de autorización
A autorización para o exercicio da actividade deberá ser solicitada polo interesado ou representante debidamente autorizado, en impreso normalizado que será facilitado polo concello, e no que se fará constar:
1. Nome e apelidos ou denominación social, enderezo a efectos de notificación, número do D.N.I. ou N.I.F; para estranxeiros número de identificación do NIE en vigor.
2. Mercado no que se pretende exercer a actividade.
3. Mercadoría que se pretende sexa obxecto da venda co seu epígrafe correspondente.
4. Dimensións do espazo que se pretende ocupar e que tipo de instalación pretende introducir no recinto do mercado.
5. Modalidade de venda ambulante.
6. Determinación das persoas habilitadas.
7. O impreso estará firmado polo solicitante.
Xunto coa solicitude, acompañarase a seguinte documentación:
1. Copia do DNI. No caso de que o solicitante sexa estranxeiro deberá acompañar fotocopia do NIE en vigor.
2. No caso de solicitantes estranxeiros copia do permiso de traballo e permiso de residencia. Se o solicitante e dun país comunitario copia da tarxeta de residencia.
3. Dúas fotografías tamaño carné.
4. Copia de alta no IAE que corresponda a actividade para a que se solicita autorización.
5. Copia da alta e do último recibo da seguridade social. Se é empregado copia do último TC2. Os/as socios/as das cooperativas de traballo social de venda ambulante desde o ano 2010 están encadrados no Réxime Especial de Traballadores Autónomos obrigatoriamente.
6. Copia da póliza de responsabilidade civil, subscrita e en vigor polo período que se solicita a autorización de venda ambulante no Concello de Culleredo.
7. Se a autorización afecta á venda de produtos alimentarios, deberá achegar fotocopia do documento acreditativo de ter recibido formacion en materia de manipulación de alimentos.
8. Pago de taxas municipais polo exercicio de venda no dominio público municipal, correspondente ó exercicio polo que se solicita a autorización
9. Documentación recollida nos puntos 1, 2 e 3 das persoas autorizadas.
Ademáis do anteriormente sinalado o solicitante deberá presentar declaración responsable de:
1. Reunir as condicións esixidas pola normativa reguladora do produto ou produtos obxecto da venda ambulante ou non sedentaria.
2. Coñecer a normativa sectorial aplicable na Comunidade Autónoma de Galicia e no Concello de Culleredo.
3. Que se compromete a manter o seu cumprimento na prazo de vixencia da autorización.
Artigo 12. - Sobre as autorizacións de venda ambulante
1- O exercicio da actividade de venda ambulante dentro do Concello de Culleredo, en calquera das súas modalidades, requerirá da previa obtención da correspondente autorización municipal.
2.- O número total de autorizacións será fixado polo Concello en función dos espazos idóneos dispoñibles. No caso de haber máis solicitantes que espazos dispoñibles, a adxudicación farase por orde de entrada da solicitude, e tendo en consideración un equilibrio por sectores comerciais.
3. - As autorizacións serán transferibles a outras persoas físicas o u xurídicas que reúnan os requisitos establecidos nesta ordenanza para o seu outorgamento e logo da comunicación escrita á autoridade municipal competente. A transmisión dunha autorización non afectará ao seu prazo de vixencia, que se manterá polo tempo que reste ata a finalización do seu prazo de duración.
3.- Unha autorización municipal non poderá ser obxecto de subarrendo a terceiros.
4. - Esta autorización, no caso de cooperativas de traballo asociado de venda ambulante estará a nome de cada soio/a por estar encadrados os socios no Réxime Especial de Traballadores Autónomos obrigatoriamente. No caso de sociedades mercantís que soliciten un posto no mercado, as autorizacións outorgaranse en todo caso, a nome da sociedade, que deberá cumprir tódolos requisitos establecidos nesta Ordenanza. Nestes casos, a autorización será limitada a un máximo de postos, que non poderán exceder nunca dun posto por cada IAE regulamentario.
