Vedra - Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica
Artigo 1.º . Fundamento e natureza
De conformidade co previsto no artigo 59, en relación cos seus artigos 92 a 99, do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o imposto sobre vehículos de tracción mecánica, é un tributo directo, de carácter obrigatorio.
Artigo 2º . Normativa aplicable
O imposto sobre vehículos de tracción mecánica, rexerase neste Concello:
a) Polas normas reguladoras deste, contidas no Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e polas demais disposicións legais e regulamentos que complementen e desenvolvan a dita lei.
b) Pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 3º . Feito imponible
1.- O imposto sobre vehículos de tracción mecánica é un imposto directo que grava a titularidade dos vehículos desta natureza, aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexan a súa clase e categoría.
2.-Se considera vehículo apto para a circulación o que fose matriculado nos rexistros públicos correspondentes e mentres non tivera causado baixa nos mesmos. Para os efectos deste imposto tamén se considerarán aptos os vehículos provistos de permisos temporais e matrícula turística.
3. A xestión, liquidación, recaudación, inspección, así como a revisión dos actos dictados en vía de xestión tributaria corresponderá a este Concello cando o enderezo que figure no permiso de circulación do vehículo radique no termo municipal.
Artículo 4º .- Supostos de non suxeción
Non estarán suxeitos a este imposto:
a) Non están suxeitos a este imposto os vehículos que, sendo dados de baixa nos rexistros por antigüidade do seu modelo, poden ser autorizados para circular excepcionalmente con ocasión de exhibicións, certames ou carreiras limitadas ós desta natureza.
b) os remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica de carga útil non superior a 750 quilogramos.
Artículo 5º .-Suxeitos pasivos
Son suxeitos pasivos deste impuesto, as persoas físicas ou xurídicas e as Entidades a que se refire eo artículo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a nome das cales conste o vehículo no permiso de circulación.
Artículo 6º .-Responsables
Todo o relativo a os responsables deste tributo, determinarase de conformidade a o previsto no Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais; na Lei Xeral Tributaria, artigos 41 a 43; no Regulamento Xeral de Recaudación e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenrolo.
Artículo 7º .-Exencións
1. Estarán exentos do imposto:
a) Os vehículos oficiais do Estado, comunidades autónomas e entidades locais adscritos á defensa nacional ou á seguridade cidadá.
b) Os vehículos de representación diplomáticas, oficinas consulares, axentes diplomáticos e funcionarios consulares de carreira acreditados en España, que sexan súbditos dos respectivos países, externamente identificados e a condición de reciprocidade na súa extensión e grao.
Así mesmo, os vehículos dos organismos internacionais con sede ou oficina en España e dos seus funcionarios ou membros con estatuto diplomático.
c) Os vehículos respecto dos cales así se derive do disposto en tratados ou convenios internacionais.
d) As ambulancias e demais vehículos directamente destinados á asistencia sanitaria, ou ó traslado de feridos ou enfermos.
e) Os vehículos para persoas de mobilidade reducida que se refire a letra A do anexo II do Regulamento xeral de vehículos, aprobado polo Real decreto 2822/1998, do 23 de decembro.
Así mesmo, están exentos os vehículos matriculados a nome de minusválidos para o seu uso exclusivo. Esta exención aplicarase en tanto se manteñan as devanditas circunstancias, tanto aos vehículos conducidos por persoas con discapacidade como aos destinados ao seu transporte.
As exencións previstas nos dous parágrafos anteriores non resultarán aplicables ós suxeitos pasivos beneficiarios destas por máis dun vehículo simultáneamente.
Para os efectos do disposto neste parágrafo, se consideran persoas con minusvalía quen teña esa condición legal en grao igual ou superior ó 33 por cento.
f) Os autobuses, microbuses e demais vehículos destinados ou adscritos ó servicio de transporte público urbano, sempre que teñan unha capacidade que exceda de nove prazas, incluída a do conductor.
g) Os tractores, remolques, semirremolques e maquinaria provistos da libreta de inspección agrícola.
