Corcubión - Ordenanza da Taxa nº 14 que grava a utilización, ocupación ou aproveitamento especial do dominio público local con terrazas, mesas, cadeiras, tribunas, estrados e outros elementos análogos.
Artigo 1.- Fundamento e Natureza.
A presente Ordenanza, en uso das facultades outorgadas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e ditada o amparo do artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de Abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e dos artigos 15 a 19 sobre imposición e ordenación dos tributos locais, e mais concretamente os artigos 20 a 27 sobre as taxas, do Real Decreto 2/2004, de 5 de Marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, establece unha taxa que grava a utilización, ocupación ou aproveitamento especial do dominio público local con terrazas, mesas, cadeiras, tribunas, estrados e outros elementos análogos.
Artigo 2.- Feito Impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local, con motivo da instalación de terrazas e estruturas auxiliares en xeral de establecementos dedicados a hostalería na vía pública, como terrazas, mesas, cadeiras, tribunas, estrados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa.
Artigo 3.- Suxeitos pasivos.
Serán suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades as que se refire o artigo 35.4, da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, beneficiarias da utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local que constitúe o feito impoñible.
Artigo 4.- Responsables.
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria.
Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades, síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.- Beneficios Fiscais.
Non se recoñecen máis beneficios fiscais que aqueles recoñecidos en virtude de lei ou dos tratados internacionais.
Artigo 6.- Tarifas
1.- A base impoñible determinase con carácter fixo para todo o casco urbano aplicando o criterio de valoración: valor do terreo en función do uso, custe da edificación do establecemento beneficiario, custes necesarios para o reemprazamento, depreciación física por antigüidade e depreciación funcional. No caso da tempada de verán a base impoñible será a mesma ponderada por un coeficiente que se determina no cadro de tarifas e que responde a que nesta tempada aumenta a valoración pola utilización de dominio público.
Polo tanto a base impoñible queda fixada para todo o casco urbano en 413,42 €/m2.
2.- A contía da taxa determinase pola aplicación das seguintes tarifas:
- Tarifa 1: A cota determinase aplicando o tipo de gravamen anual do 11% sobre o importe das base impoñible, resultando 3,79€/m2 por mes. Esta tarifa é de aplicación para os meses de Xaneiro a Maio, así como Outubro a Decembro.
- Tarifa 2: A cota determinase aplicándolle á tarifa 1, un coeficiente de ponderación do 1,5 %, resultando 5,68 €/m2 por mes. Esta tarifa é de aplicación para os meses de Xuño a Setembro.
As fraccións de m2 deberanse tomar como metro cadrado completo.
Artigo 7.- Devengo
Devengase a taxa e nace a correspondente obriga de contribuír, no momento de iniciarse a utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público, obtivérase ou non para elo a correspondente autorización administrativa. O devengo e a esixencia desta taxa é independente e compatible polo tanto con calquera outra taxa por ocupación de vía pública.
Artigo 8.- Xestión.
1.- Os titulares dos negocios deberán presentar solicitude de autorización de ocupación do dominio público, no Rexistro Xeral do Concello na que se indique o enderezo do local de negocio, suxeito pasivo da taxa, declaración estar en posesión de licencia de apertura ou copia da mesma, o tipo de ocupación a levar a cabo, os metros cadrados que se pretenden ocupar e os meses para os que se solicita a ocupación.
Posteriormente o Policía Local levantará informe sobre a superficie a ocupar, determinando as medidas necesarias para garantir o tráfico rodado e de viandantes, e dará traslado da mesma os servicios económicos que procederán a practicar a liquidación correspondente o período solicitado, na mesma Resolución na que se autoriza a ocupación solicitada.
Esta autorización deberá ser renovada en cada exercicio económico cos mesmos trámites que os mencionados nos parágrafos anteriores.
2.- As contías resultantes serán aplicadas integramente as ocupacións solicitadas ou realizadas, sen prexuízo de que de acordo ca normativa vixente, se incoe o oportuno expediente sancionador polos aproveitamentos que excedan das correspondentes autorizacións.
3.- Nos casos de ocupación de vía pública sen licencia, ou excedendo da superficie autorizada para a utilización privativa ou aproveitamento especial, de non cesar de forma inmediata esta ocupación tras ser requirido o obrigado, a Administración poderá retirar os obxectos ou desmontar as instalacións por execución subsidiaria a costa do infractor, de acordo co previsto no artigo 98 da Lei 30/1992, de 26 de Novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. O importe dos gastos, danos e prexuízos ocasionados, será independente da taxa e da sanción que devenga en virtude do expediente sancionador.
4.- A autorización expedida polo Concello deberá estar en lugar visible e haberá de exhibirse a Inspección Municipal cantas veces lle fora requirida.
Artigo 9.- Protección contra a contaminación acústica.
O pago da taxa que permite a ocupación de terreos de uso público local obriga ao estrito cumprimento da Ordenanza tipo sobre a protección contra a contaminación acústica, decreto 320/2002 publicado no DOG do 28 de Novembro de 2002, que o Concello de Corcubión adopta como ordenanza de referencia.
Artigo 10.- Infracción e sancións tributarias.
Para a cualificación das infraccións tributarias e as sancións que correspondan ás mesmas estarase o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, Xeral Tributaria.
Disposición Final.
A presente Ordenanza entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e manterá a súa vixencia en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente.
Disposición Derogatoria.
Queda derogada a Ordenanza Fiscal nº 14 para a Taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras con finalidade lucrativa é a publicada no BOP nº 299, de 31 de Decembro de 1998, a que sustitue a presente Ordenanza Fiscal.
Contra o presente Acordo, conforme o artigo 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de Marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, poderase interpoñer polos interesados recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte o da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.