5.- As autorizacións serán persoais, sen prexuízo de que baixo unha mesma titularidade poidan operar máis dunha persoa física. Neste suposto deberá existir unha relación contractual ou societaria entre o titular e a persoa física que leve a caboa a actividade comercial.
6.- O outorgamento das autorizacións será comeptencia do Alcalde, ou no seu caso, concelleiro delegado. A dita autorización poderá ser revogada por incumprimento dos requisitos exisidos na presente Ordenanza e das normas aplicables ao respecto, sen que isto de dereito aos seus titulares a indemnización ou compensación algunha.
7.- As autorizacións poderán suspenderse temporalmente por mor de obras na vía pública ou nos servizos, tráfico, imposibilidade sobrevida da súa celebración ou outras causas de interese público. Esta suspensión non xenerará dereito a indemnización por danos e prexuízos aos titulares dos postos afectados.
Artigo 13.- Renovación da autorización
1.- Con carácter xeral o prazo de solicitudes de autorización municipal será durante todo o ano. Unha vez recibida a solicitude o prazo de resolución será de tres meses a partir da entrada da solicitude no rexistro do Concello de Culleredo. Se no prazo indicado non se dita resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude por silencio administrativo, de acordo co disposto na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
2.- As autorizacións para mercados periódicos poderán prorrogarse por períodos idénticos ata un máximo de cinco anos. O prazo de renovación será o comprendido entre o 1 e o 30 de novembro de cada ano.
Os titulares das autorizacións deberán solicitar a renovación de forma expresa anualmente ata completar a duración máxima establecida. En todo caso, deberán acreditar, estar de alta na Seguridade social, ter subscrito o seguro de responsabilidade civil e aboar as taxas municipais correspondentes. Aqueles titulares que non soliciten a renovación perderán o seu dereito ao exercicio da actividade.
Artigo 14.- Contido da autorización
1.- O Concello expedirá aos titulares de autorizacións unha tarxeta identificativa en documento normalizado que será exhibido polo seu titular durante o exercicio da actividade, de xeito que resulte perfectamente visible.
Na identificación constarán, alomenos, os seguintes datos:
- Identificación do titular, co nome completo, número do DNI e fotografía.
- Enderezo para a recepción de posibles reclamacións.
- Número de autorización.
- Prazo de vixencia.
- Dimensións do posto.
- Produtos autorizados para a venda.
- Nome completo e número do DNI do suplente, no seu caso.
2.- No caso das cooperativas de traballo expedirase unha tarxeta por cada socio/a, xa que a titularidade do posto é do/a traballador/a autónomo/a, nunca da cooperativa.
Artigo 15.- Transmisión autorización
A autorización será transmisible logo da comunicación á administración competente, previo pago das taxas correspondentes e presentación da declaración reponsable do novo titular que cumpre os requisitos recollidos na ordenanza. O Concello comunicará ao interesado a transmisión da autorización cos prazos que restan para a súa extinción.
No caso de falecemento ou renuncia expresa do/a titular, poderá autorizarse o cambio de titularidade a favor do cónxuxe ou parella de feito, descendentes ou ascendentes de primeiro grao do titular. De haber máis dun parente do mesmo grao, terá preferencia o que acredite a continuidade da actividade e, en situación de igualdade, a persoa de máis idade.
No caso de enfermidade do titular ou outra causa suficientemente acreditada que lle impida o exercicio da actividade, a Administración, a petición do/a titular, poderá autorizar o exercicio da venda ambulante ao cónxuxe ou parella de feito, descendentes ou ascendentes de primeiro grao do titular que estean designados na autorización. De non existiren substitutos/as terá dereito a reserva polo prazo da enfermidade, sempre que non supere o prazo de invalidez de Seguridade Social.