2. Para poder gozar das exención a que se refiren as letras e) e g) do apartado 1 deste artigo, os interesados deberán instar súa concesión, con anterioridade ao devengo do imposto, indicando as características do vehículo, a súa matricula, a causa do beneficio e acreditar mediante a presentación da documentación na que consten a realidade do alegado. A notificación na que se resolva a concesión da exención servirá de documento acreditativo da súa existencia. Esta solicitude deberá renovarse cada ano, presentando os documentos necesarios. En caso de presentar a solicitude con posterioridade ao devengo do imposto, a concesión da exención terá efectos desde o período impositivo seguinte ao da solicitude.
Xunto coa petición de exención regulada no parágrafo e) do apartado 1 deste artigo os interesados deberán adxunta -la seguinte documentación:
Vehículos conducidos por persoas con discapacidade:
1.-Fotocopia do certificado do grao de minusvalía expedido pola Consellería de Asuntos Sociais no que conste o grao e a clase de discapacidade padecida.
2.-Fotocopia do permiso de conducción (anverso e reverso). Exhibición do orixinal no momento da presentación.
3.-Fotocopia do permiso de circulación a nome do minusválido. Exhibición do orixinal no momento da presentación.
4.-Fotocopia da póliza de seguro do vehículo no que figure o conductor habitual do mesmo. Exhibición do orixinal no momento da presentación.
5.-Fotocopia DNI.
6.-Fotocopia da ficha técnica do vehículo.
7.-Declaración do uso exclusivo do vehículo para o transporte do beneficiario da exención.
8.-Estar empadroado no Concello de Vedra.
Queda condicionada esta concesión, á liquidación de débedas pendentes do Concello por tódolos conceptos.
Vehículos destinados ó transporte de minusválidos:
1.-Fotocopia do certificado do grao de minusvalía expedido pola Consellería de Asuntos Sociais no que conste ademais do grao de minusvalía, si o minusválido ten necesidade de asistencia de terceiras persoas e si ten dificultades graves de mobilidade que lle impidan a utilización do transporte colectivo.
2.-Fotocopia do permiso de circulación a nome do minusválido. Exhibición do orixinal no momento da presentación.
3.-Fotocopia da póliza de seguro do vehículo. Exhibición do orixinal no momento da presentación.
4.-Fotocopia DNI do minusválido e do conductor habitual do vehículo.
6.-Fotocopia da ficha técnica do vehículo.
7.-Declaración do uso exclusivo do vehículo para o transporte do beneficiario da exención.
8.-Estar empadroado no Concello de Vedra.
Queda condicionada esta concesión, á liquidación de débedas pendentes do Concello por tódolos conceptos, así como ó oportuno informe, en caso necesario da policía local.
As exencións que no seu caso se concedan en calquera dos dous supostos anteriores, non serán aplicables ós suxeitos pasivos beneficiarios das mesmas por mais dun vehículo simultaneamente.
Artigo 8º .-Cota tributaria
1.- O imposto esixirase de acordo co cadro de tarifas establecido no artigo 95.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que se incrementará, dentro dos límites permitidos polo artigo 95.4 da referida Lei, pola aplicación sobre o mesmo dun coeficiente do 1,10 polo que as cotas a satisfacer serán as seguintes :
A) Turismos:
De menos de 8 cabalos fiscais: 13,88 euros.
De 8 ata 11.99 cabalos fiscais: 37,49 euros.
De 12 ata 15.99 cabalos fiscais: 79,14 euros.
De 16 ata 19.99 cabalos fiscais: 98,57 euros.
De 20 cabalos fiscais en adiante: 123,20 euros.
B) Autobuses:
De menos de 21 prazas: 91,63 euros.
De 21 a 50 prazas: 130,50 euros.
De máis de 50 prazas: 163,13 euros.
C) Camións:
De menos de 1.000 kg de carga útil: 46,51 euros.
De 1.000 a 2.999 kg de carga útil: 91,63 euros.
De máis de 2.999 a 9.999 kg de carga útil: 130,50 euros.
De máis de 9.999 kg de carga útil: 163,13 euros.
D) Tractores:
De menos de 16 cabalos fiscais: 19,44 euros.
De 16 a 25 cabalos fiscais: 30, 54 euros.
De máis de 25 cabalos fiscais: 91,63 euros.
E) Remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica:
De menos de 1.000 kg e máis de 750 kg de carga útil: 19,44 euros.
