Muros - Ordenanza reguladora do Prezo Público pola utilización das instalacións da piscina municipal de Muros
Artigo 1º.- Obxecto do prezo público.
É obxecto deste prezo público a utilización das instalacións da piscina climatizada municipal así como a prestación de servizos nela.
Artigo 2º.- Obrigados ao pago.
Están obrigados ao pago do prezo público aquelas personas que utilicen e se beneficien dos servizos, instalacións e actividades que se presten na piscina municipal.
Artigo 3º.- Tarifas.
1. Establécense as seguintes tarifas:
- MATRÍCULA: 25,00 euros.
- ABONOS INSTALACION PISCINA MUNICIPAL:
· Familiar | 33,00 euros/mes |
· Individual | 25,00 euros/mes |
· Maiores de 65 anos | 18,50 euros/mes |
· Matinal | 17,00 euros/mes |
· Menores 18 anos | 18,50 euros/mes |
· Diversidade funcional | 18,50 euros/mes (minusvalía superior ao 33%) |
· Reducción de tarifa: 8,00 €/mes. Os usuarios abonados que durante un tempo non superior a dous meses prevexan que non van facer uso das instalacións, poderán solicitar esta reducción. Transcorrido ese período máximo e de non comunicarse a baixa definitiva, volverase a aplicar a tarifa normal da correspondente modalidade de abono.
- CURSOS DE AUGA:
· ABONADOS, matrícula gratuíta.
Cursos de 1 sesión/ semana | 5,50 euros/mes |
Cursos de 2 sesións/ semana | 11,00 euros/mes |
Cursos de 3 sesións/ semana | 16,50 euros/mes |
· NON ABONADOS: Matrícula¿¿. 12,50 €.
Cursos de 1 sesión/ semana | 11,00 euros/mes |
Cursos de 2 sesións/ semana | 22,00 euros/mes |
Cursos de 3 sesións/ semana | 330 euros/mes |
- ENTRADA LIBRE:
· Menores de 18 anos, maiores de 65 anos, diversidade funcional: 2,50 euros.
· Maiores de 18 anos e menores de 65 anos: 3,50 euros.
- BONOS:
· 10 sesións
Menores de 18 anos, maiores de 65 anos, diversidade funcional: 22,00 euros.
Maiores de 18 anos e menores de 65 anos: 30,00 euros.
Estes bonos terán unha caducidade de seis meses.
· 1 mes: pagan abono correspondente + 50% da matrícula.
- REPOSICIÓN DO CARNÉ DE ABONADO: 3,00 euros.
Artigo 4º.- Normas de xestión.
As tarifas aplicaranse de acordo coas seguintes normas e co establecido no correspondente regulamento de réxime interno da piscina municipal:
1. Modalidades de acceso ás instalacións:
a) ABONADOS: coa condición de abonado, pódese ter acceso ás piscinas climatizadas, cursos en seco, sala de musculación - zona cardiovascular (co apoio do monitor de sala e á realización de táboas personalizadas de exercicio) e a todos os espazos de uso libre, sen ningunha restrición de tempo nin espazo.
No abono familiar estarán incluídos os pais, nais, titores ou gardadores de feito e os fillos, persoas tuteladas ou descendentes a cargo dos anteriores de ata 25 anos, que convivan con eles e carezan de rendas.
Coa solicitude do abono familiar achegarase declaración responsable relativa ao cumprimento dos requisitos para a súa aplicación.
b) ALUMNOS DE CURSOS: as persoas inscritas nalgún curso, sexa de sala ou sexa de piscina, unicamente poden facer uso das instalacións durante o tempo que dure a clase. Os cursos son de carácter mensual, renovables ata que o desexe o usuario, sempre que se cumpra cos prazos de notificación de baixa.
c) ENTRADAS LIBRES: entradas puntuais na instalación pagando o custo no momento do acceso á instalación. Os beneficiarios desta modalidade poden usar todas as zonas de uso libre (piscina, sala de musculación e zona cardiovascular, -esta última sen o apoio do monitor ou monitora da sala-) con restricción de uso en función da ocupación.
d) COLECTIVOS E GRUPOS ORGANIZADOS: o acceso efectuarase mediante a modalidade de alugueiro total ou parcial da instalación, previa autorización polo Concello.
Artigo 5º.- Entrada en vigor.
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e transcorridos quince días dende a recepción do acordo pola Administración estatal e autonómica, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.