As administracións públicas poderán comprobar e inspeccionar, en todo momento, os feitos, actividades, transmisións e demais circunstancias da autorización concedida, e notificarlle, no seu caso, aos órganos autonómicos de defensa da competencia os feitos dos que teñan coñecemento no exercicio das súas funcións que poidan constituir infracción á lexislación de defensa da competencia.
Artigo 16.- Extinción das autorizacións
1. Sen prexuízo do disposto noutros preceptos desta ordenanza, a autorización extinguirase, previa audiencia coa persoa interesada e resolución da alcaldía ou concelleiro/a no que delegue:
A) Transcorrido o prazo polo que se outorgaron, sen solicitar a renovación ou sen pagar as taxas municipais correspondentes, dentro do prazo establecido para tal efecto.
B) Renuncia expresa por escrito da persoa titular.
C) Causas de interese público sobrevidas antes do remate do prazo polo que se outorgou a autorización, tales como a execución de obras ou reestruturación dos emprazamentos nos que se sitúe o mercado, ou por incompatibilidade sobrevida da instalación con outros servizos e obras que se estean executando na zona.
D) Subarrendo ou venda do posto a un terceiro.
E) Morte do titular.
F) Perda dalgún dos requisitos establecidos no seu outorgamento.
G) Non asistir a catro mercados seguidos ou seis alternos, ao longo dun ano, salvo causa xustificada que deberá por en coñecemento do Concello. Neste caso, a extinción quedará a criterio do órgano que outorgou a autorización.
H) Falta de pago das sancións municipais impostas polo Concello, xulgado ou calquera órgano da Administración con competencias en materia relativa a comercio interior.
I) Cometer algunha das infraccións contidas nesta ordenanza, tipificadas como infracción grave ou moi grave, ou reincidir na infracción.
2- Salvo nos supostos de extinción polo transcurso do prazo, que operará automaticamente, os expedientes de extinción poderán iniciarse de oficio ou a instancia de parte. A súa resolución correspóndelle á Alcaldía Presidencia ou ao/á concelleiro/a no que delegue. Todo expediente de extinción será sometido a trámite de audiencia.
3- As autorizacións quedarán sen efecto e poderán ser revogadas cando se incumpran as condicións coas que foron outorgadas.
Artigo 17.- Obrigas das persoas autorizadas
1.- O carné de venda ambulante é o documento que autoriza o exercicio da venda no Concello de Culleredo. A cada titular seralle concedido un só posto de venda, e esta concesión implicará para as persoas titulares as obrigas que seguen:
- Ter visible a autorización formalizada por parte Concello.
- Respectar os horarios de mercado nos que estea autorizado.
- Acudir ao mercado con asiduidade mantendo o posto con actividade, comunicándolle ao Concello a súa ausencia temporal debidamente xustificada.
- O posto manterá as debidas condicións de hixiene e presentación sanitarias.
- Cumprir as condicións impostas na autorización relativas ao posto e aos produtos obxecto da autorización.
- Manter o decoro e as boas formas coa clientela e cos/coas axentes da autoridade encargados do control e vixilancia do mercado.
- Depositar os residuos xerados pola actividade nos colectores habilitados polo Concello ao remate da actividade.
CAPÍTULO III.- INSPECCIÓN E RÉXIME SANCIONADOR
Artigo 18.- Infraccións
Constitúen infraccións á presente ordenanza as seguintes condutas, que se clasificarán en leves, graves e moi graves.
1.-Serán faltas leves:
a) A non retirada do posto dentro do horario establecido.
b) Non expoñer en lugar visible a tarxeta de autorización.
c) Non comunicar ao Concello os cambios de domicilio do titular da autorización.
d) A ocupación do dominio público con módulos ou vehículos cando non estean expresamente autorizados.
e) Empregar megáfonos ou altofalantes sen autorización.
f) Non respectar os horarios establecidos polo Concello para o mercado
g) Aumentar a superficie dos posto mási alá dos límites autorizados.
h) Non gardar a distancia establecida entre postos.