De 1.000 a 2.999 kg de carga útil: 30,54 euros.
De máis de 2.999 kg de carga útil: 91,63 euros.
F) Outros vehículos:
Ciclomotores: 4,86 euros.
Motocicletas ata 125 cc.: 4,86 euros.
Motocicletas de máis de 125 cc ata 250 cc.: 8,33 euros.
Motocicletas de máis de 250 cc ata 500 cc.: 16,66 euros.
Motocicletas de máis de 500 cc ata 1.000 cc.: 33,32 euros.
Motocicletas de máis de 1.000 cc.: 66,64 euros.
2.-Para os efectos de facilita-la aplicación das tarifas, deberanse ter en conta a seguinte normativa:
A) en canto a clasificación dos vehículos, o Anexo II do Regulamento Xeral de Vehículos, aprobado polo Real Decreto 2822/1998, de 23 de decembro, que recolle nas suas letras "A", "B" e "C", as "Definicións", "Clasificación por criterios de Construcción" e "Clasificación por criterios de utilización"
B) En canto a determinación da potencia fiscal, mediante as formulas recollidas no Anexo V do referido Reglamento Xeral De Vehículos.
3.- No caso de que nas Leis de Presupostos do Estado modificarase o cadro de tarifas recollido no artigo 95.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o indicado coeficiente de 1,2 aplicarase sobre as novas tarifas fixadas nas referidas Leis de Presupostos estatais.
Artículo 9º .-Bonificacións
1.-Terán unha bonificación do 50% na cota do imposto os vehículos eléctricos, de biodiesel ou movidos por hidróxeno, durante cinco anos naturais contados desde a data de primeira matriculación do vehículo.
Os interesados deberán presentar a solicitude de bonificación con anterioridade a data do devengo do Imposto. En caso contrario, a concesión da bonificación terá efectos desde o período impositivo seguinte ao da solicitude.
Os interesados deberán aportar a ficha técnica do vehículo que acredite a súa inclusión nalgunha das categorías previstas neste apartado.
2.-Gozarán dunha bonificación do 100% na cota os vehículos históricos, ou aqueles que teñan unha antigüidade mínima de vintecinco anos contados a partir da data da súa fabricación, tomándose como tal, si esta non se coñecera, a da súa primeira matriculación o, no seu defecto, a data na que o correspondente tipo o variante deixouse de fabricar.
Para poder gozar da bonificación, os interesados deberán instar a súa concesión indicando as características do vehículo, a súa matrícula e a antigüidade. Para estes efectos deberán acompañar á solicitude de bonificación os documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos para gozar da mesma, ben por medio de copia compulsada da ficha técnica, o permiso de circulación do vehículo ou o certificado do fabricante ou de Industria respecto da data na que deixou de fabricarse o modelo en cuestión. No caso de vehículos históricos acreditaráse aportando a catalogación como tal polo órgano competente da comunidade Autónoma.
O peticionario deberá xustificar, asimesmo, estar ao corrente no pago do imposto mediante a exhibición dos recibos dos catro últimos exercicios ou certificado equivalente.
Os interesados deberán presentar a solicitude antes da data do devengo do imposto. En caso contrario a exención aplicarase desde o exercicio seguinte ao da solicitude. Declarada a bonificación pola Administración tributaria local, expediráse un documento que acredite a sua concesión.
Artigo 10º .-Período impositivo e devengo
1.- O período impositivo coincide có ano natural, salvo no caso de primera adquisición dos vehículos. Neste caso o período impositivo comenzará o día no se produzca a devandita adquisición.
2.- O impuesto se devéngase o primeiro día do período impositivo.
3.- O importe da cota do imposto prorratearase por trimestres naturais nos casos de primeira adquisición ou baixa definitiva do vehículo. Tamén procederá o prorrateo da cota nos mesmos termos nos supostos de baixa temporal por substracción ou roubo do vehículo, i elo desde o momento no que se produza dita baixa temporal no Rexistro público correspondente.
