Muros - Ordenanza reguladora do Prezo Público pola utilización das instalacións da piscina municipal de Muros
Artigo 1º.- Obxecto do prezo público.
É obxecto deste prezo público a utilización das instalacións da piscina climatizada municipal así como a prestación de servizos nela.
Artigo 2º.- Obrigados ao pago.
Están obrigados ao pago do prezo público aquelas personas que utilicen e se beneficien dos servizos, instalacións e actividades que se presten na piscina municipal.
Artigo 3º.- Tarifas.
1. Establécense as seguintes tarifas:
MATRÍCULA: 25,00 euros.
ABONOS INSTALACION PISCINA MUNICIPAL:
· Familiar 33,00 €/mes
· Individual 25,00 €/mes
· Maiores de 65 anos 18,50 €/mes
· Matinal 17,00 €/mes
· Menores 18 anos 18,50 €/mes
· Diversidade funcional 18,50 €/mes (minusvalía superior ao 33%)
· Reducción de tarifa: 8,00 €/mes. Os usuarios abonados que durante un tempo non superior a dous meses prevean que non van facer uso das instalacións, poderán solicitar esta reducción. Transcorrido ese período máximo e de non comunicarse a baixa definitiva, volverase a aplicar a tarifa normal da correspondente modalidade de abono.
CURSOS DE AUGA:
· ABONADOS, matrícula gratuíta
Cursos de 1 sesión/ semana 5,50 €/mes
Cursos de 2 sesións/ semana 11,00 €/mes
Cursos de 3 sesións/ semana 16,50 €/mes
· NON ABONADOS: Matrícula 12,50 €
Cursos de 1 sesión/ semana 11,00 €/mes
Cursos de 2 sesións/ semana 22,00 €/mes
Cursos de 3 sesións/ semana 33,00 €/mes
ENTRADA LIBRE:
· Menores de 18 anos, maiores de 65 anos, diversidade funcional 2,50 €
· Maiores de 18 anos e menores de 65 anos 3,50 €
BONOS:
· 10 sesións
Menores de 18 anos, maiores de 65 anos, diversidade funcional 22,00€
Maiores de 18 anos e menores de 65 anos 30,00€
Estes bonos terán unha caducidade de seis meses
· 1 mes: pagan abono correspondente + 50% da matrícula.
Artigo 4º.- Normas de xestión.
As tarifas aplicaranse de acordo coas seguintes normas e co establecido no correspondente regulamento de réxime interno da piscina municipal:
1. Modalidades de acceso ás instalacións:
a) ABONADOS: coa condición de abonado, pódese ter acceso ás piscinas climatizadas, cursos en seco, sala de musculación - zona cardiovascular (co apoio do monitor de sala e á realización de táboas personalizadas de exercicio) e a todos os espazos de uso libre, sen ningunha restrición de tempo nin espazo.
b) ALUMNOS DE CURSOS: as persoas inscritas nalgún curso, sexa de sala ou sexa de piscina, unicamente poden facer uso das instalacións durante o tempo que dure a clase. Os cursos son de carácter mensual, renovables ata que o desexe o usuario, sempre que se cumpra cos prazos de notificación de baixa.
c) ENTRADAS LIBRES: entradas puntuais na instalación pagando o custo no momento do acceso á instalación. Os beneficiarios desta modalidade poden usar todas as zonas de uso libre (piscina, sala de musculación e zona cardiovascular, -esta última sen o apoio do monitor ou monitora da sala-) con restricción de uso en función da ocupación.
d) COLECTIVOS E GRUPOS ORGANIZADOS: o acceso efectuarase mediante a modalidade de alugueiro total ou parcial da instalación, pervia autorización polo Concello.
2. Pagamento das tarifas.
Todas as persoas que desexen inscribirse como abonados ou nalgún curso ou actividade deberán presentar a folla de inscrición debidamente cumplimentada e demáis documentación esixida no regulamento. É necesario achegar os datos bancarios para a domiciliación do recibo, antes do día 15 do mes no que se formalice a matrícula. No caso dos menores de idade, a folla de inscrición será asinada polo pai, nai ou titor/a.
No caso dos cursos, o alumno quedará inscrito tras satisfacer a cota correspondente e cumprir con todos os trámites de inscrición recollidos no correspondente regulamento. As inscricións non producirán efecto mentres non se cumpra con todos os requirimentos establecidos.
A matrícula, o abono do primeiro mes e o curso escollido, pagaranse nas contas habilitadas polo Concello para tales efectos no momento de formalizar a inscrición. Os demais pagamentos faranse por domiciliación bancaria, de acordo cos datos facilitados na folla de inscrición, de forma anticipada e a partir do día 25 do mes anterior.
Para darse de baixa no abono ou no curso será necesario comunicalo por escrito a través dos formularios dispoñibles para dito trámite, antes do día 25 do mes anterior ao que se produza a baixa. Os abonados dados de baixa que no futuro queiran reincorporarse á instalación deberán realizar novamente todos os trámites de alta.
Artigo 5º.- Entrada en vigor.
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e transcorridos quince días dende a recepción do acordo pola Administración estatal e autonómica, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.