2.- Serán faltas graves:
a) A reiteración de dúas faltas leves no ano.
b) A falta de ornato e limpeza das instalacións e da súa zona circundante.
c) Non reunir algún dos requisitos para o exercicio da venda ambulante.
d) O desacato ou desobediencia ás disposicións, mandatos ou ordes do Concello por medio de calquera dos seus membros, axentes ou funcionarios competentes nesta materia.
e) As modificacións na estrutura das instalacións ou postos sen autorización ou incumprindo as normas ditadas polo Concello ó respecto.
f) As defraudacións na cantidade e calidade dos xéneros vendidos.
g) Instalar o posto fóra do lugar sinalado.
h) A venda de artigos distintos ós autorizados.
i) Non estar en posesión do carné de manipulador de alimentos cando a actividade que desenvolva así o requira.
3.- Serán faltas moi graves:
a) O exercicio da actividade por persoa diferente da autorizada ou do seu suplente.
b) A instalación dos postos sen autorización ou a realización de venda en tránsito a pé sen dispor da autorización municipal.
c) A venda de produtos en estado tal que poidan causar dano para a saúde.
d) A venda de produtos que vulneren as leis de propiedade intelectual.
e) O incumprimento das disposicións sanitarias aplicables ás instalacións ou produtos que se vendan.
f) A reiteración de dúas faltas graves dentro do ano.
Artigo 19- Sancións
1.- Aplicaranse as sancións por infraccións segundo o regulado no artigo 110 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia:
- as infraccións leves sancionaranse con apercibimento ou multa de ata 1.500 euros.
- as infraccións graves, co multa de 1.501 ata 50.000 euros.
- as infraccións moi graves, co multa de 50.001 ata 1.000.000 euros.
2.- Correspóndelle á Alcaldía ou ao/a concelleiro/a no que delegue, a imposición de multas e demais sancións, agás as moi graves, que serán competencia da Xunta de Goberno do Concello de Culleredo.
3. Todo vendedor sancionado economicamente non poderá exercer a venda en tanto non aboe a contía da sanción.
Artigo 20.- Medidas cautelares.
En todos os casos de suposta infracción establecidos nos artigos anteriores poderase, ao tempo de apreciarse a súa comisión, reter cautelarmente a autorización de venda ambulante, en tanto se tramite o expediente correspondente e se resolva definitivamente a sanción a aplicar. A retención cautelar significará a prohibición de exercer a actividade comercial, e o tempo de retención cautelar será reducido do que, se é o caso, se fixe na sanción.
Artigo 21.- Reincidencia.
Producirase reincidencia cando no transcurso dun ano o suxeito cometa máis dunha infracción da mesma natureza, e feitos sancionados en resolución administrativa firme. A eincidencia así apreciada poderá dar lugar, ademais da sanción económica, a retirada definitiva da autorización de venda ambulante no territorio municipal.
Disposicións
Disposición adicional
Quedan excluídos do ámbito desta ordenanza a regulación dos postos autorizados na vía pública de carácter fixo e estable, nos que se desenvolvan actividades comerciais de forma habitual e permanente mediante a oportuna concesión administrativa (quioscos de prensa e similares), que se rexerán polas súas normativas específicas.
Disposición transitoria
Os comerciantes ambulantes que veñen exercendo este tipo de venda no momento de entrada en vigor desta norma, e que reúnan os requisitos nela establecidos, conservarán o sitio no que se viñan instalando.
Disposición derogatoria
As autorizacións en vigor na data de aplicación desta ordenanza conservarán a súa vixencia, quedando sometidas ao control do cumprimento das exisencias establecidas na normativa estatal e autonómica.
Disposición final
A entrada en vigor desta ordenanza será tras a súa publicación definitiva no BOP Da Coruña e unha vez transcorrido o prazo establecido no art. 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
El requerimiento deberá
ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en
el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del
acuerdo.
Ó no ter coñecemento da
fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia
Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo
de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.