Artigo 11º .- Xestión do imposto
1.- Nos supostos de adquisición e primera matriculación dos vehículos o cando estes se reformen, de xeito que altere a súa clasificación aos efectos do presente Imposto, os suxeitos pasivos ou os seus representantes presentarán ante a Administración municipal e con carácter previo a súa matriculación na Xefatura Provincial de Tráfico, no prazo de trinta días, que comezará a contar desde a data de adquisición ou reforma, autoliquidación do imposto, para o cal cumplimentarase o modelo-impreso aprobado por este Concello facendo contar los elementos tributarios determinantes da cota a ingresar.
Acompañarase:
- Documentación acreditativa da compra ou modificación do vehículo.
- Certificado das Características Técnicas
- DNI o CIF do suxeito pasivo.
Simultáneamente á presentación da autoliquidación, o suxeito pasivo ingresara o importe da cota do Imposto resultante da miesma.
Esta autoliquidación terá a consideración de liquidación provisional, en tanto que pola Administración municipal non se comprobe que a mesma efectouse mediante a correcta aplicación das normas reguladoras do Imposto. A oficina xestora , tras verificar que o pago fíxose na cuantía correcta, deixara constancia da verificación no impreso de declaración.
2. Nos supostos de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para circular, o Imposto xestiónase a partir do Padrón anual do mesmo.
As modificacións do padrón fundamentaranse nos datos do Rexistro de Tráfico e nas Comunicacións da Xefatura de Tráfico relativas a altas, baixas, transferencias, reformas dos vehículos, sempre que se altere a súa clasificación a efectos deste Imposto, e cambios de enderezo.
O padrón do Imposto expoñerase ao público por un prazo dun mes para que os interesados poidan examinalo e, no seu caso, formulalas reclamacións oportunas. A exposición ao público do Padrón anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e producirá os efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxeitos pasivos.
O prazo de ingreso das débedas de cobro por recibo notificadas colectivamente determinarase cada ano e anunciarase publicamente no Boletín Oficial de la Provincia e no tablón de anuncios do Concello.
Finalizado o prazo de pago voluntario sen que la débeda fora satisfeita, iniciarse o período executivo de recadación, o que comportará o devengo do recargo do 20% do importe da débeda non ingresada, así como o dos xuros de demora correspondentes. O devandito recargo será do 5% cuando a débeda se ingrese antes de que fora notificada a providencia de constrinximento e do 10% cando se ingrese a totalidade da débeda non ingresada en periodo voluntario e o propio recargo antes da finalización do prazo previsto no artigo 62.5 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
3. Sen embargo, unha vez abonada a cota do Imposto, se algún contribuínte estimase que ten dereito á devolución poderá solicitala dentro do prazo determinado ao efecto e por algunha das causas previstas na Lexislación vixente.
Artigo 12º . Xustificación do Imposto
1.- O pago do imposto acreditarase mediante o impreso de autoliquidación ou o recibo, debidamente validado pola Entidade recaddadora.
2.- Quenes soliciten ante a xefatura Provincial de Tráfico a matriculación ou a certificación de aptitude para circular un vehículo, deberán acreditar previamente o pago do imposto.
3.- Os titulares dos vehículos, cando comuniquen á Xefatura Provincial de Tráfico a reforma dos mesmos, sempre que altere a súa clasificación a efectos deste imposto, así como tamén nos casos de transferencia, de cambio de enderezo que conste no permiso de circulación do vehículo, o de baixa de ditos vehículos, deberán acreditar previamente ante a referida Xefatura Provincial o pago do último recibo presentado ao cobro do imposto, sen prexuizo de que sexa esixible, por vía de xestión e inspección, o pago de tódalas débedas por dito concepto, devengadas, liquidadas, presentadas ao cobro e non prescritas. Exceptúase da referida obrigación de acreditación o suposto das baixas definitivas de vehículos con quince ou mais anos de antigüedade.
4.- As Xefaturas Provinciais de Tráfico non tramitarán os expedientes se non se acredita previamente o pago do imposto, nos termos establecidos nos apartados anteriores.
Disposición adicional única
As modificacións producidas pola Lei de Presupostos Xerais do Estado o calquera outra norma de rango legal que afecten a calquera elemento do presente imposto, serán de aplicación automática dentro do ámbito desta Ordenanza.
Disposición Final
A presente ordenanza fiscal comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, mantendo a súa vixencia ata a súa modificación ou derogación expresa.